Archive for the ‘Actualidade en Galicia’ Category

Chámalle Uxía, chámalle Brais

Martes, Novembro 9th, 2010

Antía, Anxo e Brais son os nomes galegos máis frecuentes na década de 2000 ao 2010, de acordo cun informe do Observatorio do Consello da Cultura Galega, obtido a través de datos do Instituto Nacional de Estatística. O traballo revela que desde 1970 o número de nomes galegos entre os máis frecuentes de Galicia incrementouse en máis dun mil por cento. Así, na década dos 70, os nomes galegos máis frecuentes supuñan 1,55 por cada mil; na dos 80 subiuse a 7,37, a 10,8 no noventa e na vixente década a proporción é dun 18,7 por cada mil. Así, na década dos 70, só 913 nenos se chamaban Antía, Anxo, Brais, Iago, Iria, Noa ou Uxía, mentres actualmente son un total de 10.726. O nome galego cunha distribución proporcional máis frecuente é Uxía en Ourense, onde 25 de cada mil nenas nadas na década chámanse así. O nome de neno máis común en galego tamén se atopa nesta provincia, xa que 22 de cada mil homes nados entre 2000 e o 2010 chámanse Brais.

A pesar do aumento da proporción de nenos que reciben nomes galego ao naceren, a situación segue estando moi afastada da que se dá en Catalunya, Euskadi, Navarra, Illes Balears e mesmo Valencia. En Galicia, entre os nenos só Brais se coa entre os dez antropónimos máis utilizados; e só tres nomes de nenas ocupan as primeiras posicións: Noa foi o cuarto máis común en 2009, Uxía, o quinto e Antía, o décimo. Pola contra, os nomes autóctonos arrasan noutras comunidades. Marc é o nome máis repetido en Cataluña e Baleares entre os recentemente nacidos en 2009 e tamén se sitúa entre os nomes máis elixidos na Comunidade Valenciana. Iker alcanza o primeiro posto no País Vasco e Navarra. Ane é o nome preferido para as nenas no País Vasco e Irati o é en Navarra.

Esta situación reprodúcese na emigración. Non é infrecuente que os fillos dos emigrantes no País Vasco teñan nomes de orixe vasco. Ese xesto, no momento do nacemento, resulta unha áncora podente para ese construción identitaria. En cambio, isto non sucede entre os fillos de galegos, dos que só unha parte moi pequena leva nomes como Antía ou Martiño ou Noa. Os nomes autóctonos supoñen un acto de ligazón coa cultura propia, de afirmación dunha identidade singular, tan necesaria e valiosa nun mundo que soporta unha presión tan forte de uniformidade cultural.

Podes consultar listas de nomes galegos en varias publicacións, e na rede por exemplo na páxina de Nomes-galegos.info, posta en marcha por Fillos.

Migracións e medios de comunicación: aumentar o contacto, mellorar as prácticas

Martes, Novembro 9th, 2010

A facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acolle esta semana o VI Foro Cidadanía e Medios de Comunicación, centrado nesta ocasión nas migracións. Entre os obxectivos do congreso está analizar as mensaxes que crean os medios sobre a migración co propósito de xerar boas prácticas entre os profesionais da comunicación. Tamén se busca coñecer a dinámica dos medios dos que dispoñen os migrantes como comunidades de diáspora co ánimo de recoñecer e valorar a súa cultura e as iniciativas de participación nos medios. Finalmente, traendo estas reflexións e debate ao ámbito galego, quérese pór de relevo o coñecemento da experiencia migratoria galega como elemento de encontro e proposta de valor á hora de comunicar políticas de recursos e dereitos ou elaborar información.

Entre os traballos máis destacados que se presentarán destaca, por exemplo, a achega do investigador brasileiro Denis P. Reno, que falará sobre As redes sociais como aliadas de grupos migratorios, ou a da francesa Isabelle Rigoni, cun relatorio titulado Migración, comunicación, mundialización e diversidade cultural.

Haberá tamén mesas redondas, como a que reunirá a Marga Tojo (Galicia Hoxe), Sonia Torre (La Región Internacional), Mónica Alzate (USC) e Carlos Punzón (La Voz de Galicia) para debater o tratamento das migracións na prensa. Ou o que tratará a emigración galega na radio, coordinado por Mónica Rebolo. Para rematar, o venres 12 pola tarde, desenvolverase un obradoiro sobre Usos das redes e outros medios de comunicación por colectivos migrantes coordinado por Maria Fidalgo da Plataforma polo Emprego.

As asociacións de emigrantes retornados reclaman a axuda da Xunta de Galicia

Martes, Novembro 9th, 2010

O Foro Galego de Inmigración vai realizar, de forma pública, unha Solicitude Urxente ao Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia o vindeiro mércores día 10 de Novembro ás 11 da mañá na sede desa Secretaría Xeral de Emigración (Rúa Basquiños nº 2-Santiago de Compostela) para que faga efectiva xa a habitual Convocatoria de Axudas para Asociacións de Inmigrantes e Emigrantes Retornados de Galicia para este ano 2010.

