Archive for the ‘Historia de Galicia’ Category

O monte Medulio

Mércores, Abril 20th, 2005

De tódolos mitos, lendas e historias de Galicia, o do monte Medulio tal vez sexa un dos máis descoñecidos e interesantes.

A historia corre alá polo 26 antes de Cristo, cando o emperador Augusto ten que vir a península Ibérica para acabar co continuo asedio ó que as tribos cántabras, astures e galaicas sometían ós exércitos romanos e para acabar co risco que supuñan estos ataques para a Pax Romana. Ademáis do anteriormente dito, os romanos Os detalles pérdense, como di o tópico, nas brétemas da historia. Tanto é así, que aínda hoxe é un misterio onde se atopaba o último reducto galaico.

DATOS HISTÓRICOS

A nosa historia, como a de Cartago, Alesia ou Numancia, segue o esquema cáseque clásico das guerras dos romanos contra as tribos bárbaras: as lexión romanas acosan ás tribos rebeldes, sítianas nunha cidade e agardan a morte dos sitiados (ben por fame, ben por suicidio, ben por rendición -sempre- incondicional).

Neste caso, despóis de que Augusto derrotara ás tribos norteñas en Segísama, Monte Vindio e Aracillum, as sete lexións (entre 50 e 70.000 homes) do emperador perseguiron ós supervivintes ata un monte de Galicia chamado Medulio. Unha vez alí, os rebeldes atrincheráronse e despóis de dous intentos infructuosos, os romanos decidiron sitiar ós bárbaros. Para aillalo monte, precisaron de facer un foxo de 15 millas (uns 25 kilómetros) que rodease o asentamento.

Unha vez que os sitiados, seguramente unha mezcla heteroxénea de tribos e non só membros da familia galaica, foron conscientes do que lles esperaba (morrer de fame ou vivir para ser esclavos) e optaron por ficar “denantes mortos que escravos”. Despóis de matar ás súas mulleres e fillos, algúns homes morreron polo veneno (feito a base de piñas de teixo) mentres o resto preferiu morrer en combate.

DATOS XEOGRÁFICOS

O máis grande misterio do monte Medulio é a súa ubicación. Hai quen di que é o monte Aloia, preto de Tui; outra teoría apunta ó monte Cido, onde apareceu un águia de bronce dun estandarte romano e cuio nome podería vir de occidio (matanza, carnicería) ou de caedere (matar), algo que concordaría coa a historia do Medulio; unha terceira teoría sitúa ós acontecementos no paraxe berciano coñecido por As Médulas, antigas minas romanas de ouro.

A segunda teoría é, baixo o meu pobre punto de vista, a máis probable ou, a lo menos, a máis próxima. Ás razóns son as que expón Orlando Álvarez na súa colaboración ca Asociación Informática Amigus. As máis importantes son a proximidade do Miño e do Sil; a cercanía dos dous maiores xacementso de ouro do Imperio (Toca-Turubio e As Médulas); a súa situación entre os tres campamentos romanos que, ó parecer, tomaron parte no sitio (Astorga, Lugo e otro na provincia de Ourense); a abundancia de teixos (con que os sitiados fixeron o seu veneno); e a aparición da águia no monte Cido.

¿Nacións celtas? Non, ¡galegas!

Venres, Outubro 8th, 2004

Tradución de Ricardo Gonzálezado artigo We are not Celts at all but Galicians de Brian Donnelly, publicado en The Herald.

