XXIII edición do Curso de Cultura Tradicional Galega

A asociación cultural Cantigas e Frores organiza este curso desde 1983.

Esta asociación ven organizando dende 1983, con carácter anual, un “Curso de Cultura Tradicional Galega”, con varias especialidades, e con caracter aberto e gratuíto. Este curso foi o primeiro que se fixo con carácter permanente en España e vense celebrado ininterrumpidamente tódolos anos en Semana Santa. Acadará no ano 2005 a súa XXIII edición.

Nos últimos anos foi patrocinado pola “Dirección Xeral de Promoción Cultural” da “Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo” da Xunta de Galicia; colaborando o Excmo. Concello de Lugo coa cesión do Auditorio Municipal e os locais anexos da Piscina Municipal, onde de levan a cabo as clases.

As especialidades do curso son as seguintes:

1. Técnicas de gaita
2. Técnicas de canto e pandeireta
3. Técnicas de percusión tradicional
4. Técnicas de baile tradicional
5. Técnicas de zanfona

Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 teñen que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.

Neste ano, 2005, serán Profesores:

DANIEL BELLÓN GARCÍA (Técnicas de gaita) – Profesor na “Escola de Gaita Tradicional” da Sociedade Cultural Medulio (Ferrol). Membro de grupos como a Banda de Gaitas ‘Airiños de Fene’, ‘Roquementroque’, ‘Xaloucos’ ou ‘Luvas Verdes’, cos que ten realizado importantes actuacións en España, Portugal e Francia.

Acadou moitos trofeos, algúns en repetidas ocasións, coas mencionadas formacións e en solitario. Foi nomeado “Gaiteiro Maior de Fene”, e ten participado en varias gravacións así como nalgunhas publicacións.

UGÍA PEDREIRA (Técnicas de canto e pandeireta) – Directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

É Cantante e Psicóloga. Fundadora do proxecto MARFUL. Coñecida na música tradicional polos tres discos editados co grupo Chouteira e pola súas
constantes colaboracións en distintos estilos musicais (O Musical Dillei,
Nación Reixa, Banda Basotti, Eliseo Parra, o espectáculo Son delas, Susana
Seivane, Cempés, a música para a exposición Narracións de Caxigueiro, o
espacio sonoro do Canto Do Dime-dime de Factoria Teatro,etc.). No ano 2000 crea e dirixe o Conservatorio Folque de Lalín onde imparte aulas de canto.

XOSÉ LOIS ROMERO GAGIGAL (Técnicas de percusión tradicional.) – Membro do Grupo de Música Tradicional do IGAEM, corpo musical habitual do Ballet Galego Rei de Viana.

Forma dúo con Xesús Vaamonde. Tamén é membro de Lelia Doura e, ven exercendo como percusionista de Luvas Verdes. Forma parte do espectáculo ‘Projecto Ninguém’, na montaxe ‘Ball-cans’. Ten acadado diversos premios e recoñecementos, algúns deles en varias ocasións. Ten participado en diversas gravacións, e feito varias publicacións. Algunhas obras súas forman parte do repertorio de coñecidos artistas

SERGIO COBOS (Técnicas de baile tradicional) – Profesor de baile tradicional impartindo clases en diferentes grupos.

Tamén fai unha ampla labor de recollida de música e bailes tradicionais. Foi
membro de Violia e Rumbadeira e estivo trece anos no grupo Cántigas e
Agarimos. Impartiu cursos en Pamplona, Barcelona e Nova York e ten
participado en diferentes festivais e obradoiros de baile internacionais en
Francia e Portugal.

GERMÁN DÍAZ (Técnicas de zanfona) – Forma parte dos proxectos: BALDO
MARTÍNEZ CUARTETO ACÚSTICO, SINFONIA QUARTET, NUKE TRIO, RAO TRIO, LUKUM TRÍO, Dúo Anxo Lorenzo-Germán Díaz, DÚO DE FUEGO (Pascal Lefeuvre y Germán Díaz), Dúo Gorka Hermosa-Germán Díaz, Dúo Wafir Sheik-Germán Díaz, LA PARRUS DIXIE BAND, e dirixe o seu propio espectáculo, “EL SÚETER DE CLAUDIA”. Foi membro da VIELLISTIC ORCHESTRA en Francia.

Traballou con cantantes coma MARIA SALGADO e UXÍA. Tamén pertenceu ó grupo galego LAIO. Ten actuado por toda España, Francia, Arxelia, Irlanda, Alemania, Portugal, Bélxica, Países Baixos, Noruega, etc.
Foi compositor en diferentes obras teatrais, ten desenrolado unha ampla
actividade docente e editou diversas publicacións. Tamén colaborou en case
un centenar de grabacións discográficas. Galardoado co premio “Racimo de
Oro” da música. Ten a súa propia discográfica.

A este curso asisten coma alumnos músicos e bailarines de todo o Estado e,
en ocasións, de outros países.

Nas últimas edicións a duración do curso foi de tres días, aínda que en
anteriores ocasións ten cuberto a Semana Santa completa. O horario ocupa
todo o día, dende as 9:30 da mañá ata as 20:00 do serán.

No referente ás incricións pódense facer dende o momento da convocatoria do curso que, ainda que non ten unha data fixa, vense facendo un mes e medio antes da apertura do curso. A asociación, nese momento, fai comunicados á prensa, ós socios e a outras asociacións, así como ós anteriores participantes e a entidades relacionadas co mundo da Cultura Galega, tales como Casas Galegas de toda España e no extranxeiro.

Os datos requiridos nas inscricións son os seguintes:
Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico (se ten),
código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse.

As inscricións pódense enviar a:

APARTADO DE CORREOS 344 – 27080 LUGO
FAX: 982 26 52 80
E-mail: inscricions@cantigasefrores.com
O prazo de inscripcións remata no momento que se cubren as prazas de cada especialidade.

Comments are closed.