Xa no pasado mes de outubro o Foro transladoulle ao Sr. Secretario Xeral a fonda preocupación que teñen as Asociacións de Inmigrantes e Emigrantes Retornados de Galicia por esta cuestión. Non obtivo resposta pola súa parte, pero o funcionariado deste departamento autonómico remitiunos á convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral de Emigración (DOG 23 de Xullo) dirixida a entidades sen ánimo de lucro. Porén, tratase de dúas convocatorias ben diferentes, xa que a convocatoria de xullo ía destinada a ONGs, como o demostra o feito de que as subvencións concedidas ao abeiro desa orde se destinaron de forma exclusiva a ONGs que traballan con inmigrantes e emigrantes retornados, pero non a asociacións formadas por estes colectivos. Deste xeito, as asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados de Galicia quedarían sen axuda ningunha no presente ano 2010 para desenvolver as nosas actividades. Isto podería supoñer a desaparición práctica de moitas das asociacións, que contan con esas pequenas axudas para manter infraestructuras básicas como os propios locais das mesmas.

No acto, o Foro quere tamén facer público e difundir o importante traballo que as asociacións fan na integración do colectivo inmigrante e emigrante retornado en Galicia e tamén a importancia que esas axudas, aínda que pequenas, teñen para a subsistencia das mesmas. O Foro considera razoable, neste tempo de dificultades económicas, un recurte orzamentario das axudas, máis afirma que lle parece da máxima gravidade a eliminación desta via de subvención básica e única para o asociacionismo inmigrante e emigrante retornado de Galicia.

Os cambios no voto dos emigrantes

Xoves, Novembro 4th, 2010

Despois de catro meses de debates no seo da subcomisión que estuda no Congreso a reforma da lei electoral, os principais partidos do arco parlamentario tomaron a decisión de que as eleccións municipais só conten coa participación das persoas que manteñan vivo o seu empadroamento nas localidades onde pretendan exercer o seu dereito ao voto. Os emigrantes si poderán votar, segundo acordou a subcomisión, nas eleccións ao Parlamento (Congreso e Senado, sen ningunha circunscrición específica), nos comicios autonómicos, nas Eleccións Europeas e en todos os referendos que convoque o Estado.

O acordo alcanzado finalmente por todos os partidos excepto Esquerda Unida (que votou en contra) e Coalición Canaria (que se abstivo) deixa fóra na práctica a todos os residentes no exterior, como estaba previsto, aínda que abre a porta á participación aos españois que emigrasen temporalmente e non se deron de baixa no seu padrón municipal de procedencia. Fillos e netos de emigrantes quedarán así fóra do proceso de elección de alcaldes e concelleiros, do mesmo xeito que os seus ascendentes, se xa non contan cunha relación censal directa cos seus concellos de orixe. A proposta será elevada agora pola subcomisión á Comisión Constitucional da Cámara baixa, que á súa vez a remitirá ao pleno do Congreso para o seu debate e votación, coa previsión de que entre en vigor antes das eleccións municipais do próximo ano. Desta forma, os 1.334.772 españois incluídos no censo electoral de residentes ausentes (CERA) perderán por primeira vez a posibilidade de votar nas eleccións locais. Deles, 353.896 están adscritos electoralmente a Galicia, o que supón un 13,29% do censo da comunidade, aínda que en provincias como Ourense representa un 22,1% do seu corpo electoral, e en Lugo, un 13,7%. Isto afectará tamén aos descendentes de exiliados durante a Guerra Civil e o franquismo que segundo a Lei da Memoria Histórica van recibir a nacionalidade española, o que previsiblemente elevará o Censo de Residentes Ausentes de 1,3 a 1,7 millóns de persoas nos próximos meses. O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo animou aos seus alcaldes a incumprir a lei empadroando como veciños aos emigrantes e aos seus descendentes que quixesen votar, o que xa foi moi criticado por PSOE e BNG.

A pesar do desacordo que entre a representación do PSOE no exterior suscitou a reforma electoral, o acordo foi total entre os dous partidos maioritarios, que fixeron seu un ditame do Consello de Estado no que se interpreta que o dereito de voto nas municipais debe quedar restrinxido ás persoas que manteñan a condición de veciñanza onde vaian exercer o voto. Ambos os dous partidos decidiron igualmente instaurar o voto rogado no exterior para as demais consultas electorais, un sistema que rexía até agora nas municipais. Así, os residentes no estranxeiro recibirán a partir de agora un modelo oficial de solicitude para votar nos comicios autonómicos, xerais e europeos, que deberán devolver contestado se queren participar en cada comicio. Con esa petición de participación recibirán a documentación electoral e as papeletas. Desta maneira garántese que todos os inscritos na CERA recibirán de oficio a solicitude e ao mesmo tempo reducirase sensiblemente a impresión e envío de millóns de papeletas como até agora. Ademais, a subcomisión decidiu que se instalen urnas nos consulados para que poidan emitir o voto nelas todos os emigrantes que o soliciten previamente. Os colexios electorais do estranxeiro estarán abertos o tres últimos días de campaña e deberán contar con 52 urnas nos procesos xerais. Os sobres cos votos deberán chegar a España por valija diplomática un día antes dos comicios.