As nacións célticas como Escocia e Irlanda teñen máis en común co portugués e español que cos celtas de Europa central, segundo un novo informe académico. O historiadores creron durante moito tempo que as Illas Británicas foron mergulladas por unha invasión masiva de celtas da Idade de Ferro de Europa central ao redor do 500 AC. Sen embargo, xenetistas no Trinity College en Dublín agora proclaman que o escocés e irlandés teñen máis en común coas persoas de España nor-occidental. O Dr Daniel Bradley, disertante de xenética no Trinity College, dixo que un novo estudo sobre as orixes célticas revelou afinidades íntimas coas persoas de Galicia. Dixo: “É moi coñecido que hai relacións culturais entre as áreas pero agora isto mostra que hai moito mais. Nós pensamos que os vencellos son moito máis vellos que da Idade de Ferro porque tamén mostran afinidades coa rexión vasca que non é unha rexión céltica”. Engadiu: “As ligazóns apontan cara outras nacións célticas, en particular Escocia, pero tamén apontan a España”. Os historiadores creron que os celtas, orixinalmente indoeuropeus, invadiron as illas atlánticas hai 2500 anos nunha migración masiva. Pero usando mostras de ADN das persoas que viven nas nacións célticas e outras partes de Europa, os xenetistas na universidade debuxaron un novo modelo. O Dr Bradley dixo que era posible que os emigrantes se trasladaran da Península Ibérica a Irlanda desde hai tanto como 6000 anos até fai 3000 anos. “Eu non estou de acordo coa idea dunha invasión masiva das Illas Atlánticas na Idade de Ferro. Podemos considerar o océano, en lugar dunha barreira, como unha rota de comunicación,” dixo o Dr Bradley. Os arqueólogos tamén estiveron cuestionando as ligazóns entre os celtas da Franza oriental e Alemania do sul e as persoas das Illas Bbritánicas, e a nova investigación semella demostrar as súas teorías. O estudo de Dublín atopou que as persoas en áreas tradiciónalmente coñecidas como Célticas, como Irlanda, Gales, Escocia, Bretaña e Cornualles, tiñan fortes vencellos entre si e tiñan máis en común con persoas da Península Ibérica. Tamén atopou que a xente de Irlanda ten máis en común cos escoceses que calquera outra nación. “O que nós suxerimos é que esta comunidade da faciana Atlántica é moito máis vella, de hai 6000 anos ou antes”, engadiu o Dr Bradley. Hai tamén íntimos vencellos entre Escocia e Irlanda que datan de moito máis atrás cás plantacións dos 1600s cando moitos escoceses se trasladaron á Irlanda do Norte en busca de terras de cultivo fértiles, tal como desmotrou a investigación. Sen embargo, os investigadores non poderían determinar se a pele clara, as pecas, o pelo vermello e temperamento fero son de verdade riscos Célticos. Stephen Oppenheimer, profesor de ciencias socio-médicas clínicas en Oxford, dixo que os celtas de Escocia ocidental, Gales, Irlanda e Cornualles descenden de antigos habitantes da costa Atlántica cando Bretaña aínda estaba conectada co continente europeu, mentres que o inglés estaba máis estreitamente relacionado coas xentes xermánicas do interior. Dixo: “Os ingleses son os diferentes porque eles eran os máis vencellados á Europa continental. O escocés, o irlandés, o galés e o cornish son todos moi similares no seu modelo xenético ao vasco”. O estudo encabezado polo Dr Bradley publicouse no American Journal of Human Genetics.

La creencia en el Apóstol Santiago – 1ª parte

Martes, Abril 6th, 2004

Análisis que hace el escritor Américo Castro sobre el culto al Apóstol, dentro del contexto histórico de España.

El nombre, la expansión y la magnificencia de algunas ciudades romanas se debe al hecho de haber sido construidas sobre lo que había sido el campamento de una célebre legión; pues bien, Santiago de Compostela (“Campus Stellae”) se alzó sobre el espacio de lo que era un campamento espiritual, fue consecuencia del culto rendido al sepulcro en donde yacía el cuerpo de uno de los mayores apóstoles de Cristo.

La historia de los españoles no hubiera sido, en efecto, como fue, sin la creencia de hallarse en Galicia el cuerpo de un discípulo y compañero del Señor, degollado en Palestina y trasladado a España en forma milagrosa; regresaba así a la tierra antes cristianizada por él, según una tradición que no tendría sentido discutir y que existía desde antes de la llegada de los árabes. La fe en la presencia del Apóstol sostuvo espiritualmente a quienes luchaban contra los musulmanes; su culto determinó la erección de maravillosos edificios, tanto en Santiago como a lo largo de la vía de los peregrinos y sus consecuencias para la cultura fueron considerables; por el camino llamado francés discurrieron millones de personas, que mantuvieron a los reinos cristianos en contacto con el resto de Europa. Arte, literatura, instituciones, costumbres y formas de expresión lingüística se entrelazaron con la creencia en tan prodigioso hecho, acaecido en el “Finis Terrae” de la Europa cristiana, flotante en la bruma de un paisaje indeciso.

A pesar de lo mucho escrito sobre Santiago de Galicia, seguimos preguntándonos cómo fue posible tal hecho. Se comprende que Roma, cabeza del imperio, hallase una continuación en la Roma cristiana y que Jerusalén adquiera extraordinario relieve. Galicia, en cambio, carecía de importancia; no tuvo significación perceptible ni cuando era romana, ni bajo los suevos y visigodos; esperaríamos entonces, que un milagro acontecido allá hubiera tenido vigencia sólo local y que hasta hubiese sido rechazado como ilegítimo al ser conocido fuera de España. No ocurrió así y hay, por tanto, que pensar de nuevo en tan voluminoso suceso para que no continúe como un azar inconexo y mudo.

A comienzos del siglo IX se veneraba, cerca de la antigua ciudad de Iria Flavia, un sepulcro que se decía encerrar el cuerpo del Apóstol Santiago. La opinión ortodoxa siempre admitió que el apóstol era Santiago el Mayor, hijo del Zebedeo; pero la creencia popular, frente a la de los doctos, adoró a un Santiago que incluía al Mayor y al llamado “hermano del Señor” en el Evangelio (Santiago el Justo, o sea, el Menor), calificativo tomado al pie de la letra, por quienes veneraban el sepulcro. La yuxtaposición de ambos origina al que hoy conocemos como Santiago de Compostela.

