Archive for Xuño, 2005

Galiza amence cunha nova esperanza no aniversario do Estatuto do 36

Xoves, Xuño 30th, 2005

69 aniversario do plebiscito do primeiro estatuto de Galiza. Tirado de Vieiros

69 ANIVERSARIO DO PLEBISCITO DO PRIMEIRO ESTATUTO
Galiza amence cunha nova esperanza no aniversario do Estatuto do 36

[28/06/2005 09:45] Os milleiros de galegos que saíron a pasada noite para celebrar a vitoria da alternativa política ao goberno do Partido Popular teñen outro motivo para darlle maior sentido aínda á súa festa. Tal día como hoxe no ano 1936 a poboación galega refrendaba maioritariamente o seu primeiro Estatuto de Autonomía no marco da II República. Quedaban pouco máis de quince días para que o golpe de estado do xeneral Franco eliminase de vez non só o xermolo do proxecto nacional galego, senón a moitos dos que o fixeron posíbel.

Tanto o PSdeG como o BNG, que formarán con toda probabilidade o próximo goberno de coalición da Xunta, inclúen nos seus programas o aprofundamento no autogoberno e a reforma ou elaboración dun novo Estatuto que, segundo ambos partidos, debe estar listo e consensuado no primeiro treito da vindeira lexislatura.

Retómase deste xeito o proceso iniciado en 1936, cando os galegos votaron por si mesmos por primeira vez.

Fabulando o golpe de estado postal. Eleccións Galegas 2005

Luns, Xuño 27th, 2005

Artigo de Manuel M. Barreiro da semaniña de paixón que levamos antes do escrutinio final. Tirado de Vieiros

Mentres se consomen vagarosamente os días desta nosa Semana de Paixón e se achega o Día do Escrutinio Final, os enxeñeiros políticos do Partido Popular idean as pezas do novo episodio da Guerra Fría Civil coa que nos queren acalmar os calores deste verán que xa chega. Así o Comité de Panos de Fume deseña as estratexias futuras pensando xa no peor dos escenarios: a fracasada recuperación do disputado escano 38.

Peza primeira. Sementeira de dúbidas. O sistema de participación postal que rexe o voto dos inscritos no Censo de Residentes Ausentes ten carencias maiúsculas, transparencias nulas e controis minimalistas que deturpan maiormente a súa substancia democrática. E o Partido Popular, que se beneficiou intensivamente da súa opacidade e xestión discrecional e partidista, sábeo mellor ca ninguén. Non en van en 1989 fixéronse coa súa primeira maioría absoluta grazas aos votos de cidadáns ausentados noutras terras e mesmo residentes en ultratumba.

Sementar as dúbidas sobre o reconto electoral do CERA é a peza introdutoria da estratexia da desconfianza na que están empeñados os dirixentes populares. O PP está decidido a aventar o espantallo do pucheirazo postal co mesmo vigor con que abandeiran as causas xustas da familia en perigo, o uso partidario das vítimas do terrorismo, a defensa da unicidade do arquivo-botín de Salamanca ou da unidade de España.

Peza segunda. Autoproclamarse gañadores do voto da emigración. A incontinencia verbal levou a Manuel Fraga a adiantar o resultado certificado do escrutinio do CERA. O Partido Popular ten o 70% dos sufraxios emitidos, bramou. Resulta unha incógnita determinar cal foi a vía para acadar semellante coñecemento: unha revelación do lado escuro da forza electoral? Unha nigromántica arte adiviñatoria? Unha convicción achegada pola carretaxe postal transoceánica?

Ser, é tan só unha falorada monumental que serve para alimentar a idea de que se o PP ten menos do 70% dos votos, todo o que baixe desa porcentaxe no reconto real será consecuencia do roubo ou da manipulación da soberanía popular residente e ausente.

Peza terceira. Internacionalizar o conflito. A estensión territorial da sospeita está en marcha. As sacas da democracia ausentada tardan en chegar desde Venezuela porque están sendo cociñadas ao gusto do PSOE. Chavez será autor material do golpe postal que se está xestando. Finalmente resultará que a derrota do Partido Popular será un capítulo máis da exportación da revolución bolivariana ao continente europeo e un pagamento agradecido por venderlle Zapatero non sei que armas de destrución masiva ao goberno venezolano burlando a blocaxe norteamericana.

O obxectivo final é deslexitimar o desenlace feliz do escrutinio; cangar a opinión pública de mentiras e medos para empardecer o triunfo da Alternativa e embarcar á sociedade galega nunha nova batalla da Guerra Fría Civil que comandan Acebes e Zaplana. O Partido Popular desde o 11-M non perde as eleccións, róubanllas golpes de estado mediáticos, xudiciais ou postais. Deus está con eles, a verdade está con eles e o voto residente ausente é deles. A doutrina democrática da FAES aznariana non dá para máis.

Mentres eles traman a mentira do “golpe de estado postal”, nós aniñamos unha esperanza: que a primavera da ilusión acabe con ben e que comece o verán da nosa liberdade.