Porén, na práctica, máis alá do previsto pola nova lei, o voto en urna para os residentes no exterior terá que agardar. A reforma electoral abre a porta á posibilidade de exercer o dereito a voto nos consulados ou embaixadas. No entanto, e á falta de que se determine con detalle o modelo, o Goberno central xa asume que o sufraxio en urna “será inviable” e “case imposible de aplicar”. Así o aseguraron fontes do Goberno central, que aclaran que hai “estudos e informes abondos” que consideran “practicamente inviable” facilitar o voto en urna para os emigrantes. O motivo está no complicado sistema electoral español, con circunscricións provinciais. Aplicar o voto presencial no exterior suporía “unha urna por cada circunscrición e papeletas de todas as candidaturas de cada circunscrición en cada espazo consular que se habilite”. Unha tolemia que a Administración considera “imposible” de artellar. Suporían milleiros de paquetes para cada consulado, un problema que se cadra se podería solucionar aplicando outra demanda histórica: unha circunscrición exterior e única para os emigrantes. Pero aí tamén hai atrancos, malia que foi unha das posibilidades seriamente analizadas durante as vinte reunións celebradas pola subcomisión. “Sería fácil de encaixar no Senado, pero imposible no Congreso”, aseguran xuristas do Estado.

Os residentes no exterior mobilízanse
A emigración galega non dá por perdida a durísima loita por tratar de manter a súa participación nas eleccións municipais e por iso iniciou unha ofensiva para intentar modificar a proposición de reforma da lei electoral, que o pasado sábado se rexistrou no Congreso co respaldo de todos os partidos, excepto Izquierda Unida e Coalición Canaria. Desde a directiva dos tres consellos de residentes españois existentes en Suíza decidiuse intentar coordinar aos demais organismos de representación oficial da diáspora en Europa para mostrar en bloque o rexeitamento que aseguran existe entre a emigración á perda da súa condición de electores nos comicios locais. As principais formacións políticas mostraron xa a súa vontade de aprobar a reforma da lei electoral no menor tempo posible, trámite que desde o Congreso se estima que puidese acontecer en febreiro próximo, co que a exclusión da diáspora nos comicios municipais se levaría a cabo xa nas que se convocarán para o 22 de maio. Desde Suíza mandáronse aos consellos de residentes do resto de Europa escritos buscando a adhesión de todos os emigrantes posibles a un escrito que sinala que “os cidadáns asinantes esiximos ao presidente do Goberno de España que impida a exclusión do colectivo emigrante e de non residentes para votar nas eleccións municipais, así como a implantación do voto rogado ou de calquera outro mecanismo que mutile o noso dereito constitucional e recoñecido dereito de sufraxio universal”.

“Resulta triste que o PSOE e o PP, que non se pon de acordo para nada, fágano para recortar os dereitos dun grupo de cidadáns”, laméntase José Raimundo Insúa, secretario do Consello de Residentes Españois en Berna e Basilea. Para este emigrante natural de Vimianzo “esta situación deprime moito cando ves como aquí os grupos folclóricos, educativos e sociais loitan por manter viva a súa identidade e tradicións, mentres que en España se nos trata de apartar e desvincular da nosa terra. Que pensen ata os máis galeguistas que con esta lei, tal e como a queren deixar, Castelao xa non podería votar”, engade. O Defensor do Pobo e a vía de amparo ante o Tribunal Constitucional son as estratexias xurídicas que os consellos de residentes no exterior preparan tamén, se as Cortes non modifican a súa proposta de reforma.

Declarar persoas non gratas aos deputados que apoien a exclusión dos emigrantes é outra posibilidade que apunta Insúa, mentres Francisco Lores, presidente da Federación de Asociacións Galegas en Arxentina, asegura estar a valorar ata a ocupación de sedes oficiais españolas no devandito país para realizar unha protesta internacional. “O Goberno español está a mostrar unha soberbia desmesurada cara aos emigrantes ao non querer nin escoitarnos”, engade Lores. “Non deixan votar, cando o voto é a columna vertebral da democracia”, sentencia, ao tempo que estendeu as críticas á propia formación: “o BNG tennos abandonados, non quere aos galegos de aquí” e lanzou tamén unha mensaxe aos grandes partidos —PSOE e PP—: “se hai corrupción no voto emigrante é porque eles mercan axentes electorais e sacos de votos”. “Nin nos recibiron, a pesar de solicitalo”, constata tamén Francisco Ruiz, presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, para quen a exclusión das municipais “é un atropelo que trataremos de levar ás institucións europeas para que se nos escoite”, engade. Para o mandatario do máximo órgano de representación dos emigrantes, a reforma da lei electoral non garantirá máis transparencia, “xa que a suposta mesa electoral que se montará nalgúns consulados estará presidida e vixiada non por cidadáns neutrais, senón por funcionarios ou os cónsules. ¡Pero en que país estamos!”, exclama Francisco Ruiz. Mentres, o secretario xeral do PSOE en Venezuela e ex senador socialista por Ourense, Cándido Rodríguez, lamentou o acordo acadado e expresou o seu malestar con que se supriman dereitos aos “fillos do exilio político e económico, aos que marcharon de España por necesidade”. Rodríguez laiouse polo trato que España dispensa á súa colectividade emigrante, fronte ao que contrapuxo que países como Italia e Portugal lexislaron “en favor” da súa diáspora: “envéxoos, porque nós estamos sendo maltratados polo Goberno”. Finalmente, propuxo que “se aproveite o potencial dos emigrantes como embaixadores dos produtos españois para revitalizar a economía e resolver a crise”.