De no haber sido España sumergida por el Islam, el culto a Santiago no hubiera prosperado. Mas la angustia de los siglos VIII y IX fortaleció la fe en un Santiago hermano del Señor que, habría de lograr innumerables victorias, al descender del cielo en su blanco y radiante corcel. Aparece en efecto, con la creencia en Santiago un tipo de existir originalísimo, sin exacto paralelo en la Europa cristiana, aunque tal vez sí en los estados musulmanes e israelita en donde se confunden las nociones de Estado y Religión. El culto a Santiago no fue un simple rasgo de piedad, utilizado luego en la lucha contra el moro. La verdad es, por el contrario, que tal creencia salió del plano humilde del folklore y asumió dimensión incalculable como respuesta a lo que estaba aconteciendo en el lado musulmán: a una guerra sostenida y ganada por la fe religiosa, se intentó oponer otra fe bélica, grandiosamente espectacular, apta a su vez para sostener al cristiano y llevarlo al triunfo.

Si Santiago de Galicia fue una fusión de los dos Santiagos evangélicos, la actividad militar y ecuestre de Santiago Matamoros supone en el apóstol cristiano unos rasgos enteramente ajenos a cuanto dicen sobre él los Evangelios, los Hechos de los Apóstoles y otras fuentes hagiográficas. El Santiago en que creían los españoles del siglo IX es el que luego aparece descrito en la Crónica General de Alfonso el Sabio, al narrar la aparición milagrosa del Apóstol en la batalla de Clavijo (822), en unos términos que corresponden a lo que esperaba la gente, habituada por tradición a imaginarse a Santiago bajando del aire sobre un caballo blanco para bien de sus patrocinados.

Al situar la fe en Santiago en un espacio, en un tiempo, en una tradición de cultura y en un funcionamiento de vida, su realidad se hace tan plausible como valiosa. La necesidad, la imaginación y la voluntad de los acorralados en el noroeste de la Península inyectó nueva vida -vida cristiana- a un motivo tradicional de origen pagano, latente en Hispania como en toda la Europa de tradición greco-romana (genios auxiliadores de la humanidad, como Cástor y Pólux -los Dioscuros- que, de igual manera, descendían de los cielos sobre blancos caballos para luchar a favor del ejército de su predilección).

Lo acontecido con Santiago en Galicia no se debe a que tales o cuales mitos o creencias hubiesen ido discurriendo “folklóricamente” a través de la memoria y la fantasía de una serie de generaciones; la fe en la imagen y en las virtudes del Apóstol fue tema primordial para la vida y por eso se hizo tema central de ocupación y de preocupación para el pueblo, para su conciencia colectiva. Esta reobró sobre el tema tradicional activamente y no se contentó con lo que la tradición o la leyenda iba decantando ocasionalmente en la memoria. No bastó, por lo mismo, que el Apóstol combatiese sobre un caballo blanco, pues a eso se agregó, para magnificar su poder, otro aspecto de remotas tradiciones, condicionadas por el culto a los Dioscuros. Su carácter de divinidades gemelas se proyectó sobre la heterodoxa creencia de ser el Apóstol, hermano gemelo de Jesús.

La Iglesia siempre interpretó tal hermandad espiritualmente, pero el pueblo (cuyos puntos de vista reflejan los escritos apócrifos) tomó tal hermandad en sentido ingenuo y esta creencia se refleja en la pintura y en la escultura, observándose que el retrato de Santiago se distingue de la figura de Cristo, sólo por el largo báculo de peregrino. Si para el pueblo cristiano Santiago era el hermano del Señor, ¿qué pensaban entretanto los musulmanes de su rival, el Apóstol gallego? Ibn Hayyãn, historiador cordobés (987-1076) recoge el siguiente testimonio:

“Santiago es una ciudad en la región más apartada de Galicia y uno de los santuarios más visitados, no sólo por cristianos de España, sino también de Europa; para ellos es Santiago tan venerable como para los musulmanes lo es la Kaaba en la Meca, pues en el centro de su Kaaba se encuentra también el objeto de su suprema adoración. Juran en su nombre y van allá en peregrinación desde los lugares más distantes de la cristiandad. Pretenden que el sepulcro colocado en aquella iglesia es el de Santiago, uno de los doce apóstoles y el más amado por Jesús. Los cristianos lo llaman hermano de Jesús, porque no se separaba de él. Dicen que fue obispo de Jerusalén y que anduvo predicando la religión y haciendo prosélitos, hasta llegar a aquel remoto rincón de España. Volvió luego a Siria, en donde murió a la edad de 120 años solares. Pretenden igualmente que, después de su muerte, sus discípulos lo trajeron y lo enterraron en aquella iglesia, por ser el lugar más lejano en donde había dejado la huella de su predicación”.

