Archive for Xuño, 2006

Propoñen ao teixo, árbore símbolo de Galicia

Mércores, Xuño 28th, 2006

Manuel Rodríguez Troncoso, emigrante galego en Catalunya envíanos este escrito que o seu irmao Amador, fixo chegar ao grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego. Nel propón, co gallo dos debates sobre o novo estatuto de autonomía da CAG, a instauración do teixo coma árbore simbólica da Galiza.

Cando se está a debater o Novo Estatuto de Galicia considero de interese arriquecer os nosos símbolos, e engadir á bandeira, ao escudo e ao himno, a referencia a unha árbore de fonda raigame nesta terra, sen necesidade de imitar aos bascos como fixeron algúns dos vellos galeguistas que adoptaran “o carballo de Guernica”.

Temos razóns NOSAS, ENDÓXENAS que se perden no fondo da História para poñer o ESTATUTO DE GALICIA ao amparo do TEIXO polos motivos seguintes:

1º.- A LIBERDADE, que defenderon as nais galegas no monte Medulio , envelenando aos seus fillos coas ponlas e coas raíces do Teixo para que non caesen baixo a escravitude dos romanos.

2º.- A LONXEVIDADE dado que o TEIXO ten como media de vida mil e cincocentos anos. En Francia consérvase algún exemplar da época romana. En ANKER (Gran Bretaña) existe un Teixo no que se asinou á súa sombra en 1.215 “A Carta Magna”. O Teixo do Cemiterio de BRABOURNE de Kent (Inglaterra) ten máis de 3.000 anos.

3º.- A UNIVERSALIDADE, porque os Galegos adaptámonos en calquera lugar do Mundo e o Teixo medra no centro e no mediodía de Europa, nas illas Azores, en Arxelia , en Asia Menor e no Himalaia, reforzando a galeguidade

4º.- A SINGULARIDADE xa que na Comarca de Valdehorras hai un bosque centenario o “Teixedal de CASAIO” que é o único bosque de teixos que existe en Europa.

5º.- A IDENTIDADE con Galicia. Hai un concello “A Teixeira” na provincia de Ourense; catro feligresías . “San pedro de Teixeira” do concello de Baralla(Lugo) , “Santa María de Teixeiro” do concello de Lugo; “San Marcos de Teixido” do concello de O Bolo (Ourense) e “San Andrés de Teixido” do Concello de Cedeira “uns dos santuarios de maior tradición e raigame de Galicia ONDE TÓDOLOS GALEGOS IREMOS DE MORTOS SE NON IMOS DE VIVOS”.

Hai máis de cincuenta aldeas nas nosas catro provincias cos nome de Teixeira. Teixeda, Teixidelos, Teixeiro, Teixido , Teixoeira Texugueira e máis topónimos que se refiren ao Teixo. O Teixo foi moi abundante na nosa terra pero foise eliminando pola súa toxicidade para os cabalos.

A PLANTACIÓN DUN TEIXO “do Teixedal de Casaio” EN LUGAR MERECENTE DO PARLAMENTO, Ó ABEIRO da lei, sería garantía de “miles de primaveras máis” da NOSA IDENTIDADE universal, libre e singular.

Negreira, 12 de xuño de 2006.
Atentamente: asinado Amador Rodríguez Troncoso

Piden apoio ás emisións de radio galegas na diáspora

Mércores, Xuño 28th, 2006

A Responsable da Comisión de Emigración do BNG diríxese ao Director da Radio Galega cunha proposta para que este ente coopere coas emisións radiofónicas galegas na diáspora e pide que os medios de comunicación do exterior poidan ser obxecto de reconocimento oficial da “Galeguidade”

Na solicitude dirixida ao Director da Radio Galega, a voceira europea do BNG, Ana Miranda, demanda que as audicións radiofónicas, promovidas dende a diáspora, con contidos galegos, en lingua galega e dirixidos á colectividade galega, sexan apoiadas técnica e informativamente pola Radio Galega, lembrando que moitas destas emisoras, sobreviven con enormes dificultades e esforzos persoais.

Lembrou o caso de audicións históricas como o programa “Sempre en Galicia” – a audición en galego máis antiga do mundo-, promovida polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo, como o programa “Galiza Sempre” que se emite dende Suiza, entidades como “Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya” (ERGAC) e os numerosos programas de radio de Buenos Aires.

A responsable da Comisión de Emigración do BNG considera que a cooperación técnica e informativa da Radio Galega, para apoiar a estas audicións podería ser artellada co envio de información periódica, por exemplo resumos de información semanal en formatos electrónicos comprimidos ou información sistemática das novidades culturales e musicais. Miranda espera que esta posibilidade se concrete, considerando seria un elemento novo e innovador para que a diáspora teña información periódica real e actualizada, lembrando que moitas persoas, en especial as de maior idade en América Latina, non teñen acceso á rede para ter información directa de Galiza, e a radio segue sendo un medio de comunicación popular e ao alcance económico de todo o mundo.