María Teresa Michelón Martínez, presidenta do Consello de Residentes Españois, Pedro Belo Díaz, presidente da Federación de Sociedades Españolas da Arxentina, Adonis Pampín Cagide, Presidente da Federación Unión de Asociacións Galegas da República Arxentina, Francisco Lores Mascato, Presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina e Julia Hernando, Presidente da Federación de Sociedades Castelán-Leonesas, asinaron un comunicado no que rexeitan a reforma da lei electoral, lembrando que a Constitución no seu artigo 68.5 consagra que “Son electores e elegibles todos os españois que estean en pleno uso dos seus dereitos políticos. A Lei recoñecerá e o Estado facilitará o exercicio do dereito de sufraxio aos españois que se atopen fose do territorio de España”. Así mesmo, advirte de que o Estatuto da Cidadanía Exterior no seu artigo 4.1 establece que “os españois que residen no exterior teñen dereito a ser electores e elixibles, en todos e cada un dos comicios, nas mesmas condiciones que a cidadanía residente no Estado Español, nos termos previstos na normativa de aplicación”. O comunicado péchase dicindo que “a Comunidade española de Arxentina rexeita enfáticamente calquera reforma limitativa dos seus dereitos e discriminatoria da nosa condición de cidadáns residentes no exterior. Se as expresións do abanico político español uníronse para suprimir os nosos dereitos constitucionais, os cidadáns españois no exterior unirémonos para impedilo, calquera sexa a nosa crenza política individual, pois se trata de xeito evidente dunha proposta discriminatoria, insolidaria, inxusta e lamentable. Se a reforma segue adiante, non nos quedaremos de brazos cruzados. Estanse avaliando todas e cada unha das accións que sexan necesarias para evitar este atropelo, facendo reserva do noso dereito de presentar recursos ante o Tribunal Constitucional, e de denunciar ante a Unión Europea a flagrante, anticonstitucional e discriminatoria supresión de dereitos a máis dun millón e medio de cidadáns dun dos seus países membros”.

Ademais, creouse un grupo en Facebook chamado Ningún español sin voto, que xa conta cun milleiro de membros, para difundir e coordinar as accións de protesta.


Secretaría Xeral de EmigraciónEste artigo foi publicado
grazas ao financiamento
da Secretaría Xeral de Emigración
da Xunta de Galicia.

‘Mafia Galega’, hip-hop na nosa lingua feito en Suíza

Xoves, Novembro 4th, 2010

Mafia Galega é un colectivo musical liderado por Francisco Fernandez, Paco, que dende Xenebra (Suíza) fai hip-hop en galego. Falamos de colectivo porque de forma elástica músicos galegos distibuídos por varios puntos da diáspora europea participan no moitos proxectos que se van poñendo en marcha. Os seus versos falan da emigración e dos veráns na aldea pero tamén dos problemas cotiás que afectan ás suas vidas. A web mafiagallega.com, dirixida polo propio Paco, aglutina dende Suíza boa parte destes grupos que se expresan a través do rap e que están a xerar todo un movemento Hip Hop na diáspora. Na actualidade, esta plataforma virtual canaliza e difunde o traballo de preto de vinte grupos entre os que se atopan bandas como Gale´n´raven, Gran Purismo, Xoko Suízo ou a propia Mafia Galega.

Mafia Galega estreouse en 1998 co tema Bad Boys de Ferrol, que inspira o nome e o concepto do grupo. Naquel momento, a banda está composta por Vida (Evidenzia) e Paco, que no ano 2000 se unen a Obé, que permanece no grupo até 2004. Durante estes anos Mafia Galega deu varios concertos en Xenebra con grupos como l’Evidence e Lyrikal Kartel, cos que tamén montou un estudio, Faya Records, e o seu propio selo, Faya Effect. Mafia Galega defínese como “organización musical de corte independentista” e advirte de que ten “ramas internacionais principalmente en poboacións galegas, pero até pode que teña axentes infiltrados noutros lugares como as Illas Canarias e la parte alemá de Suíza, Schaffhousen ou algo así. Posible expansión por Europa e América latina e obxectivos mundiais”.

Mafia Galega representará a Galicia o vindeiro 27 de novembro na sétima edición do Liet International, unha especie de Eurovisión para linguas sen Estado de seu, e que terá lugar en Lorient, na Bretaña. Esta é a cuarta vez que Galicia conta con representación no festival de música en linguas minorizadas, despois de Uxía (2004), Narf (2006) e Boy Elliott & The Plastic Bags (2008) e por primeira vez a representación correrá a cargo dun grupo nacido na diáspora. Pero será por iniciativa dunha entidade deportiva non institucional -A Liga Nacional de Billarda (LNB)- que a lingua galega estará presente, pois ningunha entidade nin institución pública, comezando pola Xunta, promoveu a presenza do galego. A LNB presentou a candidatura do grupo co tema Billarda sempre, o himno da Liga Nacional de Billarda, con letra do poeta Xabier Cordal e música de Paco; o tema foi un dos cinco elixidos por un xurado internacional entre as 46 candidaturas.