No se trataba pues, meramente del entusiasmo devoto de quienes dan culto a un santo o una virgen determinados, y confían en su poder extraordinario; lo que caracteriza el culto de Santiago hasta el siglo XII, es el propósito de destacar su proximidad e intimidad con Jesucristo.

Católicos eminentes han puesto en duda la existencia del cuerpo de un apóstol de Cristo en el santuario de Galicia, argumentando que se trata de una tumba de tiempos romanos. La reacción antisantiaguista tomó incremento en el siglo XVIII, cuando ya no había enemigos musulmanes contra quienes hacer guerra santa y cuando el horizonte religioso no era, ciertamente, el de los siglos X y XI. El error de esos doctos eclesiásticos consistió en pretender demostrar lo racionalmente indemostrable. Las creencias se instalan en el vacío dejado por otra creencia y arraigan y se fortalecen en virtud de necesidades y circunstancias muy precisas, independientes de toda demostración.

Piénsese en cuán absurdo sería el mero intento de demostrar “científicamente” que el cuerpo de un apóstol fue traído de Jafa a Galicia el año 44 D.C., custodiado por los ángeles y que, unos ochocientos años después, dio señales de su presencia. Lo que importa en el caso presente, es la intensidad de la creencia en Santiago y sus incalculables consecuencias. Los confines entre lo real y lo imaginario, se desvanecen cuando lo imaginado se incorpora al proceso mismo de la existencia colectiva, pues ya dijo Shakespeare, anticipándose a modernas filosofías, “estamos hechos de la misma materia de nuestros sueños”. Cuando lo imaginado en uno de esos sueños, es aceptado como verdad por millones de personas, entonces el sueño se hace vida y la vida, sueño.

Santiago se irguió frente a la Kaaba mahomética como un alarde de fuerza espiritual. La ciudad de Santiago aspiró a rivalizar con Roma y Jerusalén, no sólo como meta de peregrinación mayor, porque, si Roma poseía los cuerpos de San Pedro y San Pablo, si el Islam que había sumergido a la Hispania visigótica combatía bajo el estandarte de su Profeta-Apóstol, los hispano-cristianos del siglo IX, desde su rincón gallego, desplegaban la enseña de una creencia antiquísima, magnificada en un impulso de angustia defensiva. La presencia en la casi totalidad de la Península de un pueblo poderoso e infiel, avivaría necesariamente, el afán de ser amparados por fuerzas divinas en aquella Galicia del año 800.

Los musulmanes habían extendido sus dominios desde la India hasta Coimbra, impulsados por una fe combativa, inspirada en Mahoma, apóstol de Dios. Los cristianos del Noroeste poseían escasa fuerza que oponer a tan irresistible alud y millares de voces clamarían por un auxilio supraterreno que sostuviera sus ánimos y multiplicara su poder. Cuando las guerras se hacían más con valor y unidad de decisión que con armamentos complicados, el temple moral del combatiente era factor decisivo. Era indispensable la confianza en una fuerza visible y próxima, capaz de oponerse al mortífero grito de ¡Mahoma! lanzado por el adversario. Era urgente realzar el ánimo de un pueblo acorralado y en constante agonía y al cual, la ruina del reino visigodo dejaba colocado en primera línea.

Así pues, se cumplió en España el paso de un Santiago, apóstol pacífico, a un Santiago marcial e invicto, convertido en un anti-Mahoma y su santuario en la anti-Kaaba. Sobre tal fondo, se entiende el sentido de tan enorme creencia y sus reflejos dentro y fuera de España. La creencia en el luchador invicto era algo comprendido por el musulmán y un eficaz escudo para el cristiano. Así se desbordó la fantasía de quienes vieron en el Apóstol una fuerza divina, jinete en su níveo e inmortal caballo, protector de la agricultura y sumo taumaturgo.

Fuente: “La realidad histórica de España” Américo Castro.
Editorial Porrúa, S.A., Colección “Sepan Cuántos…” no. 372.
9ª Edición, Noviembre de 1987, México, D.F.

SANTA COMPAÑA DE INMORTAES GALEGOS

Xoves, Novembro 27th, 2003

Xa estamos no Mediterráneo, a navegar polo charco latino…..

Santa Compaña de inmortaes galegos

“Xa estamos no Mediterráneo, a navegar polo charco latino. A noite cerrouse ao redor do barco, e por unha rendixa do noso camarote o vento está susurrando a Negra Sombra de Montes, que me sostén en vixilia. E así podo eu maxinar unha Santa Compaña de inmortaes galegos, en interminable procesión. Alí vexo as nobres dignidades e os fortes caracteres que dou Galiza no decorrer da súa historia. Todos camiñan en silenzo, coa faciana en sombras e o mirar caído na terra dos seus pecados ou dos seus amores, agachando ideias tan vellas que hoxe nin tan siquera poderíamos comprender, e sentimentos tan perennes que son os mesmos que agora bulen no noso corazón. Algúns van revestidos con ricos panos e faiscantes armaduras, e os máis deles van descalzos e nus, cos osos prateados polo fulgar astral.”