A responsable da Comisión de Emigración do BNG lembra amáis, que esta iniciativa vai ser trasladada ao Presidente da Comisión de Emigración do Parlamento galego para o seu apoio polos grupos parlamentares, afirmando que “a necesidade da innovación en materia de emigración tamén ten que afectar aos medios de comunicación dos e para os cidadáns galegos no exterior, que realizan unha importante difusión e promoción da nosa cultura e que merecerian o recoñecemento oficial da galeguidade”. Asemade, considera que a futura reforma da Lei 4/1983, do 15 de xuño de Recoñecemento da Galeguidade, deberia valorar o traballo dos medios de comunicación da diáspora, radiofónicos, escritos e da rede, xa que até o momento, o recoñecemento oficial da galeguidade só foi dado aos centros e non a outro tipo de organizacións, iniciativas ou incluso individuos.

Entrevista co novo responsable de financiamento de Fillos de Galicia.

Luns, Xuño 26th, 2006

PlanetaGalego entrevista a Miguel Goyanes, que vén de ser nomeado Responsable de Captación de Fondos da Asociación Cultural Fillos de Galicia. Ademais, forma parte da Xunta Directiva da mesma como Delegado en Madrid, e desenvolve un labor moi destacado a prol de Fillos.org desde hai varios anos.

Por que é necesario un responsable de captación de fondos en Fillos de Galicia?

Como en calquera organigrama executivo, é necesaria a figura dun responsable nesta área. Como organización sen ánimo de lucro as vías comerciais (vendas de produtos e servizos) non poden ser a nosa única fonte de ingresos, xa que a mayoría do que ofrecemos facémolo gratuitamente. De feito esta gratuidade e a facilidade para o acceso dos fillos de Galicia, son a nosa razón de ser. Por isto precisamos canalizar a nosa capacidade a través dun posto directivo coma este.

De que vías de financiamento dispón hoxe en día a asociación?

Na actualidade as vías de financiamento son escasas e moi esparexadas. Cotas de socios, servizos de Internet, algunhas (pequenísimas) subvencións e os ingresos por A Parcelaria conforman a nosa financiación. Fannos falta seguridade e periodicidade nos ingresos, de xeito que nos permitan emprender novos proxectos, detrás dos cales levamos moito tempo e que seguen no caixón por falta de ingresos.

Que novas vías explorarás como responsable de captación de fondos?

O meu modo de ver creo máis factible conseguir eses ingresos no mundo empresarial, tanto de Galicia como da nosa diáspora. A eles podemos recurrir para que nos apadriñen con cantidades anuais que, no teñen que ser moi altas, se conseguimos que sexa un bo número e/ou que adquiran unha ou varias parcelas en A Parcelaria. Os galegos espallados polo mundo, empresarios, profesionais, directivos, etc. deben estar convencidos de que a súa achega a Fillos é un diñeiro perdido. Nós encargámonos de revalorizar a súa inversión, convertíndoa en toda unha serie de servizos e contidos que chegan a toda unha comunidade galega mundial, conformada polos milleiros de usuarios de Fillos.

A que se destinan?

Como explicamos dunha forma transparente, no documento informativo da Parcelaria, os nosos gastos son principalmente os das persoas que se dedican a administrar técnica e organizativamente o portal, ademais dos habituais gastos que toda entidade tén (alugueiro, teléfono, Internet, etc.). Hai xa moito que Fillos é algo tan complexo e que xera tantas labores de xestión que decidimos na asociación profesionalizar estas tarefas. Non había outra saída sen non queriamos morrer de éxito. Os voluntarios teñen o seu lugar, moi importante, pero o maior centro galego da Rede non se pode xerir unicamente con traballo voluntario. Penso que é doado de comprender para calquera que coñeza minimamente o que é Fillos e como funciona.

Por que razóns unha empresa debería apoiar economicamente a Fillos? E as administracións públicas? Que beneficios lles achega?

O principio de solidariedade é fundamental cando un empresario pensa en nos axudar. Solidariedade con todos os galegos emigrantes que queren manter os seus lazos con Galicia. Despois poden rentabilizar esa solidariedade por medio dos beneficios inherentes á Responsabilidade Social Corporativa (imaxe, publicidade, etc.) tan de moda, pero se falta a solidariedade con todo o que supón a nosa emigración, non hai nada que facer.

Os ingresos por parte das Administracións Públicas, despois de case 10 anos da existencia de Fillos, deberían estar máis que garantidos. Pero ate o de agora non tivemos sorte ou non nos fixeron o caso que nós pretendemos. As admnistracións deixan esmorecer no tempo as súas boas intencións cos galegos que estamos fóra. Portais de Internet que se crean (cun importante custo para todos os galegos) e que quedan inactivos ao pouco tiempo, investimentos en actos que nada teñen que ver coa nosa cultura ou que non chegan máis que a unha presada de emigrantes, promesas que nunca chegan a se concretar… Ademais parecera que seguen cos ollos pechados ás posibilidades que ten a Rede, malia levar nós tanto tempo sendo a proba do que se pode facer.

