Posts Tagged ‘catalunya’

Galicia en Catalunya

Martes, Novembro 16th, 2010

En dúas semanas Catalunya celebrará eleccións ao seu Parlamento. A Catalunya de hoxendía non se podería entender sen a presenza e a fonda pegada deixada polos galegos, que emigraron nos anos cincuenta, sesenta e setenta en cifras de ducias de milleiros e que aínda hoxe seguen desprazándose ao país mediterráneo na procura de traballo ou formación. Calcúlase que hoxendía ao redor de cen mil galegos residen en Catalunya, onde se manteñen activos (e de xeito moi intenso) 18 ‘centros galegos’.

En Catalunya, ademais, os galegos e fillos de galegos sempre se distinguiron polo seu dinamismo e activismo. Así, hoxe podemos constatar a frutífera labor que realizan a Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña, a Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya, o Espazo Radiofónico Galego de Catalunya ou o Espai Gallec, que reúne os galegos e fillos de galegos máis novos e máis activos politicamente.

O Espai Gallec aposta por “unha cultura do espazo colectivo, de acción e creación, que permita a promoción da cidadanía consciente do valor do sentimento de comunidade”; defende tamén a democracia participativa organizada mediante un modelo asembleario, aberto e horizontal, avoga así mesmo por unha transformación do modelo socioeconómico vixente. na súa actividade procura mesturarse con colectivos sociais de todos os países cataláns, defendendo e fomentando o uso da lingua catalá. O colectivo naceu como unha alternativa á actividade dos centros galegos tradicionais, que non enchían as expectativas dos máis novos e activos politicamente. Así, o Espai promove “a visibilización da identidade galega, entendida en termos creativos e dinamizadores, non esencialistas, fomentando a lingua e a cultura galegas nas súas distintas manifestacións”

La Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya (Fegalcat) esta formada por 18 centros repartidos a lo largo del territorio Catalán. Trátase dun organismo independente, cuxo órgano de goberno e xunta directiva está formada polos presidentes das asociacións e centros culturais que existen ao longo da xeografía catalá. A súa función principal é defender os dereitos e intereses das asociacións que a compoñen, ademáis de organizar eventos e actividades que permitan amosar aos ciudadáns cataláns a cultura e folclore galego. Velaquí os 18 centros adheridos á federación:

Agarimos
Airiños
Alborada
C.G. Barcelona
Rosalia de Castro
Cova da Serpe
Irmandade Galega
A Nosa Galiza
C.G. Nós
Saudade
Toxos e Xestas
C.G. Tarragona
O Noso Lar
Casa Galega
C.G. Lleida
Amigos de San Froilán

Pola súa banda, a Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGACA) vén de cumprir vinte anos de actividade, sempre co obxectivo de axuntar todos os empresarios galegos afincados en Catalunya, aos que despois se unirían os residentes en Andorra, para servir como plataforma de expansión dos seus negocios e promover e apoiar a creación de novas actividades empresariais.

Finalmente, os Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGAC) constitúen unha asociación sen ánimo de lucro que traballa no eido da comunicación local de proximidade para lograr a visibilidade de Galicia e da súa cultura no espazo comunicativo catalán. Os membros de ERGaC son na súa maioría xente nova, e entre eles hai tanto galegos coma cataláns. A través dos seis programas radiofónicos que integra, ERGaC pretende darlle á comunidade galega de Catalunya unha canle de comunicación coa súa terra, ao tempo que ofrece a calquera persoa unha porta aberta á realidade dunha das culturas integradas na sociedade catalá. Aos programas radiofónicos, sumouse máis tarde o voceiro A Micro Pechado, unha publicación en galego de actualidade e cultura que se edita mensualmente en Barcelona, sendo a única desta periodicidade editada na Galicia exterior. Nos seus 17 anos de historia ten realizado moitos programas distintos en varias emisoras de todo o país catalán, coma A Nosa Terra, en Radio Florida (Hospitalet) conducido por Paquita Álvarez; Galicia máis cerca, en Radio Gramanet, a cargo de Moncha Prieto; Sempre en Galicia en Radio Cornellà, dirixido por Ramón López; Galicia connosco de Ona Sants, Escoita Galicia de Radio Llagosta ou Con Agarimo en Radio Llefiá.