Archive for the ‘Sen clasificar’ Category

Medra o número de emigrantes galegos con dereito a voto

Martes, Xuño 20th, 2006

Segundo unha nota da axencia de novas Europa Press, haberá máis emigrantes galegos con dereito a voto nas vindeiras eleicións. Polo seu interese, reproducímola:

Os EMIGRANTES galegos con dereito a voto nas próximas municipais aumentarán en torno a un 10% respecto de 2003

PPdeG, PSdeG e BNG reivindican a “lexitimidade” da súa participación, pero piden reformas na lei para garantir a limpeza do proceso.

30/05/2006

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 (EUROPA PRESS) Os emigrantes galegos que poderán participar nas municipais do próximo ano incrementaranse en máis dun 10 por cento respecto ao número de electores no exterior que puideron exercer este dereito nos comicios locais anteriores, os de 2003, e ata un 30 por cento en relación aos de fai oito anos.

A evolución do Censo de Residentes Ausentes (CERA) no último lustro revela un progresivo aumento, fronte ao retroceso que se produciu no número de votantes afincados na comunidade, que perdeu representación tanto desde as autonómicas de 2005, tralas que hai case 10.000 menos, como desde a cita coas urnas do 25 de maio de 2003, cando o rexistro tiña 1.000 inscritos máis.

Os últimos datos do CERA, correspondentes ao mes de marzo, presentan un total de 310.720 votantes potenciais, que superan nun 9,5 por cento aos 283.663 que podían emitir o seu papeleta desde o estranxeiro fai tres anos e nun 27,2 por cento aos de fai sete.

Desta forma, e tendo en conta a traxectoria ascendente da diáspora, os cálculos a un ano dos comicios prevén que en maio de 2007 o número de electores exceda en dez puntos ao da última convocatoria municipal e en torno a 30 á celebrada en 1999, cando puideron tomar parte un total de 244.187 persoas.

O aumento foi xeneralizado nas catro provincias galegas nas que, unha vez máis, as costeiras concentran o maior número de representantes entre o colectivo exterior. Así, actualmente, aos 111.665 procedentes da Coruña séguenlle os 90.875 de Pontevedra, os 68.567 de Ourense e os 39.613 de Lugo.

Incremento desigual

Non obstante, o incremento foi desigual de modo que, nos últimos tres anos, Lugo foi a provincia na que máis medrou o número de electores no exterior, un 14 por cento respecto dos comicios de 2003. A continuación sitúase Pontevedra, cun 10,6 por cento de novos electores; despois A Coruña, cun 8,2 por cento; e, xa para rematar, Ourense, cunha subida dun 7,9 por cento. Con todo, a porcentaxe que os residentes ausentes representan respecto ao censo global invirte a tendencia dos números absolutos, posto que, neste caso, Ourense e Lugo lideran o ranking. Así, un 19,4 por cento dos ourensáns con dereito a voto están na diáspora, mentres que, no caso dos lucenses, representan o 11,5; fronte ao 10,6 por cento dos pontevedreses e o 10,5 dos votantes da Coruña.

De feito, os emigrantes fan posible que o número total de votantes potenciais de Ourense supere aos de Lugo, posto que o censo de residentes afincados na provincia ourensana, 284.063, é inferior aos 305.369 da lucense. Con todo, as 68.567 persoas inscritas no CERA outorgan a Ourense un total de 352.630 electores, fronte aos 344.982 de Lugo.

Aposta pola emigración

Ademais, gran parte da diáspora correspóndese con municipios pequenos, nos que nalgúns chega a representar ata o 30 por cento dos votantes. Non en balde, foron as áreas rurais de menor tamaño as que sufriron en maior medida os problemas económicos que, ao longo do século XX, converteron a Galicia nunha terra emisora de emigrantes.

Os partidos políticos son conscientes desta circunstancia e, por iso, aseguraron a Europa Press que, aínda que nalgúns concellos as papeletas do colectivo exterior terán un peso importante na orientación do Goberno, o bastón de mando nas grandes cidades decidirase na mesma noite electoral.

O Arrieiro

Luns, Setembro 6th, 2004

Juanjo Fernández, un madrileño que se namorou da gaita do fol e decidiu quedarse en Galicia e dedicar a súa vida a este instrumento e a investigación e o ensino da música tradicional galega, escribiu esta historia sobre un arrieiro, personaxe habitual nos camiños da nosa terra antes de que se convertiran en estradas.


O arrieiro

En Castroverde hai unha “Casa do Coche” na que vivía Bonifacio Pereira, un home que foi da casa de Benito de San Romao, na parroquia de Retizós do concello de Baleira.
A casa do Coche foi cantina e pousada, parada clásica de moitos dos que facían a ruta Lugo-Fonsagrada, tratantes, viaxeiros, vendedores, que comían e dormían cando o necesitaban. Tamén se despachaba viño á xente do lugar ou que paraba alí por esa razón.
En realidade quen atendía na casa era a súa segunda muller, coxa dunha perna pero que traballaba como dúas sanas xuntas.
A denominación da casa viña porque Bonifacio foi conductor. Tivo aló polos anos vinte un dos primeiros camións da provincia de Lugo, un daqueles que tiñan aínda as rodas de ferro sen neumáticos, sendo el, tal vez, quen inaugurara a primitiva estrada que se fixo por aquela época para comunica-la capital co comarca de A Fonsagrada, gracias a Dios remodelada hai poucos anos.