Como responsable da captación de fondos hei intentar chegar mellor ás Administracións, que reciban a mensaxe axeitada e clara da nosa parte, que suscite o seu interese. Que abran os ollos. E pensen cómo e en qué están a gastar as partidas orzamentais da emigración. Se algunha asociación ou organización é merecedeira da atención da Administración, esta coido que é Fillos de Galicia. É moi significativo que os únicos que nos chamaron de motu propio para reunirnos con eles foron responsables de emigración do Goberno Vasco, interesados pola nosa experiencia.

Canta financiación precisa Fillos de Galicia?

Aínda que a pregunta pareza obvia, non o é. Fillos precisa fondos para traballar con tranquilidade nos seus proxectos, sen ter que sufrir cada mes por acadar catro pesos simplemente para subsistir, e que a captación de fondos non nos absorba todos os nosos esforzos e toda a nosa actividade. Como tamén detallamos no dossier da Parcelaria isto témolo cuantificado en 40 mil euros anuais.

A nosa función é servir, axudar, animar, compartir e levar Galicia e a cultura galega a todos os rincóns do mundo onde viva un galego ou un descendente interesado por recuperar e manter a súa identidade. É a iso ao que nos temos que dedicar principalmente, e non a buscar diñeiro.

Algún outro comentario para os nosos lectores?

Si. A miña pretensión é chegar máis ao corazón dos galegos, que á súa carteira. Axudar a Fillos en realidade é moi doado. Sumando esforzos e co gran número de galegos emigrantes, potenciais aportadores de fondos, sumados aos que desde Galicia se sinten solidarios cos emigrantes, serían bastante pequenas as cantidades individuais coas que contribuirmos cada un. E as formas son moi diversas: hoxe en día quen queira axudar a Fillos ten moitas formas de o facer, ao alcance de todos os petos: cotas de socio, doazóns, compra de produtos, participación na Parcelaria, etc.

A nova estrutura organizativa de Fillos de Galicia:

Organigrama actualizado de Fillos de Galicia

Medra o número de emigrantes galegos con dereito a voto

Martes, Xuño 20th, 2006

Segundo unha nota da axencia de novas Europa Press, haberá máis emigrantes galegos con dereito a voto nas vindeiras eleicións. Polo seu interese, reproducímola:

Os EMIGRANTES galegos con dereito a voto nas próximas municipais aumentarán en torno a un 10% respecto de 2003

PPdeG, PSdeG e BNG reivindican a “lexitimidade” da súa participación, pero piden reformas na lei para garantir a limpeza do proceso.

30/05/2006

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 (EUROPA PRESS) Os emigrantes galegos que poderán participar nas municipais do próximo ano incrementaranse en máis dun 10 por cento respecto ao número de electores no exterior que puideron exercer este dereito nos comicios locais anteriores, os de 2003, e ata un 30 por cento en relación aos de fai oito anos.

A evolución do Censo de Residentes Ausentes (CERA) no último lustro revela un progresivo aumento, fronte ao retroceso que se produciu no número de votantes afincados na comunidade, que perdeu representación tanto desde as autonómicas de 2005, tralas que hai case 10.000 menos, como desde a cita coas urnas do 25 de maio de 2003, cando o rexistro tiña 1.000 inscritos máis.

Os últimos datos do CERA, correspondentes ao mes de marzo, presentan un total de 310.720 votantes potenciais, que superan nun 9,5 por cento aos 283.663 que podían emitir o seu papeleta desde o estranxeiro fai tres anos e nun 27,2 por cento aos de fai sete.

Desta forma, e tendo en conta a traxectoria ascendente da diáspora, os cálculos a un ano dos comicios prevén que en maio de 2007 o número de electores exceda en dez puntos ao da última convocatoria municipal e en torno a 30 á celebrada en 1999, cando puideron tomar parte un total de 244.187 persoas.

O aumento foi xeneralizado nas catro provincias galegas nas que, unha vez máis, as costeiras concentran o maior número de representantes entre o colectivo exterior. Así, actualmente, aos 111.665 procedentes da Coruña séguenlle os 90.875 de Pontevedra, os 68.567 de Ourense e os 39.613 de Lugo.

Incremento desigual

Non obstante, o incremento foi desigual de modo que, nos últimos tres anos, Lugo foi a provincia na que máis medrou o número de electores no exterior, un 14 por cento respecto dos comicios de 2003. A continuación sitúase Pontevedra, cun 10,6 por cento de novos electores; despois A Coruña, cun 8,2 por cento; e, xa para rematar, Ourense, cunha subida dun 7,9 por cento. Con todo, a porcentaxe que os residentes ausentes representan respecto ao censo global invirte a tendencia dos números absolutos, posto que, neste caso, Ourense e Lugo lideran o ranking. Así, un 19,4 por cento dos ourensáns con dereito a voto están na diáspora, mentres que, no caso dos lucenses, representan o 11,5; fronte ao 10,6 por cento dos pontevedreses e o 10,5 dos votantes da Coruña.

De feito, os emigrantes fan posible que o número total de votantes potenciais de Ourense supere aos de Lugo, posto que o censo de residentes afincados na provincia ourensana, 284.063, é inferior aos 305.369 da lucense. Con todo, as 68.567 persoas inscritas no CERA outorgan a Ourense un total de 352.630 electores, fronte aos 344.982 de Lugo.

