Archive for Novembro, 2007

No nos callaremos

Xoves, Novembro 29th, 2007

O noso compañeiro Lois Pérez Leira dalle unha nova volta de rosca ó tema de Hugo Chávez co Rei, ó rebufo da polémica suscitada pola misiva da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina. Un tema que deu moito que falar e sobre o que en Planeta Galego tamén temos o noso particular debate, no que vos invitamos a participares. (máis…)

Pinta ben o 2008

Xoves, Novembro 29th, 2007

Patxi de Mérida sentiu estes días unha chamada. Como nos clásicos de espionaxe, a prensa transmitíulle unha sinal, esta vez de optimismo. As patacas, a ONU, o Obradoiro de basket, un ser chamado Cacheliño e algún que outro elemento máis xuntábanse a modo de visión, ou máis ben previsión onírica para o 2008. Animámosvos a seguir o seu chamamento sobre as sinais galegas para o vindeiro ano. Que deus nos colla confesados.
(máis…)

Existe unha Galicia rural gay?

Martes, Novembro 27th, 2007

Luis G. Areán, ex director do xornal Galicia al Día, saca á luz, neste artigo, un tema que queda bastante lonxe de ser un obxecto de estudio, a pesar do interesante de seu.
A “saída do armario” parece que se está a normalizar, pero non por iso debemos olvidar que Galicia, desgraciadamente, segue a evolucionar con anos de retraso en determinados aspectos. É o do mundo gay no rural, non é precisamente a excepción.
(máis…)

Lamatumbá: Galicia e a música polo mundo

Mércores, Novembro 21st, 2007

Sergio Zearreta, vocalista de Lamatumbá, e vello coñecido dos escenarios galegos, debuta, que saibamos, no mundo das colaboracións, compartindo con Planeta Galego a súa experiencia á fronte do grupo que revoluciona os veráns galegos dende fae anos. A súa narración ten dous momentos clave: a gravación do seu próximo disco, na que se atopan inmersos, e o Popkomm, o festival musical máis importante de toda Europa para a industria musical. Prometen novas e prometen manternos informados. Namentres seguen co obxectivo de que todo o mundo saiba que, en Galicia, vívese a festa como onde máis. É o poder do licor café, é a boa aplicación do LUME!!!!! Podedes seguir informados en www.lamatumba.com e en www.panetagalego.info
(máis…)

"Criade coches, habedes comer fuel"

Martes, Novembro 20th, 2007

Casdeiro recupera unha reflexión que quedou arrombada neste V aniversario do desastre do petroleiro Prestige.. Partindo dunha pintada con grande verdade, “Criade coches, habedes comer fuel” remóntase un paso maís alá na procura da responsabilidade última de este e outros asasinatos ecolóxicos.
(máis…)

El desplante del rey

Xoves, Novembro 15th, 2007

Rogelio Diz, colaborador habitual de Planeta Galego, danos unha ollada nova sobre o altercado protagonizado por Juan Carlos I na Cumbre Iberoamericana con Hugo Chávez. Este artigo pode ser un soplo de aire fresco dado que en España considérase case unanimemente polos medios maioritarios que o rei salvou o país gracias ó seu amor á patria e que fixo o que tiña que facer. Vexamos logo unha visión dende o outro lado.
(máis…)