Como non hai tempo para reformas, non se ha evitar a fraude nas eleccións

Cortizo recoñece que a fraude no voto emigrante é posíbel.

Noticia extraída de Vieiros.

A loita polo voto emigrante acada xa fortes combates a seis meses da celebración das eleccións. O recén nomeado embaixador en misión especial en Iberoamérica, o ex-deputado socialista Miguel Cortizo, xa se está ocupando de peneirar o censo electoral de residentes ausentes (CERA), que representa o 12% dos posíbeis votantes en outubro, tanto coma os cidadáns de Vigo e Pontevedra. Nas súas pescudas detectou máis de 5.000 censados mortos ou retornados Cortizo recoñeceu que a fraude electoral no voto emigrante é posíbel porque non é necesaria a identificación duns votantes que votan por correo, “co que unha soa persoa pode levar varios votos a depositar nas oficinas”. De todos os xeitos, “como non hai tempo de facer as reformas legais nestes sete meses”, non se
tomarán medidas para evitar este tipo de fraudes. Os censados galegos no CERA aumentaron un 10% dende o ano 2002.

One Response to “Como non hai tempo para reformas, non se ha evitar a fraude nas eleccións”