A Constitución Europea vista con perspectiva galega

Presentaçao do livro A Constituiçom Europeia e Nós do profesor Bernardo Valdés.

Como é o articulado da Constituición europea? Como foi feita? Cales son os prós e os contras para povos como o galego? A estas e outras perguntas de máxima actualidade responde o profesor Bernardo Valdés (docente de Economía no Cámpus Universitário de Lugo) no livro A Constituiçom Europeia e Nós. A obra, editada pola AGAL dentro da colección Universália, conta con prólogo do sindicalista Manuel Mera, membro da executiva da Confederación Intersindical Galega (CIG).

O libro ofrece unha lectura dos aspectos do Tratado Constitucional (TC) que configuran o núcleo central da Unión Europea, contextualizándoos nas políticas que nos últimos anos están sendo impostas polos organismos comunitarios e polos gobernos dos diferentes Estados da UE.

Segundo afirma o própio autor, a obra está dirixida a todos os públicos: “este non é un libro para especialistas; está destinado a todas aquelas persoas que aspiran a construir un outro modelo de integración europea” Ese modelo é o que tende ao recoñecimento da pluralidade da Europa dos Pobos: “unha Europa social e democrática, que recoñeza os pobos e as línguas que a integran, que promova a paz e a solidariedade internacional”

A Constituición Europea e Nós transmite umha visión crítica do proceso de construción da UE á luz do Tratado Constitucional; non realiza unha análise pormenorizada (artigo a artigo) do articulado que vai ser submetido a referendo no Estado Español o próximo dia 20 de Febreiro.

Sen esquecer a problemática específica da Galiza, o texto analiza aspectos de interese para o conxunto das cidadás e dos cidadáns da UE: as políticas económicas neoliberais, o desmantelamento do estado do ben-estar, a aposta pola militarización e o modelo ecoloxicamente insubstentábel.

Esta nova obra, que pretende contribuir ao debate aberto a respeito do Tratado Constitucional, vai ser apresentada en varios lugares de Galiza durante os primeiros días deste mes. As primeiras citas serán: en Lugo o próximo dia 1; en Ourense o dia 2 e na Coruña o día 4.

Para mais informes:
Autor: Bernardo Valdês 982 24 02 95
Editor: Miguel R. Penas 988 39 23 19 // 661 41 89 64
Dep. Comunicación: Sílvia Ribas 600 627 399.

Comments are closed.