Principian os actos do Ano da Memoria e Fillos estivo ali

O pasado sábado, na illa de San Simón e cun sinxelo máis emotivo acto deuse comezo ás actividades programadas pola Xunta pra conmemorar este 2006, como Ano da Memoria. Fillos de Galicia, como non podia ser doutro xeito, respostou positivamente ao convite da Conselleria de Cultura pra participares deste dia, enviando a un dos seus socios mais activos, Xosé Lois Santiso.

Este acto, que se enmarca dentro dunha serie de actividades que teñen como obxecto render unha sincera homenaxe a todas as persoas que dalgún xeito traballaron a prol da Liberdade e a Democracia nos tempos da II República española e despois coa chegada da Ditadura foron vítimas da represión franquista. A devandita homenaxe cobra máis importancia na medida en que esta é a primeira iniciativa que se fai dende o Governo autonómico en 25 anos pra tentar reparar o dano que sofreron aquelas persoas a maos do fascismo.

O lugar escollido pra encetar este Ano da Memoria, non puido ser máis simbólico. Na pequena illa de San Simón, na ría de Vigo, estivo a funcionar dende o comezo da guerra até os anos 50 un campo de concentración, polo que foron pasando centos de obreiros, inteletuais, estudantes ou en xeral, persoas que tiveron algunha relación con sindicatos, partidos políticos ou institucións da II República. Moitos deles non sairían endexamais de alí pois morrerían executados ou enfermos de tuberculose e outras doenzas. Outros, aínda que sobreviviron, aturaron durante toda a vida, secuelas derivadas das torturas e das enfermidades contraídas polas duras condicións de cautiverio na illa. Tristemente moitos deles, finaron hai tempo e son poucos os que puideron asistir a esta homenaxe pública.

Segundo nos contou o noso representante, foi unha xornada moi emocionante. Tras dun percorrido pola illa seguindo as explicacións de Manuel Barros, supervivinte do campo principiou a homenaxe que consistiu na leitura de varios poemas por parte de Salvador García Bodaño, Xosé Neira Vilas, Marga do Val, Claudio Rodríguez Fer e Xesús Rábade Paredes asi coma Marivi Villaverde escritora e que viviu nas suas propias carnes o exilio e a represion. A esquerda, capa do libro, con que foron agasallados os presentes.

O acto rematou coas verbas de Anxela Bugallo, conselleira de Cultura que se comprometeu a que este acto non fique en algo ritual e sexa o primeiro paso cara un recoñecemento xeral que sirva pra paliar todos os anos de esquecemento institucional que houberon de suportar as vítimas do réxime e os seus familiares e amigos. Neste senso, Bugallo anunciou a inmediata creacion dun Museu na propia illa de San Simón, onde há figurar unha exposición permanente que serverá de lembranza e reflexión sobre o acontecido naquelas tristes datas. O acto rematou cunha ofrenda floral por parte dos presentes, moitos deles descendentes de persoas que pasaron polo campo, en tanto que o gaiteiro Xosé Manuel Budiño facia ecoar os sons do Hino do Antigo Reino da Galiza contra os muros que na altura, eran empregados pra os fusilamentos.

Por outra banda, dende o Governo autonómico anunciouse aliás, que se estan a impulsionar outras iniciativas inseridas no marco do Ano da Memoria coma a elaborazón dun censo de retaliad@s na Galiza no periodo 1936-1975, a investigazón exhaustiva dos mecanismos e consecuencias da represión no pais nesas datas, coa axuda e esforzo coordenado de investigadores das tres universidades galegas ou a apertura de fosas comúns. Agardemos que este esforzo cumpra as arelas de todas aquelas persoas e colectivos que dende que finou Franco están a demandar Xustiza e Recoñecemento pra as suas vítimas asi coma a desaparizón de todos os refugallos da Ditadura que en forma de nomes de rúas, pracas en predios ou adubíos institucionais, aínda restan no país.

Despois do acto, Xosé Lois puido falar durante uns instantes coa conselleira de Cultura, intre que recolle a foto. Tras recibir os parabéns do noso representante pola organizazon do acto, Anxela Bugallo, tivo a ben adicarnos o libro de poemas editado pra a ocasion, en tanto que amosou interese polas actividades da nosa asociacion, que dixo coñecer ben.
Ogallá, dende estas páxinas virtuais de Planeta Galego poidamos contar máis cedo ca tarde, que as vítimas desta e todas as demáis Ditaduras, acadaron o recoñecemento que sen dúbida merecen.

Pra máis informazón consultar o seguinte enlace:
Vieiros. Inclúe galeria fotográfica.

One Response to “Principian os actos do Ano da Memoria e Fillos estivo ali”

  1. esteirana di:

    Esto débese a que nas enquisas que fan, cando preguntan polo idioma materno, todos os galegos poñen ”Spanish” porque lles da vergonza poñer que falan galego… o autodesprezo de sempre… eu sempre poño ”Galician” como idioma materno.