Co tempo pasouse ós autobuses e durante décadas foi un dos conductores da liña Lugo-Fonsagrada pero esa é outra historia.

Bonifacio morreu no ano 1.998 de 100 anos de idade tal como reza unha esquela na súa tumba do cementerio de Castroverde. Na derradeira etapa da súa vida, ironías do destino, non podía desplazarse siquiera camiñando por doencias nas articulacións das pernas centenarias que tiña. Cando lle preguntaba ¿qué tal, Bonifacio? el dicía ben, o peor son as ”rodas”.

Anteriormente ó camión xa conducía, pero naquela época tratábase de carros do país.
Foi arrieiro, oficio clásico e seguramente nunca ben recoñecido polo grande labor social que realizaba.
Os arrieiros eran os camioneiros de antes, eran quen levaban dun sitio para outro todo o que na actualidade se transporta por estrada que, como sabemos, é casi todo. Era un traballo de moito tempo de reflexión polos camiños, co lento trancurrir do carro tirado por bois. Algo impensable nunha sociedade actual de presa e actividade intensa, na que o tempo mídese en segundos.

Bonifacio foi algo gaiteiro tamén, afición que colleu de neno, de oir tocar a José Pin. Éste era un gaiteiro moi estimado que nacera no lugar de Hayedo, razón pola que o chamaban así, “O Hayedo”, tamén da parroquia de Retizós, pero que na crianza de Bonifacio vivía en Millares, que pertence á parroquia contigua de A Braña, sempre dentro do concello de Baleira.
O Hayedo percorría toda a comarca tocando na gaita do fol, as veces só e outras acompañado por Álvaro Fouz, un veciño, que lle tocaba o tambor.
O Hayedo acudía con moita frecuencia á feira da Fonsagrada para tocar alí, aproveitando a grande afluencia de xente, que ás veces lle deixaba algunha moneda ó pasar.

Un día Paco de Riba, do lugar e parroquia de Cellán de Calvos, no mesmo Castroverde, díxolle a Bonifacio de mercarlle a gaita e levouna. Era unha gaita feita por Gerardo Rodil que foi de Martín, parroquia e derradeiro lugar de Baleira, antes de entrar en Ribeira de Piquín pero que marchou co seu taller para Santadrao, na parroquia castroverdiana de Montecubeiro.
O tempo pasou e non lla pagou, máis por olvido que outra cousa. Despois de moito, foi Paco pola cantina buscar algún bocoi de viño e preguntoulle ¿a como está o viño? e Bonifacio contestoulle ó precio da gaita. Naturalmente, o pobre Paco marchou dalí o antes que puido, sen dicir unha palabra máis.

O lado musical de Bonifacio amosábase tamén no canto. Como bon arrieiro que foi, pasaba boa parte do camiño cantando. Unha que lle gustaba moito cantar era aquela que dicía:

Dende Lugo a Fonsagrada
hai que pasar por Baleira
estaría en Castroverde
unha semaniña enteira

A xente dos lugares polos que pasaba xa o coñecían pola voz, polas cántigas e moitas veces saían para oilo mentres pasaba, acompañado polo ruido do eixo do carro, as pezuñas dos bois e as llantas das rodas que marcaban no camiño o trazado da súa marcha.

En certa ocasión namorouse dunha moza da casa de Estevo de Vilardongo, na parroquia de San Xoán de Padrón, concello de A Fonsagrada. Foi un día que a viu na porta da súa casa, sentada mentres facía unha restra de allos. Dende aquela sempre facía por parar no pueblo e mirar se a vía.
Despois de falárense durante un tempo tíñase polo seu novio, se ben é verdade que a rapaza no lle dera demasiadas esperanzas, todo hai que dicilo.

Pero un día, na Fonsagrada, víuna acompañada por outro mozo amigo del e sentiuse traicionado.
Despotricou todo canto poido e marchou dalí rosmando. Por despeito deulle por ordenar unha cántiga de venganza para todo o concello, que durante semanas foi cantando polo seu itinerario entre Lugo e A Fonsagrada. A xente adeprendeuna e foi de boca en boca por toda a comarca.
Despois a el pasouselle o enfado e volveu ó seu carácter simpático e amistoso de sempre pero a cántiga aínda permanece na memoria da xente.

Monte sin leña
fonte sin auga
mulleres sin honra
homes sin palabra

Juanjo Fernández
Lugo, 4/9/04
http://www.agaitadofol.com

Carta de un niño asesinado

Venres, Decembro 26th, 2003

Mirada de Antonio Valcárcel Domínguez de Mazaira, nieto de gallegos nacido en Vizcaya, sobre el terrorismo en el País Vasco.

