Archive for Maio, 2007

Primeiro poema en galego de Roberto César Hermida

Mércores, Maio 30th, 2007

ALÉN DO MAR

Buenos Aires boa terra
Boa terra pode ser
Que leva a flor de Galicia
E non a deixa volver.

CÁNTIGAS DO POBO

Teño saudades.
Teño saudades
Das saudades de meus pais,
Que ven de lonxe
Alén do mar.
Que ven do norte,
D’alá’riba,
Alén do ceo.

Teño morriña
da terra de Breogán,
dos campos ourensáns,
da terra do Casar de Canges;
de Barros, Esgueva e Madarnás.

Teño saudades do hórreo,
Da figueira,
Da lareira,
do carro
Tirado polos bois.

Teño saudades
De voltar;
E vou voltar…
¡Non como eles!
Avo, tío, pai.
Vou voltar
¡Non vou morrer !
Non como eles.
Vou voltar,
alén do tempo,
alén do mar.

Poemas de Norma Neli Rodríguez Vallejo

Venres, Maio 25th, 2007

Esta uruguaya nieta de gallega refleja en los siguientes textos parte de lo que le trasmitía su abuela: “siento que mi personalidad son parte de ellos y creo que es mi mejor forma de expresar lo que mi corazón y mis sentimientos sienten”.
(máis…)