Aposta pola emigración

Ademais, gran parte da diáspora correspóndese con municipios pequenos, nos que nalgúns chega a representar ata o 30 por cento dos votantes. Non en balde, foron as áreas rurais de menor tamaño as que sufriron en maior medida os problemas económicos que, ao longo do século XX, converteron a Galicia nunha terra emisora de emigrantes.

Os partidos políticos son conscientes desta circunstancia e, por iso, aseguraron a Europa Press que, aínda que nalgúns concellos as papeletas do colectivo exterior terán un peso importante na orientación do Goberno, o bastón de mando nas grandes cidades decidirase na mesma noite electoral.

Crónica do Gran Encontro

Venres, Xuño 16th, 2006

Se anteriormente Planeta Galego, facíase eco da convocatoria dunha gran xuntanza da emigración en Barcelona promovida por unha agrupación de empresarios, así coma das reaccións encontradas que espertara nalgunha das entidades que agrupan ao numeroso colectivo de galeg@s en Catalunya, hoxe mesmo, un deses galegos fainos chegar esta crónica, que difire e moito do que os medios oficiais e institucionais relataron da xuntanza.

Eis a crónica que Xesús Chao publicou no xornal galego A Peneira:

Segundo ano consecutivo no que a AEG-CAT (Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña) fai o deleite de todos os galegos que, ademais de vivirmos en Barcelona, traballamos pola visualización de Galiza e a súa cultura neste país.

Tentamos nós, salvando todas as distancias, facer o que a xeración Nós: descubrirlle a cidadanía, neste caso catalana, a personalidade histórica de Galiza. Pois ben os señores que organizan o Gran Encontro, e tamén os que lles axudan con cartos a montar esta trangallada, andan a facer, como diciamos, o noso deleite.

Deciden eles que as actuacións musicais estrela da noite do sábado sexan Lucas Masciano, rock-pop arxentino, e Gisela, ex-OT e máis coñecida por poñer a voz española as cancións da película de Barbie. O mesmo sábado actuaba nunha sala de Barcelona unha das máis importantes referencias musicais do folk galego dos últimos anos: Berrogüetto, ¿por que os señores que organizan o Gran Encontro non apostan pola música galega máis innovadora? Iso si, folclorismo non lles faltou: pasaron polo recinto do Fórum, onde tiña lugar o Encontro, case todas as casas rexionais galegas cos seus respectivos grupos de gaitas. E dígoo con todos os respectos polas casas rexionais e os seu grupos, pero pregúntome: ¿redúcese Galiza musicalmente falando a Carlos Núñez e os coros e gaitas? Nós sabemos que non, pero aos que pasaron polo Fórum estes días podería parecerlles que si.

Por se tal fose pouco os señores organizadores montan unha cea de gala onde entregan os premios á Excelencia Galega. Non sabemos ben o obxetivo e interese de tales premios. Nalgún caso podemos intuílo, como con Elsa Pataky, a quen se lle fai entrega do título de Excelencia Galega ás artes. Sabemos que Elsa é unha das actrices máis promocionadas por Filmax, a produtora de Julio Fernández, presidente da AEG-CAT.
Ademais, por se fose pouco, distinguen cunha Mención Especial Excelencia Galega a Manuel Fraga sendo o vicepresidente Anxo Quintana quen entregou tal premio que por ausencia do agora senador é recollido polo mesmo Julio Fernández.

Non vos parece toda esta argallada un verdadeiro “Xoán Palomo”; é dicir: “eu mo guiso, eu mo como”. O peor é que parte desta trangallada esta subvencionada con cartos públicos da Xunta, da Generalitat, do Concello e da Deputación de Barcelona e da de Ourense. Velaí que son convidados: Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta, Dolores Villarino, presidenta do Parlamento Galego, Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta, Pascual Maragall e Ferran Mascarell, presidente e conselleiro da Generalitat. Que fan cada un deles entrega dalgún dos premios Excelencia Galega, de xeito que co “prato” e maila “foto” xa xustifican o pagado.

E con estes cartos que son dos galegos/as e dos cataláns/ás veñen a cear de balde xente que supostamente, segundo os da AEG-CAT, ten vencellos ou ben representa iso que eles entenden por “galeguidade”, como: Ricardo Bofill, Neus Asensi, Rosy de Palma, José Manuel Parada, Victoria Abril, Sancho Gracia, etc. Todo estes que vos poño aquí vinculados ao mundo do espectáculo e do cinema. ¡Ai, Julio, Julio! ¡Como che gustan os cartos!. ¿E Galiza? ¿Gustarache ou non? Si, tamén, sobre todo cando do seu selo de identidade se pode tirar proveito. ¡Ti si que sabes!

