O nacemento de Galicia

Fernando Lamas, cubano residente nos EE.UU. ten estudiado moito da Historia de Galicia, terra dos seus antergos. Aquí nos fai un bo resume da formación de pobo galego.

O pobo orixinal da peninsula Ibérica eran os IBEROS. En 1800 antes de Cristo (A.C.) chegaron os CELTO-LIGURIANOS (os antegros dos galegos) e conquistaron as terras que hoxe en día son Galiza e Portugal e norte Iberia. Os Iberos entón reconquistaron as terras de norte Iberia pero non as de Galiza e Portugal. Polo tanto, os celtas foron isolados de seus curmáns en Francia antiga. En 650-550 A.C., chegaron os CELTAS HALLSTAT a Iberia e conquistaron a Iberia central e Iberia do norte pero non as terras dos Celtas antigos de Galicia e Portugal. Os Iberos entón teñen as terras de Iberia do sul, de Iberia ocidental e as terras de Euskadi. En Iberia central, os pobos dos Celtas novos e Iberos mistúran-se e foi nado o pobo CELTO-IBERO. Os Celtas de Galicia eran de sangue con pouca sangue Ibera.

Os Cartagines chegaron nos 400’s A.C. e conquistaron o sul de Iberia. Os Romanos chegaron a Iberia en 218 antes de Cristo (AC), durante a Segunda Guerra Púnica (contra o imperio Cartago). Os Romanos chamaban-le HISPANIA a toda Iberia. Polo tanto, o nome “hispano” de hoxe en día, como en “hispanoamérica”, é o nome de todos os pobos de Iberia e non somente dos Españois. En 206 A.C., os Cartagines foron expulsados de Iberia polos Romanos que herdaron o imperio Cartago en Iberia de o sul.

Os Romanos chamában-lles LUSITANI aos pobos de Portugal sul do Río Duoro e CALLAECI aos pobos celtas norte do Duoro e oeste dos ASTURES. (GALLI, de CELTAE y KELTOI é o nome Romano de “Celta”.) Os Callaeci foron divididos polos Romanos en LUCENSES no norte e BRACARENSES no sul da terra dos Callaeci. Os Lucenses foron subdivididos nos ALBIONES, ARRONI, ARTABRI, BAEDYI, CIBARCI, CILENI, COPORI, EGIVARRI NAMARINI, IUADOVI, LEMAVI, NERI, POEMANI, PREASTAMARCI, SUERRI e CELTXCI SUPERTAMARCI. Os Bracarenses foron subdivididos nos AEBISOCI, AMPHILOCI, AUREGENSES, AQUIFLAVIENSES, AUOBRIGENSES, BRACARI, COELERNI, EQUAESI, GROUII, HELLENI, INTERAMICI, LEUNI, LIMICI, LUANCI, LUBAENI, NARBASI, NEMETATI, QUARQUERNI, SEURBI e TAMAGANI.

Nos anos 155-139 A.C. os Romanos conquistaron aos Lusitanos en Portugal. En 138-136 A.C. , DECIMUS JUNIUS BRUTUS (non foi o famoso Brutus) invadiu aos Callaeci pero non os conquistou permanentemente. Pola expedicion, tomou o nome honorifico BRUTUS CALLAICUS e polo tanto é o primeir home na historia de apelido “Gallego” :^) En 60 A.C. GAIUS JULIUS CAESAR invadiu aos Callaeci cunha armada que navegou ata BRIGANTIUM (A Coruña) pero a expedición era máis para roubar ouro que conquista. En 25 A.C., en MONS MEDULLIUS, un castro dos Callaeci, as Lexións de P. CARISIUS, xeneral de CAESAR AUGUSTUS, conquistaron os Callaecis. Eles foron o último pobo conquistado polos Romanos en Hispania. En 23 A.C. os Lexionarios vedraños (EMERITI) da guerra contra os Caelleci das Lexiones V e VII, fundaron a cidade de AUGUSTA EMERITA (Mérida) no centro de Hispania. En pouco tempo despois da guerra, os Romanos fundaron a cidade de LUCUS AUGUSTI, “albogo sagro de Agosto” (Lugo) como unha cidade Lexionaria para manter a conquista dos Callaeci.

A terra conquistada dos Callaeci entón foi parte da provincia Romana de HISPANIA CITERIOR. As outras dúas provincias en Hispania entón eran LUSITANIA (o sul-oeste) e BAETICA (no sul). No tempo do emperador VALERIANUS DIOCLETIANUS (284-305

despois de Cristo), o emperador cambiou as provincias para estabelecer máis autonomía rexional. Entón o emperador Diocletianus estabeleciu a provincia de GALLAECIA, “terra dos Celtas”, coas terras norte do Duoro e este ata LEGIO VII GEMINA (León). O emperador THEODOSIUS “o Grande” foi nado en Gallaecia.

Autor: Fernando Lamas, bisneto de galego.

Comments are closed.