Maximino Fernández Sendín é o biógrafo e descubridor para os tempos que corren dunha das figuras máis apaixoantes que se lembran das que Galicia deu o mundo. A historia de Alfonso Graña resume a de moita da emigración galega, orixe humilde e triunfo final, pero un tiunfo sobre o que poder dos negocios ou as habilidades comerciais non poden obrar, senón a personalidade e a intelixencia. Sobre el mellor ler o artículo. Sobre Maximino cabe resaltar a súa labor, dura, ardúa, meticulosa, brilante, única e exploradora do ignoto, dado que, antes de chegar el, había un par de folios escritos sobre o Rei galego da Amazonia , agora temos unha biografía detallada, rigurosa e traballada. Gracias a el. Tamén gracias a el podemos ter un extracto resumido desde libro e a aportación de novos datos, o seu traballo non para nun libro. O seu interese é constante e real. O seu amor por Galicia levouno a establecer recentemente a Casa Museo Pazo da Cruz, un museo con máis de 3.800 pezas sobre Galicia e a súa historia. Sen dúbida un home necesario para a nosa cultura do que agardamos máis novas. (máis…)