Os demais ben tolos che somos, andamos partíndonos os cornos para que nos dean catro pesos e ¿para facer que?, unha lectura do Sempre en Galiza no Ateneu Barcelonés, un programa de radio que fale desoutra cultura galega que non estaba no Encontro, un Día da Patria Galega en Barcelona que reivindique os dereitos nacionais de Galiza. ¡Toladas e máis toladas!
Onde se poña un Gran Encontro de “Gallegos del Mundo” o demais sonche parvadas. Oiches Julín, que Deus che conserve esa vitude de cheirar cartos onde e como sexa, e que se apiade de Galiza que anda nas túas mans e nas de xente coma ti. ¿Para cando outra revolta irmandiña? ¿Para cando?

Paz, lentejas y justicia

Martes, Xuño 13th, 2006

O analista Rogelio Diz, envianos esta interesante análise sobre o proceso de paz no País Basco e o papel que están a desenvolver nel, a dereita española que representa o Partido Popular.

Al parecer es esta él trágala que nos están tratando de vender, una cadena de incoherencias aliñadas al gusto de cada cual, utilizando diferentes varas de medir y con la consiguiente y “democrática” consigna; la comes al momento o mañana dos platos.

Esa es la tendencia que siempre ha demostrado la derecha en España, solucionarlo todo en base a la imposición, clara herencia de sus ancestros, la cual es una losa para ellos difícil de dejar atrás.

Esa es la forma en que entienden que incluso la paz debe ser impuesta, no contemplan que puede haber otros caminos para luchar por conseguirla aunque estos sean complejos por la conciliación de distintos intereses y diferentes formas de sentir y ver desde otros ángulos la perspectiva de una realidad común.

Me llama la atención, que solamente cuando son ellos los que tienen la batuta, puedan ofrecer todo un amplio portafolio de formas y maneras para llevar a cabo ese proceso de paz que tanto tiempo llevamos esperando, sin embargo cuando son los otros los que lideran ese intento, tratan de dinamitarlo a toda costa, incluso por encima del interés general de todos los españoles.

Hagamos entonces un poco de memoria -algo que no suele gustar mucho al PP- cuando en noviembre de 1998 el entonces presidente José María Aznar anunciaba su autorización para entablar contactos con el (MLNV) Movimiento de Liberación Nacional Vasco: Estoy dispuesto –decía el presidente- a tomar todas las iniciativas que fuesen necesarias si viésemos que podía entenderse o podían darse pasos positivos para que esta situación del cese de la violencia diese lugar a un proceso definitivo de paz; Con la violencia no se consigue ningún tipo de ventaja política, pero estoy dispuesto a ser generoso si es necesario y a ser comprensivo, si eso ayuda al final del terrorismo, es lo que tiene que entender todo el mundo, no es un camino sencillo; Merecería la pena hacer un esfuerzo de la generosidad si con ello conseguimos la paz; El Gobierno y yo personalmente hemos procurado a lo largo de estas semanas, en declaraciones y hechos, trasmitir señales de lo que estamos dispuestos a hacer por la paz.

Por otra parte en esas fechas el mismo Mariano Rajoy declaraba: Los contactos los llevaremos directamente y sin intermediación; El Gobierno ha hecho un gesto (el acercamiento de presos) conforme a la voluntad y el deseo de que llegue la paz. Y otro al que hemos oído recientemente proclamarse en contra de cualquier negociación con la banda terrorista a no ser su rendición total, Miguel Sanz, en aquellos días decía: Si ETA abandona las armas se podría “hablar y negociar, y ahí Navarra va a estar y será generosa”. En la medida en que se consolide la tregua y podamos hablar de abandono definitivo de la violencia, se podrá hablar de otras cuestiones como la política penitenciaria y la reinserción.

Al mismo tiempo los diarios españoles mas connotados respaldaban unánimemente el proceso de dialogo abierto por José María Aznar. El Mundo editorializaba: Otro valiente paso de Aznar hacia la Paz; El País: Abre Aznar; ABC: Horizonte de esperanza. Y de la misma manera los influyentes líderes de opinión de la derecha, colmaban de buenos deseos el inicio de aquel proceso de paz. Pedro J. Ramírez, Isabel San Sebastián, Pilar Cernuda, Carlos Dávila, vaya hasta el mismo Federico Jiménez Losantos tenia palabras de aliento y apoyo para el Jefe de Gobierno.

De la misma manera el entonces líder de la oposición, Rodríguez Zapatero en este tema siempre dio apoyo total al entonces presidente Aznar.

Ahora las cosas cambiaron, ocho años mas tarde, cuando un Jefe de Gobierno pidiendo a la Cámara de Diputados con anticipación, el permiso para que en caso de cumplirse ciertas reglas aceptadas por la mayoría parlamentaria pudiese intentar iniciarse un proceso de paz. Y con signos evidentes por parte de ETA al declarar un alto el fuego permanente, aunados los tres años que llevamos sin producirse una victima mortal de ETA, y la intención de Batasuna en crear las condiciones más idóneas para que el proceso de paz llegue a buen puerto. Con todos los partidos del arco parlamentario –excepto el PP- apoyando el proceso y animando al presidente Zapatero para conducir las negociaciones y tratar de conseguir el tan anhelado fin de la violencia.