CARTA DE UN NI�O ASESINADO

Un niño ha muerto, ni siquiera el lo sabe, piensa que aún está jugando con su hermano a mil juegos infaniles; en una tarde gris, tratando de despertar, se da cuene que duerme en un sueño muy profundo, le cuesta volver a los juegos con su hermano, maldita pesadilla, ve todo su cuerpo ensangrentado y mutilado. Una lucha en su interior sedesata por vvolver a la vida, y, un grito borrado en el silencio oscuro ¡ papá, despiertame tú, yo no puedo! El padre en sus brazos sostiene el cuerpo sin vida de un pequeño que ya no puede llorar, ni siquiera gime, un estruendo dej�sordos sus oidos, su corazón partido, en el suelo tendido con su cuerpo mutilado.
Su espiritu vuelas lejos, rápdo, no conoce las fronteras, ya nadie pide pasaporte; cruzó el umbral, todo es distinto, inexplicable; ¡ ojala que continúen sus sueños en algún lugar del cielo, y en un lecho de heno y trigo continue dormido y vaya perdonando a sus asesinos entre el heno y el trigo!
El heno para el sueño, el trigo para sus amigos, para que calmen sus hambres de venganza; para sus enemigos, ruidos de caracolas de mar con sirenas de corazón partido; ya ni siquiera el mar puede limpiar sus manos manchadas de sangre de niños. Y el grito de este chiquillo ¡ no más niños asesinados mientras aún sueñan! A los muertos no nos podeís engañar, os conocemos.
¡Fuistes tú ! el que puso la caja de truenos en el coche de papá! ; dime, ¿por que no te duelen los niños con brazos y piernas mutilados, con sus cuerpos ensangrentados; teñidas sus ropitas de sangre viva, que quería vivir?, ¿ acaso no te gustaba a ti jugar con tu hermno?, ¿ por que me has asesinado?
Papá siempre lo decía: “aunque me diesen el traslado no lo aceptaría. Llevo muchos años en Euskadi, me he hecho a ella, como un roble a la tierra, tengo amigos que me quieren, mis hijos nacieron en ella, aquí es donde tienen que vivir y aunque parezca extraño, la quiero… a pesar de tantos malos ratos que ocasiona el terrorismo despiadado. ¿ Quién le iba a decir a papá, que era un objetivo certero de la banda de ETA.
Aquí ahora, durmiendo en el sueño de la infancia sesgada por la hoz de la intolerancia; que coronan las ideologías desarcerbadas con matices belicosos y objetivos de definición nazinacionalista, pagan los tributos con la muerte hasta de los infantes. Os digo: no más tiros ciegos que no justifican los medios por mucha demagogia que queraís hacer, no más truenos en cajas adornadas de celofán, trémulos como un volcan encolerizado; dejad a los niños, no quiero que duerman hoy conmigo niños que no pueden despertar al alba entre sus padres, abuelos y hermanos.
dejad, por favor, que este último niño sea el que duerma en el sueño de los justos, cuya sangre será para siempre un ocre que cierra esta carta de ¡BATA YA!, y que una olla de barro en vuestros hogares cueza hojas de olivo y cuyo bálsamo penetre en vuestros corazones con el sentimiento de la PAZ, los que poneís bombas en los caminos. Y que una corona de laurel adorne las sienes de los justos; y con sus vestiduras blancas de justicia, ejerzan con mano firme lo que la ley tipifique. Quiero que la justicia se anteponga a la política y quién mata a su prójimo cumpla su condena. Y no pazten con la desgracia de las víctimas, y por ende sus verdugos se invistan de hÉroes de su Nación. No más terrorismo ciego y despiadado estaís dejando Euskadi a piñon fijo, de dificil negociación, mientras la voz de los muertos hable por las plumas del periodismo, las víctimas tendrán su portavoz. Es por ello que trataís de apagar sus voces, encarado vuestras pistolas a sus nucas y vuestras lapas explosivas en los bajos de los coches… dejad que la historía se desarrolle sin más derramamiento de sangre, porque, cuantos más asesinatos figuren en la larga lista, más dificil será el juego de la negociación política. Al menos sin contar con las víctimas, y la víctimas reclamamos justicia. Y los políticos reclaman Planes Soberanistas, adornados con Proyectos de Convivencia. Insensatos. Somos nosotros las víctimas quienes debemos de proponer los Planes de Convivencia, no, quienes de una forma u otra han alimentado a la bestia de las bombas y el terror. ¿ Creeís que podeís edificar un pueblo sobre cadáveres, con ríos subterraneos de sangre?, no solo se puede edficar, ningún cimiento se puede sujetar, a no ser que queraís construir la casa del teror en un Pueblo que clan la PAZ.

En memoría del niño Fabio Moreno Asla, Víctima de terrorismo. Hijo de un Guardia Civil.
Publicado en el libro poético “CRUJIDOS GRISES” de Ediciones Endimyón (MADRID)
Autor: Antonio Valcárcel Domínguez de Mazaira