“Ao frente de todos vai Prisciliano o heresiarca decapitado, levando a súa propia caveira nunha arqueta de marfín e afincándose nun longo caxato, que remata coa fouce dos druidas, a modo de báculo episcopal. Siguen a Prisciliano moitos adeptos, varóns e mulleres. Detrás veñen dous magnates, que cicais sexan: Teodosio, o grande Emperador de Roma, e San Dámaso, o Sumo Pontífice da cristiandade, seguidos ambos por unha hoste de soldados e eclesiásticos. Ollamos despois unha ringleira de mortos esclarecidos, que portan o atributo da súa dignidade ou profesión. Alí distinguimos á virxe Eteria, con túnica de branco liño e camiñando con arfado compás. Ao historiador Paulo Orosio, discípúlo de San Agostiño, que marcha pensatible cun rolo de pergameos na man. Ao bispo e cronista dos tempos suevos, Idacio, que alumea o camiño cunha lámpada de bronce. A San Pedro Mezonzo, o autor da Salve Regina Mater, o cántico e a oración máis fermosa da Eirexa, cunha fragante azucena nos beizos. Ao fundador San Rosendo, que sostén litúrxicamente a custodia do noso escudo tradicional. E moitos, e moitos máis, que é dificultoso recoñecer. Logo vemos ao primeiro Arzobispo de Compostela, o gran Xelmírez, revestido de pontifical, con aurifulxente cortexo de mitrados e coengos. Após do prelado vén Alfonso VII, o Emperador, con cetro na destra, espada na sinistra e coroa de ouro e pedrerías nas sens. Siguen ao Emperador, o Conde de Traba, seu aio, e demais bultos da soberba feudal de Galiza. Ollamos despois aos monxes letrados, en longa ringleira, con velas acesas e libros abertos. Ven despois o mestre Mateo o Santo dos Croques, co Apocalipsis debaixo do brazo, encabezando unha grea de arquitectos e imaxineiros, que portan as ferramentas das súas artes. De seguida a parece unha moitedume de xograres e trovadores, en mistura de tipos e atavíos. Algúns asemellan ter sido monxes; outros calzan esporas de ouro, en sinal de que foron cabaleiros; pero os máis deles van esfarrapados, con vellas cítaras, laúdes e zanfonas ao lombo. Alí recoñecemos a Bernaldo de Bonaval, Airas Nunes, Eáns do Cotón, Pero da Ponte, Pero Meogo, Xohán de Guillafe, Meendiño, Xohán Airas, Martín Codax, Paio Gomes Chariño, Macías o Namorado, e moitos máis, todos con lume no peito. Non tardan en aparecer as dúas belidas irmáns, Inés e Xohana de Castro, a que reinou en Portugal despois de morta e a que foi raíña de Castela nunha soia noite morna de vran, como dúas rosas murchas, levando en bandexas de prata as coroas do seu efímero reinado. Veñen de seguida os moitos varóns altaneiros de Galiza, os señores feudaes, que non souperon vivir en paz, nin consigo mesmos, todos eles montados en bestas negras, dende Andrade, o Bo, seguido por un porco montés, símbolo totémico da súa casa, até o valente Pedro Madruga, que leva o puñal da traición espetado nas costas. Como grupo singular destácase o Mariscal Pardo de Cela, xunto cos seus compañeiros de marteiro, inxustamente decapitados, que sosteñen con entrambas mans as propias cabezas, aínda frescas, que deitan sangue e piden xusticia. Tamén ollamos unha boa representación do feudalismo eclesiástico, e nel distinguimos aos tres Arzobispos Fonseca, pai, fillo e neto, seguidos por unha mula cangada coas obras de Erasmo. E detrás de tanto señorío feudal, ven a pé o seu mellor cronista, Vasco da Ponte. De seguida recoñecemos a impoñente tropa dos irmandiños, que arrastran cadeas, con bisarmas e fouces mangadas en paus levando por abandeirado a Rui Xordo, que sostén en outo un facho de palla acesa e fumeante.”

“Eiquí comenza a decaer a categoría do fúnebre cortexo, como decaíu Galiza ao trocarse en pobo sometido. Pero sigue dando individualidades, como Sarmiento de Gamboa e os Nodales, que camiñan xuntos, portando astrolabios, atlas e cunchas estrañas; o filósofo escéptico, Francisco Sánchez, con muceta de doutor; os virreis de Nápoles e das Indias, Conde de Lemos e Conde de Monterrei, que serviron lealmente a quen non merecía ser servido por ningún galego; os tres grandes embaixadores felipescos, Zúñiga, de Castro e Gondomar, que inutilmente derrocharon talento, sabiduría e artes diplomáticas; os escultores Moure e Ferreiro, xunto cos arquitectos Andrade e Casas e Nóvoa, que ceibaron de cadeas a nosa orixinalidade oprimida; o P.Sarmiento e o P.Feixóo, que remediaron o retraso cultural de Hespaña coa súa poderosa erudición e o seu xenio enciclopédico. Vén axiña Nicomedes Pastor Díaz, coa súa lira de nacra, abrindo a renacencia literaria de Galiza e seguido polos poetas Añón, Rosalía, Curros, Pondal, Ferreiro, Lamas, Amado Carballo, Manoel Antonio e tantos outros, todos con estrelas sobor das súas frentes; os historiadores Vicetto, Murguía e López Ferreiro; os patriotas Faraldo e Brañas; a pensadora Concepción Arenal, a escritora Pardo Bazán e, por fin, o gran don Ramón, aínda non ben descarnado.”