El ahora líder de la oposición Mariano Rajoy, junto con sus escuderos Acebes y Zaplana los cuales representan al grupo de la ultraderecha más radical, disparan a todo lo que se mueva a su alrededor, consideran el intento por parte del PSE de tener conversaciones con la ilegalizada Batasuna, como un salivazo a la dignidad y la libertad, así como una renuncia vergonzosa a defender los principios en que debe estar asentada una democracia. Según su forma de ver y desde la óptica de la oposición no se debe hablar ni negociar nada con terroristas, y yo me pregunto, ¿Cómo entonces solucionamos este conflicto que nos trae de cabeza desde hace 40 años? La AVT (Asociación de Victimas del Terrorismo) que representa el Sr. Alcaraz, es un apéndice del PP, solo así se explica la actitud que tuvieron en el recinto Parlamentario, abandonándolo cuando en el estrado se encontraba Zapatero.

No esta demás comentar que esos mismos lideres de opinión que loaban todas las acciones de Aznar, ahora se revuelven en contra de las mismas acciones protagonizadas por Zapatero, lanzando soflamas divisionistas, apartándose de una labor de imparcialidad y queriendo hacer el juego a sus intereses.

¿Porque a las victimas del terrorismo?, no se les invita, no a perdonar, pero si a voltear pagina para mirar a un futuro en donde ganaremos en convivencia y concordia, abandonando las practicas violentas y acercando posiciones para lograr que nuestras reivindicaciones sean solamente por medio del dialogo y la propuesta política. De la misma manera que nos pidieron a nosotros, las victimas del golpe de Estado y del franquismo durante la transición.

Para la derecha española es causa de vergonzosa insolencia que la izquierda abertzale no tenga un pronunciamiento en contra de las prácticas violentas y el no reconocer a las victimas del terrorismo. Sin embargo ellos, tampoco nunca han reconocido la ilegalidad del régimen franquista ni tampoco un pronunciamiento hacia sus victimas, a las cuales siguen escupiendo al intentar obstaculizar todo acto y propuesta hacia ellos.

Rogelio Diz-Analista político en México e hijo de represaliado de la Guerra Civil
rdiz51@yahoo.com.mx

Manifesto diante da celebración do "Gran Encontro de gallegos del mundo"

Venres, Xuño 9th, 2006

Esta vindeira fin de semana, vaise celebrar en Barcelona unha xuntanza dirixida aos galegos que residen en terras de Catalunya. Mais, a convocatoria do acto, non esta exenta de polémica e asi nolo fai saber o Espazo Galego dos Paisos Catalans, entidade que vén de emitir este comunicado.

Manifesto diante da celebración do “Gran Encontro de gallegos del mundo”

Diante da celebración do II “Gran Encontro (sic) de gallegos del mundo” (9, 10 e 11 de xuño) organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos en Cataluña (AEGA-CAT) coa colaboración de Federación de Entidades Gallegas de Cataluña; que dá continuidade ao recinto do Fòrum, un recinto produtto da especulación que se intenta rendibilizar enchéndoo con contidos estraños á vida cultural da cidade, dende o ESPAZO GALEGO DOS PAÏSOS CATALANS queremos manifestar o noso rexeitamento a este tipo de acontecementos:

DENUNCIAMOS que os organizadores queren que a xente confunda “galeguidade” con “empresariado galego”. Entendemos que as grandes empresas unicamente se poden representar a elas mesmas e os seus intereses. Isto queda claro neste acto, onde os lemas “cultura” e “xentes” disfrazan o “encontro de emprendedores”, que deixa de banda a suposta finalidade do evento.

EXIXIMOS aos organizadores que expliquen claramente cales son os obxectivos da celebración, máis alá do envoltorio cultural co que a revisten.

PREGUNTAMOS : se unha das supostas intencións do “encontro” é dar a coñecer a Galiza actual, por que os problemas reais da Galiza non aparecen enunciados en ningunha das conferencias ou actos programados? Estamos pensado especialmente naquelas condicións socio-laborais que obrigan as galegas e aos galegos a ir por “el mundo”.

INTERÉSANOS saber por que, si queren promocionar a cultura galega, esquécense dos seus signos de identidade, coma, por exemplo, a lingua, ausente na publicidade impresa. Denunciamos tamén a total ausencia do catalán, lingua propia da sociedade na que vivimos, tanto no programa como en toda a información e publicidade do acto. Realmente, quérese ofrece unha imaxe da Galiza libre de tópicos? Baseándonos no programa do “encontro”, denunciamos que se promove unha visión reducionista, folclorista e acrítica da cultura galega que reduce a visión da Galiza ao folclorismo máis esencialista, buscando soamente a promoción empresarial descarada dalgún dos seus participantes.

EXIXIMOS ás administracións públicas que especifiquen o seu grado de participación no proxecto. Referímonos á Xunta de Galicia, ao Concello de Barcelona, ás deputacións de Barcelona e Lugo, e á Generalitat de Catalunya. E, SOBRETODO: queremos saber si esta participación implica a inversión de cartos ou recursos públicos no acontecemento. Rexeitamos a falta de transparencia que envolve o “encontro”. Esiximos que se aclaren as contas e os obxectivos reais deste acto. Si os empresarios queren facer propaganda política subliminal ou promoción das súas entidades lucrativas, que o fagan, pero cos seus cartos, e non cos das catalás e dos cataláns, nin cos das galegas e dos galegos, nin cos de ninguén.

