Lamatumbá: Galicia e a música polo mundo

Sergio Zearreta, vocalista de Lamatumbá, e vello coñecido dos escenarios galegos, debuta, que saibamos, no mundo das colaboracións, compartindo con Planeta Galego a súa experiencia á fronte do grupo que revoluciona os veráns galegos dende fae anos. A súa narración ten dous momentos clave: a gravación do seu próximo disco, na que se atopan inmersos, e o Popkomm, o festival musical máis importante de toda Europa para a industria musical. Prometen novas e prometen manternos informados. Namentres seguen co obxectivo de que todo o mundo saiba que, en Galicia, vívese a festa como onde máis. É o poder do licor café, é a boa aplicación do LUME!!!!! Podedes seguir informados en www.lamatumba.com e en www.panetagalego.info

Creo que non estaría de máis dicir que o que aquí comeza a escritura é un pésimo lector que, con retraso, resposta á invitación dun metade amigo / metade embaixador e a sua revista dixital�

Chámome Sergio Zearreta e son o novo vocalista de Lamatumbá. Para os que non o saibades, Lamatumbá é un grupo de nove músicos galegos, afincados maioritariamente en Ourense, que foi definido como a Verbena do Século XXI, os Herdeiros Ilexítimos do Cuco de Velle, os dos Himnos Tabernarios, etc�

O grupo nace en Ourense alá polo ano 1998 ó amparo do licor café e o talento duns rapaces que querían experimentar con diversos aromas sonoros. Precisamente esa filosofía de fusións (im)posibles e os potentes directos de esprito bailón foron os que fixeron que, o abaixo firmante, non dubidase á hora de aceitar o reto de poñer voz a toda esa liberdade.

A formación actual está composta por unha voz, duas guitarras (Rafa e Toño),
baixo (Pedro), percusión e batería (Puntxa e Txitxas), trompeta (Nico)
e dous saxos (Angel e Iván). O autodidactismo, os conservatorios, as charangas e as reais bandas mixturanse entre nove mans e dan como resultado� LAMATUMBÁ!

Este ano 2007 está sendo bastante denso en acontecementos para a banda.
O máis reseñable pode ser a grabación do segundo traballo discográfico que se está a producir nestes intres e que verá a luz a vindeira primavera: 11 temas novos máis un clásico que están en mans de Segundo Grandío e a súa Casa de Tolos.

Tamén foi este o ano do Popkomm, unha inmensa feira musical que acontece todos os anos en Berlín, e que atrae a programadores e discográficas de toda Europa e parte do extranxeiro. Fomos a Alemaña levados pola nosa anterior discográfica e dentro do que o i.n.a.e.m. chamou Pop Sounds from Spain (para o i.g.a.e.m: Galician Tunes).

Compartimos escenario e día cuns tipos vascos moi marchosos chamados Standard e ca televisiva Nena Daconte, nun concerto de 50 minutos por grupo e cun público que encheu o Soda Club de baile e diversión; si, aínda que son alemáns, comprobamos que teñen bastante cachondeo (por certo: ¿alguén coñece algún humorista alemán?). O certo é que, aínda que fugaz, a experiencia valeu a pena para comprobar que a exaltación do local conecta irreversiblemente co universal, e que ver a unha morea de bávaros e unha conselleira dándoo todo na pista� ¡iso non ten prezo!

Permitídeme un recordo nostálgico: a actuación na miña terra natal, Amorebieta.

Teño que recoñecer que isto da música ten tanto de esixente como de gratificante. A xente que corea os temas, que os baila, de todas as idades, de todos os rincóns, os solos que saen sos, as voces que aguantan un agosto eterno� En breve teredes noticias nosas, compartirémolas� Unha aperta.

Comments are closed.