"Criade coches, habedes comer fuel"

Martes, Novembro 20th, 2007

Casdeiro recupera unha reflexión que quedou arrombada neste V aniversario do desastre do petroleiro Prestige.. Partindo dunha pintada con grande verdade, “Criade coches, habedes comer fuel” remóntase un paso maís alá na procura da responsabilidade última de este e outros asasinatos ecolóxicos.
(máis…)

La suerte de Ana María

Martes, Outubro 24th, 2006

Un artigo do noso colaborador, o analista político galego-mexicano Rogelio Diz sobre a turista galega Ana María Ríos, detida en Cancún por contrabando de munición e explosivos e liberada aos poucos.

La detención en Cancún, México, de la gallega Ana Maria Ríos, ha desplegado un verdadero torbellino de respuesta mediática tanto de los medios gallegos como españoles, así como manifestaciones de todo tipo y voces airadas de muchos ciudadanos, así como declaraciones del mismo Parlamento gallego pidiendo a las autoridades mexicanas la inmediata liberación de la joven, como si la trama por la que fue detenida, hubiera sido orquestada desde las mismas autoridades mexicanas.

Muchas voces que he oído, claman que esto solo sucede en países tercermundistas y bananeros, algunos más exigen que es el momento que la agrupación “Nunca Mais” organice movilizaciones a su favor. Incluso algunos van mas lejos pidiendo un boicot de ciudadanos españoles para que no viajen a Cancún.
Todo eso esta muy bien, incluso estoy convencido de la inocencia de Ana Maria Ríos, sin embargo parece que nos olvidamos de respetar las leyes por las cuales todos los países se rigen y que muchas veces son diferentes a las nuestras. La Sra. Ana Maria Ríos facturo de regreso a su país, cuatro maletas a su nombre, de las cuales en una de ellas fueron encontradas balas de diferentes calibres, dos de ellas percutidas y un detonador de explosivos de los conocidos como M-1, de uso estrictamente del ejercito, es por eso que fue detenida mientras no se aclaraba la situación. Ante su alegato de que ella desconocía la procedencia de esos artículos, le fue asignado un defensor quien pidió que le fueran practicadas todas las pruebas periciales, para demostrar que nunca había tenido contacto con estos artículos y los resultados le fueron puestos a disposición del Juez Federal asignado al caso, él cual desestimo el delito más grave por él que no tenia derecho a fianza, “el detonador”, sin embargo no fue lo mismo con las balas, por lo cual la sujetaba a juicio quedando en libertad bajo caución con cargos, por lo que tiene que presentarse todos los lunes a firmar, durante todo el tiempo que dure el proceso, el cual puede durar hasta un año.

Todo el mundo, entre los que me encuentro, alude que las maletas fueron manipuladas para evadir quizás otros delitos y centrar la investigación en quien los responsables de esa manipulación, sembraran en una maleta a quien a la postre perjudicarían de esta manera. Una lotería macabra que desgraciadamente le toco a nuestra compatriota. Pero también es verdad, que las leyes no pueden basarse en criterios, sino en hechos y pruebas, por lo tanto tienen que ser las autoridades quienes deben llevar las investigaciones con los procedimientos y las leyes vigentes en este país, aunque a muchos no les guste, es sabido también que hay contactos de alto nivel para que el proceso se acelere y en un tiempo prudencial sea absuelta de cargos y pueda volver a casa, como creo lo deseamos todos.

En contra de lo que pueden pensar muchos, considero que el trato por parte de las autoridades mexicanas fue muy bueno, fue tratada con cortesía y permisividad para que fuera apoyada y asesorada tanto por su abogado defensor como el Cónsul honorario de España en Cancún Sr. Marañon, el cual tuvo ya una notable actuación apoyando a conciudadanos en el pasado reciente con motivo del huracán que abatió esta zona del caribe mexicano. Ana Maria estuvo siempre en instalaciones preferentes dentro del reclusorio femenil, separada de las demás reclusas, en la enfermería del lugar, incluso cuando su madre llego a Cancún, le fue permitida que pernoctara con ella hasta que fue puesta en libertad, aunque fuera aun bajo palabra.

Quiero imaginarme en caso de los que tanto acusan a México de país tercermundista, que hubiera pasado si un ciudadano/a hubieran sido detenidos en un país del considerado primer mundo por tener un detonador de explosivos dentro de su maleta, en cualquier aeropuerto de los Estados Unidos, Inglaterra, Francia, Alemania e incluso en España. Les puedo asegurar que el trato hubiese sido bastante diferente y siempre a peor, incluso para su esposo y amigos quienes no hubiesen salido de rositas tan rápidamente, con el peligro que en estos días, se les hubiese aplicado la ley antiterrorista.

Para los que plantean un boicot a Cancún, peor para ellos, pues se perderían la visita a uno de los lugares más paradisíacos del orbe, con un trato y una seguridad mucho mayor que la que pueden tener visitando Turquía, Tailandia, Egipto e incluso Bali, y además más económico disfrutando de hoteles de 5 estrellas de los mejores del mundo.
Algo que si me ha sorprendido, fue la implicación de un gran sector español y gallego, así como de sus autoridades y de los medios de comunicación en apoyo de esta compatriota. Sorprendido y con una envidia sana, puesto que he visto decenas de situaciones en este país en donde han estado involucrados españoles y gallegos, con casos de secuestros, “algunos de ellos terminados en asesinatos” maltratos físicos, violaciones a mujeres, y nunca las autoridades españolas y por supuesto la gallegas se han interesado en ellas, ni los medios tampoco, en algunos casos alguna pequeña nota en paginas interiores.