Barcelona, 7 de xuño de 2006

Espazo Galego dos Països Catalans

Estamos a vosa disposición por si queredes máis información:

espazogalego@gmail.com
geo.ya.com/xornadagalcat/index.htm

Segue o Mundial, en FutbolGalego.net

Xoves, Xuño 8th, 2006

Esta sexta comeza o Mundial de futbol e o portal FutbolGalego.net non vai perder detalle. Dende unha optica galega, anuncian un amplo seguimento do que vai ser o maior acontecemento deportivo deste ano.
Dende o PG, convidamos a tod@s @s fill@s da Galiza a vivir o Mundial de Alemania, tamén en galego e asemade, aproveitamos pra parabenizar a xente de FutbolGalego pola sua aposta asi coma pra desexarlles a millor das sortes. Bo Mundial!

Normalizando a Rede Galega, o Mundial na nosa lingua:

FutbolGalego.net naceu o 29 de decembro de 2005 acompañando a re-estrea da
Selección Galega, para revalorizar o noso fútbol e as nosas letras, tentando
innovar un modelo de xornalismo deportivo para xenerar unha alternativa na
información futboleira do País; na nosa lingua e dende os nosos prismas coma
galeg@s, dende os nosos campos.

Hoxe, seis meses despois, damos un salto e voamos cara Alemaña, ao maior
espectáculo para os amantes da bóla: o Mundial de fútbol.
Cada catro
anos o universo futboleiro reúnese durante un mes para adorar aos talentos,
aos magos, que co gallo da cita mundialista acostuman destapar as súas
mellores esencias.

FutbolGalego.net estará alí para contalo e ter a honra de ser o primeiro
portal en galego que dará cobertura a este grande “show”. Normalizar a
Rede Galega, xenerar alternativas de comunicación, son obxectivos esenciais
deste experimento que é FutbolGalego.net. Facer esquecer os tópicos
intelectuais que identifican o fútbol co opio do povo, un reto.
Re-encontrarnos en galego co País que vibra detrás da bóla, unha necesidade
para naturalizar Galiza.

Na procura dos nosos obxectivos despregaremos os nosos mellores esforzos
para dar un seguimento digno ao que en Alemaña esté a suceder día a día.
Contaremos así con colaboradores de México, Arxentina, Suiza, Portugal,
Xapón, Alemaña, Inglaterra, República Checa ou Serbia… Acompañarannos na
análise e a opinión xornalistas consagrados do fútbol galego coma Terio
Carrera, Luis Timiraos ou Irene Lourido, e a grande final será reservada
para a crónica do noso seleccionador nacional, Fernado Vázquez.
Ademáis,
de seguro que este mes deparará gratas sorpresas, xa que non podemos
esquecer que os clubes galegos envoltos en fases de ascenso xogaranse as
súas opcións, e nós, estaremos con eles tamén.

Así, mediante crónicas, opinión, curiosidades, e actualidade diaria non
deixaremos selección sen tocar, nen perla futbolística sen admirar. Os xa
clásicos do FutbolGalego.net coma Borxa Vilas, Brais García, Xosé Rei,
Moncho Bazarra, Miguel Grau ou Víctor Caride seguirán tamén tecendo fino
detrás dos teclados.

Agardamos coma sempre as vosas achegas, as vosas ideas, as vosas críticas,
para seguir reinventándonos, que é o que nos gusta…

QUE COMEZE O ESPECTÁCULO¡¡¡

Coma um elefante numha Cacharreria

Luns, Xuño 5th, 2006

Assim entrou o operativo policial ordeado polo fiscal chefe de Lugo, Jesus Maria Izaguirre no prédio da Deputacion de Lugo. Operativo que se saldou con quase umha duzia de detençoms, entre funcionarios e colaboradores.

Pois sim, pois sim, operativo que contan parecia quitado dum filme estadounidense, a Justiça, assim con maiusculas e ensinando musculo, fizo acto de presença o outro dia na sé da Deputacion.
O motivo, a sospeita de que pessoal desta instituçom cometesse actos de prevaricaçom nos ultimos anos co galho da concessom de obras a umha empresa construtora, Senén Prieto Ingenieria S.L. na que “casualmente” prestan os seus serviços, dous dos detidos neste operativo.

Assim, estes individuos terian aproveitado a sua condiçom de chefes de serviço na Deputaçom pra concederen a empresa investigada, o 95% das obras que pelas suas mans passavan. A devandita empresa foi tamén registrada a fundo. Senén Prieto S. L. tamén teria recibido encarregos da Xunta, na época na que Xosé Manuel Barreiro, alcaldabel polo PP ao Concelho de Lugo, exercia coma conselheiro de Meio-Ambiente.

Ao parezer, as sospeitas ja vinham de longe, ainda que semelha que foi umha denuncia do grupo socialista hai cousa de dous anos, con motivo dumhas oposiçoms na que as praças a concurso forom tudas pra pessoas vencelhadas a carregos do Partido Popular, a que abriu a caixa dos tronos.

