Archive for Xaneiro, 2008

Retorno a Galicia

Luns, Xaneiro 7th, 2008

Como texto inaugural do ano, queríamos que figurara unha historia alegre, unha historia de reencontro, con final feliz. Así é a historia de Mary Barreiro, galega que, como tantos outros, viuse obrigada a emigrar a Arxentina cos seus pais, onde estes e as súas lembranzas axudáronlle a cultivar o amor a Galicia. Un bo día cruzouse con Fillos de Galicia e co Atopadoiro, onde conseguíu localizar ós seus familiares nesta parte do océano. Mary estivo fae ben pouco por Galicia, visitando os seus recordos, mediante a ponte establecida por Fillos.org. Pedímoslle que nos contara a súa experiencia e sentouse diante do papel. Aquí podedes ler a alegría dunha persoa que conseguíu retornar a Galicia gracias a Fillos de Galicia. (máis…)