Posts Tagged ‘sempre xonxa’

Filmes sobre a emigración en Flocos.tv

Martes, Novembro 9th, 2010

Flocos.tv é un espazo creado en 2008 para acoller e permitir a visión de todo tipo de produccións audiovisuais galegas, tanto recentes como clásicas, profesionais ou experimentais e amateurs. Na actualidade conta con 360 peliculas, que se poden ver de xeito totalmente gratuíto, entre elas unha ducia de filmes relacionados coa emigración. Por exemplo as obras mestras Sempre Xonxa, Urxa ou Emigrante. Esta última peza, non demasiado coñecida, é unha singular e pouco coñecida curtametraxe cinematográfica gravada nas terras de Caldelas en 1979, producida e editada por Olegario Sotelo Blanco, quen conta co protagonismo do cantautor Ovidi Montllor interpretando a un mozo ourensán que ten que emigrar a Europa.

O pai de Migueliño (1977)
Emigrante (1979)
Cantigas de emigración (1980)
Mamasunción (1984)
Urxa (1989)
Sempre Xonxa (1989)
Cubalibre (1995)
Isolina do Caurel (1997)
Ignotus (2000)
Balor (a little Galician accent but good) (2008)