Yo mismo en múltiples ocasiones, puse en conocimiento de todas ellas denuncias de discriminación, maltrato, violaciones a las garantías individuales de connacionales, solamente pidiendo apoyo y asesoria jurídica, en donde nunca me han hecho el menor caso. Sobre la Embajada y Consulado, no quiero ni hablar, al parecer solamente el Cónsul honorario de Cancún hace muy bien su trabajo, de todos los demás incluyendo al Cónsul General y la Embajadora, simplemente nos desprecian y mantienen connivencia con quienes son responsables de ello. Ni hablar, quizás no tenemos el carisma de nuestra paisana Ana Maria, y seguiremos considerándonos españoles y gallegos de tercera, por vivir en un país tercermundista, que con todos los defectos, nos ha dado el calor y la seguridad que nuestro propio país nos rechaza.

Rogelio Diz-Analista político
rdiz51@yahoo.com.mx

Galiza en lapas!!!!

Xoves, Agosto 24th, 2006

Dous anos despois doutro artigo titulado Galiza arde, temos que seguir berrando, esixindo, que isto pare. Ano tras ano o lume mata as cada vez menos árbores que temos. Por que? Quen quere que, e paga para que, Galiza morra entre as lapas?

Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela viven dende hai catro días cubertas de fume. Ás veces unha dubida se son nubes, se hai un eclipse, ou se se trata da fin do mundo. A cinza que entra polas ventás da casa dime que se trata de fume, e nada máis que de fume.
Galiza arde, de novo; desta volta, as provincias da Coruña e Pontevedra son o obxectivo. As xentes de Cerdedo, Pazos de Borbén, Vilaboa, Combarro, Brión… levan varios días sen durmir, loitando contras as lapas. Algúns veciños resístense a marcharen das súas casas, e teñen que forzalos a desaloxar. Catro persoas morreron xa como consecuencia do lume en só tres días. Non sei cantas hectáreas están queimadas, e continúan a queimarse mentres escribo. Non sei cantas persoas teñen a luz, o teléfono e a auga cortadas por mor dos incendios. Non sei cantas casas están rodeadas de lume e os seus habitantes levan días sen parar de regar ao seu redor.

Non sei quen quere que Galiza arda. Non sei cantos incendios comezaron ao tempo en puntos diferentes das dúas provincias.
Si sei que non son cousas do destino nin de catro pirómanos tolos.
Dicía naquel artigo, de hai dous anos, que o problema que ten o monte é estrutural: non se usa, non se coida, non se limpa, e non importa que arda. Ese problema segue a existir: un monte útil, que dá de comer, non arde; arde o monte que non interesa, que mellor estaría sendo unha urbanización ou un campo de golf.

É que hai intereses urbanísticos detrás das queimas? Eu non o sei, non o podo saber. Podo saber que se os equipos de extinción están onde o lume acecha as casas, non están noutros sitios, que aproveitan para arder sen control. E que se nunha mesma fin de semana xorden centos de incendios, non é por casualidade, nin por un brote de esquizofrenia colectiva, nin porque centos de campistas decidiran facer churrasco sen controlar as brasas.

E os galegos e galegas merecemos saber quen, por que, queima o noso país. E despois de sabelo, merecemos que NUNCA MÁIS ocorra.

Propoñen ao teixo, árbore símbolo de Galicia

Mércores, Xuño 28th, 2006

Manuel Rodríguez Troncoso, emigrante galego en Catalunya envíanos este escrito que o seu irmao Amador, fixo chegar ao grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego. Nel propón, co gallo dos debates sobre o novo estatuto de autonomía da CAG, a instauración do teixo coma árbore simbólica da Galiza.

Cando se está a debater o Novo Estatuto de Galicia considero de interese arriquecer os nosos símbolos, e engadir á bandeira, ao escudo e ao himno, a referencia a unha árbore de fonda raigame nesta terra, sen necesidade de imitar aos bascos como fixeron algúns dos vellos galeguistas que adoptaran “o carballo de Guernica”.

Temos razóns NOSAS, ENDÓXENAS que se perden no fondo da História para poñer o ESTATUTO DE GALICIA ao amparo do TEIXO polos motivos seguintes:

1º.- A LIBERDADE, que defenderon as nais galegas no monte Medulio , envelenando aos seus fillos coas ponlas e coas raíces do Teixo para que non caesen baixo a escravitude dos romanos.

2º.- A LONXEVIDADE dado que o TEIXO ten como media de vida mil e cincocentos anos. En Francia consérvase algún exemplar da época romana. En ANKER (Gran Bretaña) existe un Teixo no que se asinou á súa sombra en 1.215 “A Carta Magna”. O Teixo do Cemiterio de BRABOURNE de Kent (Inglaterra) ten máis de 3.000 anos.

3º.- A UNIVERSALIDADE, porque os Galegos adaptámonos en calquera lugar do Mundo e o Teixo medra no centro e no mediodía de Europa, nas illas Azores, en Arxelia , en Asia Menor e no Himalaia, reforzando a galeguidade

4º.- A SINGULARIDADE xa que na Comarca de Valdehorras hai un bosque centenario o “Teixedal de CASAIO” que é o único bosque de teixos que existe en Europa.

