Desde hoxe non se permeten comentarios anónimos en PlanetaGalego

Debido ao abuso que algúns usuarios están a facer do sistema de comentarios anónimos deste medio de comunicación, vémonos na obriga de restrinxir esta posibilidade aos redactores rexistrados. Se desexas enviar novas e comentarios a PlanetaGalego deberás poñerte en contacto coa redacción en pg ARROBA fillos PUNTO org.

O tono agresivo, insultante, a escritura contraria ás máis básicas normas da netiqueta, etc. que algúns visitantes anónimos levan tempo empregando levounos a tomar esta decisión. Lamentamos que isto supoña un recorte das posibilidades de expresión doutros lectores que saben comportarse, e invitámolos a que nos soliciten unha conta para publicar comentarios co seu nome. Non é preciso que sexa o seu nome real, pero precisamos que sexan identificados dalgunha forma e que a redacción coñeza de quen se trata aínda que non apareza e-mail nin nome real algún publicado nos seus comentarios, por precaución legal.

Comments are closed.