Pinta ben o 2008

Patxi de Mérida sentiu estes días unha chamada. Como nos clásicos de espionaxe, a prensa transmitíulle unha sinal, esta vez de optimismo. As patacas, a ONU, o Obradoiro de basket, un ser chamado Cacheliño e algún que outro elemento máis xuntábanse a modo de visión, ou máis ben previsión onírica para o 2008. Animámosvos a seguir o seu chamamento sobre as sinais galegas para o vindeiro ano. Que deus nos colla confesados.


Non son amigo de adiantar o nadal. Hoxe vin un veciño con luceciñas no balcón e recordoume que non por moito madrugar�

Sen embargo no mesmo día recibín dúas sinais inequívocas de que o 2008 pode ser bo para Galicia. Extraio as dúas da prensa:

�Naciones Unidas declara 2008 como año internacional de la patata�
�El Tribunal Supremo obliga a readmitir al Obradoiro en la ACB�

Por un lado temos o recoñecemento a un alimento que, coa súa ausencia puxo a Irlanda de xeonllos, e que, igual que os galegos atopamos en América un lar ideal onde crecer, expandirnos e, ás veces, mellorar, a patata (exemplo de integración agro cultural) atopou en Xinzo a súa particular Babilonia onde ser libre. Os expertos proclaman que duplicarase o seu consumo nos próximos anos. Xa era hora de que a ONU fixera algo por nós. O que vai fardar o personal. O das subvencións e axudas é un tema que trataran en outra reunión, pero de ben seguro que a Xunta enchera escolas con eses catarfes que os deseña o mesmo tipo dende que eu tiña cinco anos, estou seguro. O medo é o slogan que colleran os nosos representantes para promocionala (non está descartada a idea de �Cacheliño� como mascota).

Por outro lado o feito de que o Obradoiro volva a esa ACB que tan ben se lle chegou dar os equipos galegos (ese Coren Ourense deu grandes tardes de gloria). A historia, para quen teña preguiza de ler a ligazón é a seguinte: o Obradoiro impugnara un partido contra o Juver Murcia na fase de ascenso á ACB por alineación indebida (curiosamente un arxentino que non tiña a doble nacionalidade, xardín no que non me meterei, pero simbólico é un rato longo o tema para os galegos emigrados). Dezasete anos despois deixanlle volver á máxima categoría. Esto pásalle ó Celta e arréglano en dez minutos, que experiencia nos despachos sóbralle, case tanta como en facer o ascensor de segunda a primeira e baixando.

Polo que se ve, o tempo, de vez en cando, despístase e faenos crer na xustiza. A esperanza é o último que se perde, pero unha vez que se fae, costa recobrala para pensar, por exemplo, quen podería pagar polo do Prestixe. Inda que pasen dezasete anos. Se aguantou tanto, dezasete aniños máis non son tempo, home!

Outra cousiña para o ano que ven. Os lume apáganse no inverno, e máis cando directamente prende en outono. Que non chove e os motivos do lume seguen inalterables� e quentiños.

Se alguén ve sinais inequívocas de cambio, que non dude en informarnos por favor!!

Comments are closed.