“Acabo de citar algúns bultos da Santa Compaña de inmortaes galegos; pero nos dous mil anos da nosa Historia os bultos cóntanse por milleiros. Di Oliveira Martíns que na Historia non hai máis que mortos, e que a crítica histórica non é un debate, senón unha sentencia. Mais eu digo e aseguro que os mortos da Historia son inmortaes, porque resucitan e mandan sobor dos vivos, como digo e aseguro que a mellor sentencia é a que se dá despois dun debate. Por eso poño a debate a nosa Historia -non a nosa Tradición-, porque se ben é certo que se pode compor unha gran historia de Galiza con soio recoller as crónicas dos seus grandes homes, tamén é certo que ningún deles, nin todos eles xuntos, foron capaces de ergueren a intransferible autonomía moral de Galiza á categoría de feito indiscutible e garantizado. Por sorte, Galiza conta para a súa eternidade, con algo máis que unha Historia, como axiña me foi permitido ver…”

“En canto a Santa Compaña dos inmortaes se perdeu na espesura dunha froresta, vin xurdir da terra da nosa Terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados, que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornable da patria galega. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma, a cultura, as artes, os usos e costumes, i, en fin, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio, infundíndolles a tódalas cousas que na paisaxe se amostran o seu proprio espírito, co que pode dialogar o noso corazón antigo e panteísta. Elas son as que gardan e custodian no seo da terra-nai os legados múltiples da nosa Tradición, os xermes incorruptibles da nosa futura Historia, as fontes enxebres e purísimas do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o pobo, que nunca nos traicionou; a enerxía colectiva, que nunca perece; a esperanza celta, que nunca se cansa. Esa infinida moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre.”

“Despois, a miña saudade aínda quixo visitar devotamente os moitos cimeterios de Galiza, onde durmen os derradeiros mártires da Liberdade, en número incontable. A miña imaxinación veu unha fogueira en cada cimeterio, como outros tantos clamores de xusticia. Pero no de Pontevedra veu unha labarada que chegaba até o ceo. Era o lume do espírito de Bóveda que non figura na Santa Compaña dos inmortaes, porque non pertence á Historia senón á Tradición, en arume de Lenda. Bóveda terá de ser nun mañán próximo ou lonxano, a bandeira da nosa Redención.” (Extraido de Sempre en Galiza-Castelao).

Á fronte desa Santa Compaña de inmortaes galegos vai hoxe Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, quen xunto cos galeguistas que loitaron porque Galiza sexa forte e recoñecida en tódolos eidos da vida e do mundo vannos amosando os vieiros polos cales discurre esa procesión de mortos ilustres, coñecidos e descoñecidos, por un camiño ainda a meio facer e que debemos continuar nós da mellor forma posible.

Un deses vieiros a percorrer é a Arquitectura, ferida de morte na meirande parte das ocasiós e resucitada gracias ós que ainda creen que os arquitectos crean escearios pra vivir neles e non pra pasar á historia de premios e agasallos sen valor.

A cantidade de luceciñas e vagalumes vai disminuindo… Pero a nosa esperanza celta non pode desaparecer. Agardemos que axiña sexa un novo enxamio infinito o que guíe e reforce o futuro de Galiza.

Los primeros pobladores de Galicia

Venres, Xuño 1st, 2001

Enrique Rodríguez Alvarez desde Panamá hace su aportación sobre la cuestión de los Ligures en Galicia.

CONCEPTOS BASICOS sobre HISTORIA ANTIGUA de GALICIA
(sus primeros pobladores).

Se ha insinuado la posibilidad de una o varias glaciaciones en Galicia. Pero el clima oceánico que predomina en el N.O. de la península permitió el establecimiento de poblaciones mas o menos estables a lo largo del período cuaternario, cuyos vestigios y utillaje ha sido descubiertos en diferentes lugares a través de los años.

El Paleolítico aporta abundante material sobre todo en una larga faja ribereña del Río Miño, desde Tuy hasta La Guardia (ejemplares de almendras acheulenses, raspadores camposanquiense y otros instrumentos del paleolítico inferior). Del paleolítico también se descubren rastros importantes en Los Peares, en Caballino y en los alrededores de Orense y en menor cuantía en las márgenes de la Ría de Vigo, Maceira y Bayona.