5º.- A IDENTIDADE con Galicia. Hai un concello “A Teixeira” na provincia de Ourense; catro feligresías . “San pedro de Teixeira” do concello de Baralla(Lugo) , “Santa María de Teixeiro” do concello de Lugo; “San Marcos de Teixido” do concello de O Bolo (Ourense) e “San Andrés de Teixido” do Concello de Cedeira “uns dos santuarios de maior tradición e raigame de Galicia ONDE TÓDOLOS GALEGOS IREMOS DE MORTOS SE NON IMOS DE VIVOS”.

Hai máis de cincuenta aldeas nas nosas catro provincias cos nome de Teixeira. Teixeda, Teixidelos, Teixeiro, Teixido , Teixoeira Texugueira e máis topónimos que se refiren ao Teixo. O Teixo foi moi abundante na nosa terra pero foise eliminando pola súa toxicidade para os cabalos.

A PLANTACIÓN DUN TEIXO “do Teixedal de Casaio” EN LUGAR MERECENTE DO PARLAMENTO, Ó ABEIRO da lei, sería garantía de “miles de primaveras máis” da NOSA IDENTIDADE universal, libre e singular.

Negreira, 12 de xuño de 2006.
Atentamente: asinado Amador Rodríguez Troncoso

No a las Letras (Gallegas)

Luns, Maio 15th, 2006

Posto que esta semán celébrase o Día das Letras Galegas, eis um artigo ligado a lingua galega, iso sim, um anaco diferente dos que adoitan aparecer nestas datas, máis centrados em louvar as marabilhossas virtudes da nossa lingua que em dar pé ao debate sério sobre os dados que revelan a súa precária situaçom, coma p. ex. a perda de falantes continua que está a sofrer.

E é que, as vezes semelha que están falando dum finado, incluso os que nom o aturan atopan algo bonito que dizer dele, máis eu, pola minha banda vou esquecer ao Lugrís Freire que ao parezer é o persoeiro cuja trajectoria vai permitir a um bo feixe de galegos saír “de puente” á praia estes días e tentarei debruçarme sobre umha questom máis terreal, máis práctica e coido eu máis vencelhada ao futuro da língua ca todos os actos institucionais que estes días som.

Falo logo da Educaçom e máis concretamente da Educaçom em galego pola que o novo Governo autonómico semelha máis decidido a pular coa posta em marcha dumha oferta de ensino em galego pra os pais e nais que assim o desejen, poidan escolarizar @s cativ@s na língua do país. Por outra banda asinalar que con esta medida nom fai máis que cumprir cun dos pontos do Plano de Normalizaçom Lingüística aprovado por unanimidade no Parlamento da CAG (Comunidade Autónoma de Galicia).

Máis Galiza é diferente tamén nisto, e assim a posibilidade de que um neno poida aprender, jogar ou erguer-lhe a saia as nenas e ser reprendido tudo elo em galego está a ser obxecto de polémica.
O por qué? Bom, nom é doado atopar respostas, e máis se nom se procuram. Nós pugémonos maos á obra e coa ajuda da Internet atopamos um monte delas. Han ser elas as que dean sentido ao cabeçalho deste artigo. As análises e as conclussoms sobre como é possível que pra algums e algumhas resulte estranho e até rejeitavel falar, pensar, estudar ou em definitiva viver em galego na Galiza é algo que deixo pra outros.

Ao que vou, umha parte representativa deses cidadaos tiveron a bem valoriçar esta iniciativa do bipartito por meio dum foro que pujo a sua disposiçom, a ediçom electrónica dum diario galego de grande tirada. Entre as respostas, habia de tudo, mais sería injusto deixar de reconhecer que eran maioría os que se opunham a que voçé, eu ou Anxo Quintana (que disque agora tén gemeos) puidésemos fornecer aos filh@s dun modelo de ensino no que o galego fosse a lingua veicular.

Porém, aínda que moi numerosas, as respostas á pergunta do jornal (“¿Qué le parece el plan de la Xunta que permite a los escolares recibir toda la enseñanza en gallego?”) pivotaban dende eixos moi semelhantes e tristemente reconhecíbeis, abondava con ver coma as encabeçaban os seus autores: “No al gallego”, “Atraso secular de nuevo”, “estrechez mental”, “una cafrada”, “ABERRACIÓN” (con maiúsculas), “lamentable” ou sen dúvida, o meu favorito “aislamiento hitleriano”.

Já metidos em farinha, as queixas de tantos e tantas galegas encaixarían máis ou menos nalgumha destas tres linhas argumentais:

“Se trata de la última argucia de los nacionalistas para debilitar y romper España”, que eu chamei, em sincera homenagem ao extremista vigués (denantes de esquerda, agora de dereitas, sempre moi seu) linha Pío Moa.

Eis algumha das pérolas que tiveron a bem ceivar algums dos asiduos a esta linha:

La última genialidad de los totalirios del nazional socialismo galaico, pretende no ya ocupar parte de Asturias y León para hacer la “Gran Galizaherría””
” Rediós, ahora comprendo lo del plan educativo: pretenden adoctrinar ese-eses desde pequeñitos, para lanzarlos a la Blitzkrieg en cuanto tengan edad de conducir un Panzer, disparar un chopo, y hablar del hecho diferencial ese.”

