No blogue Ribadeando
Quedaron onte en pasarme unha foto da concentración no IES Porta da Auga realizada polos profesores como manifestación contra os recortes que estamos a vivir na educación pública. Non ma pasaron aínda, e esta entrada irá sen foto.Así, senilustración, ven sendo como unha imaxe a ínfima escala do que está a pasar na educación pública: sen visibilidade máis que por algún número en frío, as perdas comparativas e absolutas de cartos adicados inciden na ratio profesor/alumno, pero tamén pouco a pouco no desenvolvemento dos centros, mentras está habendo un trasvase de fondos -públicos- para o ensino privado, pois non é o mesmo a ausencia de medios a nivel xeral que a distribución deses medios que se está a facer.Pero queda así, como dixen, sen ilustración, e polo momento, sen defensa. Pensando en que a visita non xa dalguén da Consellería en Santiago, senón mesmo do coordinador provincial (neste caso, coordinadora) a algún centro pode arrincar unha foto máis grande e máis espazo nos xornais que as concentracións realizadas nunha grande maioría dos centros.O que si (...)