Después aparecen los concheros Kioekkenmondingen propios del epipaleolítico o posteriores, los más importantes fueron descubiertos por el P. Jalhay y estudiados por éste y el Dr. Joaquín Fontes de Lisboa, y se encontraron al pié del célebre facho de Santa Tecla, así como en el castro de San Cristóbal, cerca de Vilagarcía y el Neixón cerca de Boiro.

Del Neolítico y Eneolítico hay abundante material caracterizado por puntas del flechas, cuchillos, hachas pulimentadas, etc. Mayormente de piedras como fibolita, serpentina, sílex, etc. También aparecen algunas hachas y cuchillos de cobre, preludio de la gran cultura gallega de Bronce. De este período son los importantes monumentos megalíticos entre los que destacan: Los dólmenes de Cabaleiros, Monte Bocelo, Coba da Moura, Arca da Piosa y Casa dos Mouros, y el célebre de Dombate (Laxe), canatdo por Eduardo Pondal (la Pena do Rapouso), en la gándara de Melide.

La edad de Bronce se establece entre 2,000 y 1,000 A.C. con los notables hallazgos de Rufelo en la La Limia y las abundantes hachas de talón de San Xoán de Lagoa en Pastoriza. También la notable hoja de espada del segundo período neolítico de Tucela en Parada del Sil. Los abundantes petroglifos del bajo Lérez en Pontevedra son considerados de la edad de Bronce.

En el Neolítico aparece la agricultura acompañada de sus particulares ritos religiosos, se trabajan extrañas construcciones megalíticas, se trabajan los castros, hachas bellamente pulimentadas y útiles de bronce, surge el culto a las divinidades de las aguas. La cultura neolítica fue desarrollada y conservada, aún después de la dominación romana por el grupo étnico llamado los Celtas. Así pues, el castro neolítico y el castro celta aparece en el umbral de la historia antigua de Galicia y persevera su recuerdo en la geografía y vida actual.

Algunas teorías pretenden despojar al grupo étnico celta de este merecido honor. Un grupo de arqueólogos e historiadores como Mullenhof, Camilo Jullian, D’Arbois de Juvainville, no vacila en identificar a los LIGURES como antecesores históricos de los Celtas en Britania, ambas Gallias e Hispania. Los ligures fueron un grupo poblacional asentado en una reducida área territorial del N.O. de Italia, fronteriza con El S.E. de Francia (en la actual región de Niza, Mónaco, Turín, Cuneo, etc), pueblo que no parece tener características migratorias ni conquistadoras comprobadas. El insigne explorador de Numancia y de los Tartessos, Schulten, considera ligur a toda la península hispánica antes de la invasión de los Iberos de estirpe africana y pretende explicar el idioma vasco como ligur. El único asidero de la teoría Schulten se basa en similitudes de nombres poblacionales gallegos con algunos ligures, así: Iria, al lado de Padrón, Támara, Tambre, Baenis, Beón y otras etimologías gallegas son ligures, según Schulten, quien también establece el parentesco entre el antiguo nombre de Albión aplicado a Britania con denominaciones gallegas como Alba, Albán y Albeiros. Fuera de estas hipótesis, la presencia ligur en Galicia no parece tener ningún asidero científico.

Los Celtas pertenecen, arqueológicamente hablando, a la primera y segunda Edad de Hierro, pertenecen a dos importantes asentamiento culturales conocidos como Hallstadt (Austria) y La Téne (Suiza), etnográficamente pertenecen al grupo indoeuropeo. Ingresan a la península hispánica alrededor del año 600 A.C. para dominar la región central de Hispania, siendo desplazados de allí por la invasión de los Iberos provenientes de Africa, a pesar de su fusión cultural con estos últimos, conocidos como los Celtíberos, sólo quedaron dos grupos celtas puros asentados, uno en Galicia y otro al Norte de Portugal. En toda la Galicia (Galicia Romana) y en el Algarbe portugués. Otra opinión de Schulten hace de los Celtíberos ( Robur Hispaniae–según Adriano– núcleo en el alto Duero de la resistencia contra Roma ) íberos establecidos en tierras celtas. Se mantiene la tesis de que los Celtas eran una raza aristocrática y dominante, con sentido expansionista que se impusieron a los habitantes neolíticos y de la época de Bronce establecidos en Galicia—los ligures de Schulten (?) o bien los antiguos pobladores que permanecían asentados desde el paleolítico y principios del neolítico.

Tomado de fragmentos de escritos sobre Historia de los Orígenes de Galicia del insigne Ramón Otero Pedrayo, editorial Galaxia.




Acerca de unos habitantes que dicen estuvieron en Hispania Los Ligures ?????
Quizás el célebre OLAFO los conoció ….vaya Ud. A saber !!!

Dr. Enrique Rodríguez Alvarez.
desde las riberas del canal de Panamá.

