Premio Bolboreta para unha Filla de Galicia

Mª Rosa Iglesias, socia da A.C. Fillos de Galicia, recibe o Premio Bolboreta.

María Rosa IglesiasMª Rosa Iglesias, unha galega dunha aldeíña preto de Compostela, emigrada a Arxentina con 5 anos, acaba de recibir o PREMIO BOLBORETA de narración breve , dentro dos Concursos Públicos Culturais que convoca cada ano a Consellería de Emigración, coa súa excelente narración “EL PUENTE ROTO”.

Esta loitadora socia da A. C. Fillos de Galicia , encargada editorial da Lista Fillos-L , que nos acompaña e sorprende continuamente na rolda cos seus resúmenes quincenais, sempre tan interesantes, deixou neste espléndido relato, que agardamos ver publicado axiña pola Xunta, moita da súa propia experiencia como nena emigrante : as emocións intensas, os soños , as lembranzas fermosas da súa aldea, as penurias económicas, a dor do desarraigo e do desprezo, , pero por riba deso, a forza , o esprito de sacrificio, o traballo, a honradez e a dignidade que levaron aos galegos emigrados a Arxentina (como a calquera outro pais do mundo) a saír adiante.

Todo isto escrito con esa facilidade que María Rosa posúe para transmitir ao lector os máis intensos sentimentos, e as máis fermosas imaxenes da lembranza, que nos transportan ao porto de Vigo dos anos 50, e logo a cidade de Bos Aires que vemos aparecer diante dos ollos da nena, e que sentimos medrar ao longo do relato.

¡Parabéns polo premio, Mª Rosa !

One Response to “Premio Bolboreta para unha Filla de Galicia”

  1. ¡Felicidades, María Rosa!

    Unha grande aperta e continúa a escribir e a traballar por nós.