“Es intolerable que sólo un idioma sea impuesto obligatoriamente a la sociedad, desterrando otro que ha sido usado por los gallegos durante al menos 600 años, por motivos políticos, para fomentar el separatismo.
Llevamos dos años de continuas aberraciones políticas, que conducen rápida e inexorablemente a la ruptura de la patria española, y al recorte de nuestras libertades.”

“Me parece lamentable que mis futuros hijos tengan que aprender un idioma a la fuerza, como andaluza acojida en esta tierra de la que tanto presumo cuando voy a mi andalucía,”

“¿Tiene ventajas ser diferente?.Entiendo que todo lo que suponga un esfuerzo en el aprendizaje a los estudiantes solo beneficia al fracaso escolar.
.Entiendase que incluso en gramatica puede influir en la correcta escritura (es el caso del uso de la B y la V en muchas palabras) Puede adquirirse vicios que influyen negativamente para elfuturo

“Fatal, volvemos a la tribu pasando por el feudalismo después de las mafias políticas.”

A segunda linha argumental (linha Xan das Bolas), há-lhes soar a boa parte dos leitores e das leitoras deste artigo e é que se pensaban que a associaçom galego=aldeia=inhorancia desaparecera, han descobrer que diso nada, que nada coma falar castelhano, inglés ou farsi, todo agás galego, pra chegar longe nesta vida…

“Mi Opinion es Que Deverá continuar el Castellano Pues es Nuesta Lengua Madre Y No la Podemos Olvidar.”

“mal por que el fallo que hai en galicia es que se preocupan tanto en los centros educativos de insertar el gallego que la gente no lo abla por que esta asta las narices de que halla tantos profesores rompiendoles la cabeza.yo como alumno preferiria que me dejaran elegir ami y que no me lo inpongan.yo creo que los profesores estan para en señar y no para inponer ideales.”

“Si mal no recuerdo hace 30 anos atras, cuando alguien llegaba a cualquier Ciudad gallega, al que le oian hablar gallego lo miraban por encima del hombro y le tildaban de paleto o aldeano…Pobre de los paletos que estan en la xunta, perdon: Junta al pensar de la forma que lo estan pensando. Esto se llama caminar para atras, hacia el futuro.”

“Resido desde hace muchos años fuera de galicia, y siento verguenza ajena, cuando escucho a un paisano mio chapurrear el castellano.Primero aprender hablar español y despúes el gallego.
Por lo tanto el plan de la Xunta no me parece acertado, la imegen de un gallego fuera de su tierra, hablando mal español, es lamentable. Parece que “ladra” mas que “habla”.”

“El atraso más grande de Galicia es que a nuestros niños los líen con un idioma que no les sirve para nada,la enseñanza debe ser libre y abierta, no cerrada e impuesta a un idioma.Soy gallega pero sobre todo española.¿Me quieren responder los que se hacer llamar galegistas, porqué cuando llegué a Vigo hace 30 años en el colegio me insultaban y humillaban por que hablaba en gallego? esos niños hoy son galegistas y dicen hablar el galego de galiza. !que risa me dan! Dejen en paz a los niños que bastante tienen con estudiar en castellano. Dejen de imponer ideas raras a los universitarios , que ellos mismos elijan sus ideales.Sin imposiciones ni presiones. galicia libre.”

“Completamente inútil e imnecesario. Yo nací pobre en la galicia de hace 50 años y entonces los ricos hablaban castellano -aunque muy mal- asi que me esforcé en hacer lo mismo que ellos ya que entonces el hablar gallego era signo de incultura e ignorancia ademas de evidente pobreza y no me arrepiento. De hecho, los chavales mas listos de entonces eran también los que mejor hablaban el castellano fuesen ricos o pobres.”

“Si las clases en gallego fuesen impartidas en un gallego 100% correcto (lo cual sería lo logico) entonces nadie acabaría la carrera en tiempo normal pues antes tendrian que aprender el gallego y eso, negados como somos los gallegos para los ideomas, tardaría un par de años !”

Pra rematar um terceiro argumento, a (nula) utilidade do galego perante outras linguas máis “prácticas” coma, nom podia ser doutro jeito, o castelhano de Castilla. Linha “Curuñesa”

“No es por nada pero la dictadura acabó hace casi 30 años y el gallego continua en una situación igual de precaria que hace tiepo pues su futuro, desaparecer, es inébitable. Porque molestarnos en luchar por una causa perdida.”

“Que me va a parecer. ¡¡ UN AUTENTICO DISPARATE !!
Enseñen inglés hombre y déjense de perder el tiempo con algo que no vale para nada. ¡¡ que pena de país con “pensantes” así.”

“en una epoca adonde se busca la globalizacion, en galicia se busca limitar los futuros profesionales. Servira de algo saber hablar gallego si estas disputando una plaza en una multinacional ??”

“Me parece un atraso. Luego los niños no saben ni escribir ni expresarse en castellano

“Entre que nuestros hijos dominen el gallego o el castellano que dominen el castellano que le habrirá posibilidades más universales.”

“Creo que esto hará que tengan menos oportunidades ya que no sabrán correctamente el castellano. Cuantos más idiomas sepas es mejor.”

Velaí um resumo (sim amig@s, había máis) do que pensa boa parte do “personal” quando a alguem se lhe ocorre con evidente mala intençom, que na Galiza débese poder viver em galego. Coitados!!!!!!!!!!!