De feito, a ideia dumhas instituçoms caducas e ateigadas de caciques que manexan segundo moi particulares criterios, os recursos materiais e humanos que deberian ser pra o desenvolvemento da provincia, forma parte do imaginario galego dende sempre. Tud@s conhecemos em maior ou menor medida, anédotas por chamalas dalgumha maneira, que quando menos serian indicadoras da escassa transaparencia coa que se age nestes organismos.

Em quanto as repercussoms politicas, Francesco, perdom, Francisco Cacharro Pardo (ver foto), maximo mandatario da Deputaçom dende hai 23 anos, veu a dizer que “tanto lhe tén” engadindo a continuaçom num alarde de originalidade que tras todo isto se agochan intençoms de desacreditar a sua figura e a do seu partido.

Sospeita que por certo, partilhan Mariano Rajoy ou o mesmisimo José Luis Baltar, que visto o peladas que ficaron as barbas de Cacharrone, perdom Cacharro, ja teria posto o trombon a remolho, maxime quando um dos seus discipulos mais aventaxados, o ex-alcalde da pequena vila d’Os Blancos José Antonio Rodriguez Ferreiro vai ser julgado esta semana por malversaçom de fundos publicos. Disque entre outras cousas, cobrou ums 1.400 euros em conceito de “dietas”, ao ir a visitares algumha das freguesias do seu concelho, ainda que iso nom seria nada comparado cos 37 milhoms das antigas pesetas que atoparian “dificil justificaçom”, segundo o Conselho de Contas.

Pela sua banda a oposiçom representada polo PSdeG e o BNG, amosou a sua satisfacçom e expresou o desejo de que a investigaçom chegue até onde tenha que chegar.
Ja de passo, os nacionalistas, aproveitaron pra lembrar o desproposito que supon manter instituçoms coma as Deputaçoms, aparecidas durante o século XIX em plena voragine centralista espanhola e que ainda que teoricamente nasceron pra dar cobertura e fornecer de serviços aos Concelhos, mais semelhan umha fabrica de favores e encomendas, sempre ligadas a sospeitas de corrupçom e mal uso de fundos publicos, quando nom de nepotismo.

Algo de caso, semelha que lhes fizeron pois o conselheiro da Presidencia, Méndez Romeu anunciou que o projecto pra a sua reforma ha estar no Parlamento da CAG a finais de ano. Falase de que a um recurte das suas funcionalidades, poderia seguir a asunçom destas por organismos comarcais que respostarian con mais tino e eficiencia, a realidade historica galega.

Nos polo momento nom aspiramos a tanto e conformamonos, con descobrer entre pasmados e encantados coma a cada dia que passa, algums dos velhos e reaccionarios mitos que de sempre caracterizarom a Galiza, van caendo, ainda que nom seja coa frecuencia e velocidade que arelamos.

A Nosa Fala

Luns, Xuño 5th, 2006

Marcia Diéguez fornécenos esta pequena reflexión, sobor de coma un cursiño de pandeireta pode ser unha boa ocasión pra comprobar que a vella máxima de Castelao está máis viva ca nunca.

“Se aínda hoxe, somos galegos, é por gracia do idioma”

Era abril de 2004 , o avião sobrevoava Santiago de Compostela , meu coração batia como se fora saltar pela garganta, as lágrimas me rolavam pela cara… estava a minutos de realizar um grande sonho … pisar na terra de meus avós.

Eu era uma das contempladas com unha praza para o Cursillo de Pandeireta e canto, oferecido pela Xunta de Galicia aos descendentes de galegos.
Apresenteime no Monte do Gozo, e ao me entregarem a chave do quarto, fiquei sabendo que minha companheira de habitação era de Nova York. Pensei … estou frita!, não falo inglés … meu Deus! além de dividir o quarto com uma pessoa que não conheço, não falamos a mesma lingua.

Segui para minhas instalações e pelo caminho escutava pessoas falando em inglês, frances, alemão, castelhano portenho, portugues … opa , era uma moça de Portugal, do Brasil eramos uns 6 mais ou menos .
Imaginei como seriam dificeis aqueles dias naquela Torre de Babel.

Já estava instalada no quarto, quando a porta se abriu e entrou uma Novayorquina super simpatica que me disse: Ola, que tal? chamome Ángeles.
Falava um galego delicioso; nos apresentamos e fomos nos juntar aos outros para as orientações do curso que tería inicio para o outro dia as 7 da manhã.
No auditorio, seguia a Torre de Babel, portavamonos iguais aos nossos pais e avós ao chegarem nos paises de acolhimento, nos juntavamos com os da mesma nacionalidade.

Entrou o Coordenador e falou : Ola , son Xesus , poden me chamar de Suso. Vamos nos presentar. Naquele momento todas as barreiras das linguas cairam por terra , todos falavamos o galego , cada qual com seu acento , uns mais fluentes do que outros , mais todos nos compreendemos , a partir daquele instante éramos uma só nação.

Nos dias que se seguiram tive a certeza de que , a musica e a fala são a identidade de um povo.