O nacemento de Galicia

Sábado, Febreiro 3rd, 2001

Fernando Lamas, cubano residente nos EE.UU. ten estudiado moito da Historia de Galicia, terra dos seus antergos. Aquí nos fai un bo resume da formación de pobo galego.

O pobo orixinal da peninsula Ibérica eran os IBEROS. En 1800 antes de Cristo (A.C.) chegaron os CELTO-LIGURIANOS (os antegros dos galegos) e conquistaron as terras que hoxe en día son Galiza e Portugal e norte Iberia. Os Iberos entón reconquistaron as terras de norte Iberia pero non as de Galiza e Portugal. Polo tanto, os celtas foron isolados de seus curmáns en Francia antiga. En 650-550 A.C., chegaron os CELTAS HALLSTAT a Iberia e conquistaron a Iberia central e Iberia do norte pero non as terras dos Celtas antigos de Galicia e Portugal. Os Iberos entón teñen as terras de Iberia do sul, de Iberia ocidental e as terras de Euskadi. En Iberia central, os pobos dos Celtas novos e Iberos mistúran-se e foi nado o pobo CELTO-IBERO. Os Celtas de Galicia eran de sangue con pouca sangue Ibera.

Os Cartagines chegaron nos 400’s A.C. e conquistaron o sul de Iberia. Os Romanos chegaron a Iberia en 218 antes de Cristo (AC), durante a Segunda Guerra Púnica (contra o imperio Cartago). Os Romanos chamaban-le HISPANIA a toda Iberia. Polo tanto, o nome “hispano” de hoxe en día, como en “hispanoamérica”, é o nome de todos os pobos de Iberia e non somente dos Españois. En 206 A.C., os Cartagines foron expulsados de Iberia polos Romanos que herdaron o imperio Cartago en Iberia de o sul.

Os Romanos chamában-lles LUSITANI aos pobos de Portugal sul do Río Duoro e CALLAECI aos pobos celtas norte do Duoro e oeste dos ASTURES. (GALLI, de CELTAE y KELTOI é o nome Romano de “Celta”.) Os Callaeci foron divididos polos Romanos en LUCENSES no norte e BRACARENSES no sul da terra dos Callaeci. Os Lucenses foron subdivididos nos ALBIONES, ARRONI, ARTABRI, BAEDYI, CIBARCI, CILENI, COPORI, EGIVARRI NAMARINI, IUADOVI, LEMAVI, NERI, POEMANI, PREASTAMARCI, SUERRI e CELTXCI SUPERTAMARCI. Os Bracarenses foron subdivididos nos AEBISOCI, AMPHILOCI, AUREGENSES, AQUIFLAVIENSES, AUOBRIGENSES, BRACARI, COELERNI, EQUAESI, GROUII, HELLENI, INTERAMICI, LEUNI, LIMICI, LUANCI, LUBAENI, NARBASI, NEMETATI, QUARQUERNI, SEURBI e TAMAGANI.

Nos anos 155-139 A.C. os Romanos conquistaron aos Lusitanos en Portugal. En 138-136 A.C. , DECIMUS JUNIUS BRUTUS (non foi o famoso Brutus) invadiu aos Callaeci pero non os conquistou permanentemente. Pola expedicion, tomou o nome honorifico BRUTUS CALLAICUS e polo tanto é o primeir home na historia de apelido “Gallego” :^) En 60 A.C. GAIUS JULIUS CAESAR invadiu aos Callaeci cunha armada que navegou ata BRIGANTIUM (A Coruña) pero a expedición era máis para roubar ouro que conquista. En 25 A.C., en MONS MEDULLIUS, un castro dos Callaeci, as Lexións de P. CARISIUS, xeneral de CAESAR AUGUSTUS, conquistaron os Callaecis. Eles foron o último pobo conquistado polos Romanos en Hispania. En 23 A.C. os Lexionarios vedraños (EMERITI) da guerra contra os Caelleci das Lexiones V e VII, fundaron a cidade de AUGUSTA EMERITA (Mérida) no centro de Hispania. En pouco tempo despois da guerra, os Romanos fundaron a cidade de LUCUS AUGUSTI, “albogo sagro de Agosto” (Lugo) como unha cidade Lexionaria para manter a conquista dos Callaeci.

A terra conquistada dos Callaeci entón foi parte da provincia Romana de HISPANIA CITERIOR. As outras dúas provincias en Hispania entón eran LUSITANIA (o sul-oeste) e BAETICA (no sul). No tempo do emperador VALERIANUS DIOCLETIANUS (284-305

despois de Cristo), o emperador cambiou as provincias para estabelecer máis autonomía rexional. Entón o emperador Diocletianus estabeleciu a provincia de GALLAECIA, “terra dos Celtas”, coas terras norte do Duoro e este ata LEGIO VII GEMINA (León). O emperador THEODOSIUS “o Grande” foi nado en Gallaecia.

Autor: Fernando Lamas, bisneto de galego.