Entrevista con Jorge Peteiro, novo participante da Parcelaria.com

No momento en que atravesas o limiar da casa-estudio de Jorge Peteiro e che inunda a luz, a ledicia e a cor única dos seus cadros, un decatase o instante que esta diante de un xenio. Fai tempo xa que mercar un �Peteiro� non so supón unha decisión acertadisima coma investimento pola súa constante revalorización, senón tamén intelixente, polo innegábel pracer e a enerxía que de cada un dos seus cadros flúe ata o seu afortunado dono.

Jorge Peteiro e Daniel Tomé

No momento en que atravesas o limiar da casa-estudio de Jorge Peteiro e che inunda a luz, a ledicia e a cor única dos seus cadros, un decatase o instante que esta diante de un xenio. Fai tempo xa que mercar un �Peteiro� non so supón unha decisión acertadisima coma investimento pola súa constante revalorización, senón tamén intelixente, polo innegábel pracer e a enerxía que de cada un dos seus cadros flúe ata o seu afortunado dono.

Peteiro en Galiza non precisa presentación; así e todo o seu persoalísimo sentido do humor, a súa intuición e a súa intelixencia fíltranse a cada instante na entrevista mantida con el e que paso a transcribir:

Daniel Tomé: ¿ Hai un momento no que se decide �eu vou vivir disto�?.
Jorge Peteiro: Dende o primeiro momento, antes de saber nin pintar. So hai que agardar ese momento.

Tomé: ¿Existen os �Peteiros de Peteiro�?
Peteiro: Si, en canto os cadros levan un tempo comigo encaríñome e xa non os vendo.

Tomé: Fundamentalmente pintor, pero sabemos que hai outras facetas…
Peteiro: Si, escultura, murais cerámicos para parques eólicos, cerámica, gravados, distintas aplicacións que na realidade son parte dun todo, do mesmo.

Tomé: ¿Dos lugares onde expuxo quedase con algún en especial ( Nova Iorke, Porto, Barcelona, Ibiza…..)?.
Peteiro: Doulle máis importancia a obra que o lugar. Eu quedábame con dúas exposicións: a da �Casa da Parra� en Santiago de Compostela e a da �Estación Marítima� na Coruña.

Tomé: ¿O seu éxito é evidente. A que cre que cre que se debe?. ¿Por que a súa obra chega o publico dese xeito?
Peteiro: Eu creo que fago maxia.

Tomé: Os seus cadros, enmarcados por reberetes que reflexas motivos decididamente galegos, ademais de frases, son un percorrido pola xeografía de Galiza, ¿ por qué pinta fundamentalmente pobos e cidades de aquí, de Galiza?.
Peteiro: Galiza é a miña terra e ademais gústame. Gústame coa perspectiva de ter viaxado e coñecido outros lugares. O cambio constante que hai en Galiza vai moi ben para a pintura: Galiza paréceme un mundo en miniatura pola súa paisaxe (montaña, mar, ríos, climas doces, mais extremos, aridez….).

Tomé: Unha das súas derradeiras obras institucionais foron dous espectaculares murais no parque eólico de Ossorio, a cen quilómetros de Porto Alegre, no Brasil: xurdindo de senllos estanques un deles representa Galiza e o outro o Brasil. Deixou tamén mais obra nese pais, pinturas de paxaros autóctonos (gaviaos, benteveos…) empregando coma soporte o eucalipto roxo aborixe. ¿Que significou para vostede este proxecto no Brasil?
Peteiro: Moi satisfeito do traballo feito. O investimento é español, pero os traballadores, os gaúchos eran os ceramistas e foi un pracer traballar con eles. De feito volvo de contado para inauguralo no mes de novembro co Presidente do Brasil, Lula da Silva.

Tomé: ¿Cal seria o seu �proxecto estrela�, se é que o hai?. ¿Con qué soña Jorge Peteiro? (¿ou xa o conseguiu todo?).
Peteiro: Un jet privado, co que iso implica: tería xa fundacións e casas-museos polo mundo adiante. Tamén quero un helicóptero.

Moitas Grazas.

Comments are closed.