Concello de Muros, suspenso en atención ao cidadán.

Se o concello de Muros se sometera a unha hipotética avaliación, ainda que algunhas das súas competencias merecerían un suficiente, a atención ao cidadán sería a asignatura pendente de recuperación.

Comecemos por analizar o sitio web do concello. Dirixámonos ao enderezo www.muros.es , que ten por obxetivo, en palabras do saúdo da alcaldesa Caridad González Cerviño “ademáis de dar a coñecer os monumentos e paraxes naturais, compartir algo da historia e do presente do concello”. Unha gran verdade ese “algo”, porque todo non se pode saber… Estas páxinas web comezan por omitir unha parroquia, Sestaio, entre as oito que compoñen o concello. A información, salpicada de erros ortográficos está bastante desactualizada, e as consultas via web non se atenden xa que despois de ser distribuidas en función do asunto, os destinatarios non se molestan de dar resposta. Ademáis disto, as actas das reunións dos plenos xa non se penduran da capa do web xa que esta información só foi enviada a Casa da Cultura, onde se encargan do seu mantemento, durante uns meses. Agora hai que achegarse a casa do concello para enterarse das decisións de quén nos governa.

A atención telefónica tampouco é a mellor. Despois de facer unha proba chamando ao teléfono principal do concello para preguntar acerca do estado do novo plan urbanístico que se está a elaborar, fiquei coa resposta que xa tiña, e dicir, ningunha. Unha funcionaria contestou amablemente o teléfono pero non soubo darme a información que lle pedía. “Terías que falar con fulaniño…”, “podes transferir a chamada?”, “e que agora non estᅔ, “tardará moito?”, “pois non che sei…”, “e ti non sabes en que estado se atopa o plan?”, “pois non che sei tampouco…” foron algunhas das frases na nosa breve conversa.

Pero de todas, a persoal sorprende máis. Na planta baixa da casa do concello, nada máis entrar atopámonos cun mostrador agardando a que alguén se coloque detrás. Se o que queremos é falar coa alcaldesa ou con calquera outra “personalidade” e cadran a estar ausentes, ninguén di nen a onde foron nen canto tempo tardarán en voltar, polo que xa podemos quentar o banco nunha longa espera. A resposta máis frecuente é “saiu a tomar un café”.

Para solicitar información acerca dalgunha lei, pedir permiso para reformas, etc. é preciso encher un impreso para facer a solicitude e agardar que a contesten, e ter moita pacencia pois moitas veces a contestación nunca chega despois duns cantos meses. Algúns curiosos que xa pasamos polo trago atrevémonos a preguntar que foi deses impresos, a resposta non é moi convincente “van para aí adentro” informoume unha funcionaria sinalando a oficina do secretario do concello. Terá esta oficina algún caixón segredo onde se acumulan as solicitudes? Ou irán parar ao lixo?

Reunidas varias queixas e coa intención de facer algunhas suxerencias de mellora un colaborador deste artigo falou con Belarmino Maneiro Rey, tenente alcalde do concello, pero ao ver que non amosaba moito interese e parecía máis preocupado pola hora de saír a xantar, éste díxolle que non se sentía atendido. En troques de mellorar a atención con este cidadán, a resposta foi do máis negativa “ou saes ou che mando detido coa policía local”. Cousas veredes…

Pregúntome eu, para cando serán os exames de recuperación? En tempos de eleccións? Ben seguro.

7 Responses to “Concello de Muros, suspenso en atención ao cidadán.”

  1. Anónimo di:

    Aquí podedes ler acerca das liortas entre o PSdeG e o BNG e cando a alcaldesa rematou o governo de coalición.

    http://www.anosaterra.com/documentos/central_interior.php?pagina_actual=galiza&numero=1232#1

  2. Anónimo di:

    nunca chove a gusto de todos,pero esta alcaldesa botoulle un par de guevos e fixo o que tiña que facer limpar o axuntamento de tanto bichicoma e rastrero,que é moi facil criticar pero haber quen tiña os collons de facer o que ela fixo.ahi queda eso!

  3. Anónimo di:

    Claro, só os tivo en conta cando lle fixeron falta, para governar… Os que puxo no sitio dos que se foron non son moito mellores. Se traballaran e atenderan os asuntos dos pobos que son parte do concello… as estradas e os accesos a moitas casas dan vergonza, u-la depuradora? todos os verquidos a ria de Muros e Noia! os camiños públicos con falta de rozar…. etc..

  4. Anónimo di:

    moita razon, atopome dicindo que non sera a primeira vez que os caciques do concello de muros amenazaron a alguen co gran peso da lei despois de que alguen se queixara por non ser ben atendido

  5. Anónimo di:

    os camiños sen rozar, as carreteras cheas de baches. as cunetas cheas de gasto. as arquetas de recollida de augas da chuva cheas de area mais en muros “todo va bien” que lles importaran a eles a xente das parroquias

  6. Anónimo di:

    home, limpar limparia un pouco, mais arañons de duas patas e ignorantes segue habendoos en todo-los pisos do edificio do concello. sinto mencionar que hai moi poucos que teñan espiritu de axudar a xente no posto para o que foron contratados ou elexidos

  7. Anónimo di:

    Fonte próxima da consellaria de Muros cuja identidade não foi revelada para evitar o esbanjamento de recursos com o accionamento da polícia local, revelou que, enquanto decorre o peditório público para uma máquina de café, os autarcas do Concello de Muros dormitam nas suas oficinas sem animo para prestar atención aos cidadáns.
    Alguns desses autarcas, considerando qua as instalações do consello são incómodas para se manterem na posição horizontal, previnem-se de doenças profissionais permanecendo em parte incerta de forma a não serem perturbados no seu merecido descanso.

    Cidadán de Muros :’-((((