RedeGalega crea o portal da Fundación Océano Vivo

Xoves, Xuño 23rd, 2005

RedeGalega, o departamento de Fillos de Galicia encargado de fornecer servizos de Internet a outras ONGs galegas, ven de rematar un novo proxecto: o portal da Fundación Océano Vivo.

Neste proxecto RedeGalega deseñou o portal (que inclúe interesantes novas, arquivos fotográficos, directorio de links, foro de temática pesqueira, etc.), aloxouno e elaborou un plan de promoción online para obter visitas de interese para a Fundación.

Ademais desde hoxe pódese ver en Fillos.org, PlanetaGalego.info e mais Galeguidade.net un banner (que, como a calquera outra ONG galega, RedeGalega publica de balde) que anunciará o novo portal e mais as axudas que a Fundación concede a microproxectos de interese nas súas áreas de traballo.

Máis información no portal de Océano Vivo.

Para o PP a intolerancia é síntoma de fortaleza

Venres, Xuño 17th, 2005

Viron o famoso vídeo da bronca que lle bota Fraga ao seu colaborador nun aparte da recente entrevista en Antena3? Agora o PP, cunha retranca que se lles dispara pola culata, dá as grazas á Cadena SER por demostrar emitíndoo, que Fraga dá imaxe de fortaleza

Velaquí o texto íntegro da nota de prensa remitida onte pola Gabinete de Prensa do PPdeG:


Ata o de agora amosou unha falsa imaxe do Presidente

O PARTIDO POPULAR DE GALICIA AGRADECE Á CADEA SER QUE DIFUNDA A IMAXE REAL DE VITALIDADE E ENERXIA DE MANUEL FRAGA

Santiago, 16 de xuño de 2005.- O Partido Popular de Galicia quere agradecer publicamente á Cadea SER que por unha vez difunda a imaxe real de Manuel Fraga, cunha vitalidade e enerxía salientables, tal como se pode comprobar nos informativos da citada emisora.

A forza e o temperamento que se aprecian nesas imaxes demostran o perfecto estado e a capacidade de Fraga, características constantes nel, e moi especialmente no tramo final de campaña, en contraste co esgotamento e debilidade amosados polos seus adversarios, os aspirantes socialista e nacionalista nestas eleccións.

A habitual “obxectividade” da SER foi aplicada hoxe a unha situación de carácter privado producida nos estudios de Antena 3 de Galicia, nos que, previamente á emisión dunha entrevista, rexístrase unha discusión entre Manuel Fraga e un dos seus asesores, ao que o presidente responde con determinación cando por quinta vez intentaba colocarlle a garavata e abotonar a chaqueta.

Como é coñecido en Galicia e en toda España, particularmente polos profesionais de televisión, o presidente da Xunta é especialmente contrario ás maquillaxes, aos telepronters e a calquera elemento que poida contribuír a ofrecer unha imaxe artificiosa de si mesmo, e non é esta a primeira vez que un suceso coma este é recollido por algún medio de comunicación. Por certo, o que non recolle a SER é que Manuel Fraga, ao remate da entrevista, felicitou, como fai de continuo, ao seu colaborador por exercer o seu traballo.

CAMBIO DE ORIENTACIÓN DA SER

A cuestión que hoxe manipula a cadea SER non é, polo tanto ningunha novidade, agás a derivada do feito de que esta empresa de comunicación trata agora de desacreditar a figura de Manuel Fraga a través dunha imaxe de fortaleza, cando en ocasións anteriores, e de forma reiterada, o que intentou foi mostralo ante a opinión pública como un personaxe ancián, acabado e feble.

É por iso que o Partido Popular de Galicia reitera o seu agradecemento á SER por este cambio de orientación e pola súa decisión de ofrecer a imaxe real do presidente do partido.

O PPdeG agradece, igualmente, que a dita cadea teña decidido darlle a esta mostra de “obxectividade” a máxima difusión, dedicando á referida información a apertura do seu informativo nacional do mediodía. Unha decisión que dá mostra do bo criterio informativo da emisora e do seu loable empeño por darlle a maior atención a aquelas noticias sen dúbida máis trascendentais e de maior interese para os cidadáns.

Da lectura da nota despréndense interesantes conclusión:

  • Se a imaxe que antes trasmitía a SER era falsa, enténdese que esta do vídeo é a real!
  • Se é algo do que estar orgulloso tratar coma a merda a un colaborador que tenta facer o seu traballo cun vello teimoso e berrador, a que ven iso de que ao final lle deu as grazas? Iso non sería o contrario da imaxe de fortaleza que trasmitiu cos seus berros e insultos? Véselles o plumeiro!
  • …e o máis importante de todo, a mensaxe principal que nos trasmiten con esta nota: para eles amosarse como un vello cascarrabias que maltrata psicoloxicamente a un empregado, rozando o acoso laboral, é amosar fortaleza. Menos mal que non lle pegou unha hostia, pero senón qué demostraría!!!

¿Sindrome de Estocolmo o ignorancia?

Venres, Xuño 17th, 2005

La ignorancia no exonera de culpa, ya lo sostenían los romanos en sus códigos de derecho, por eso prefiero pensar en la posibilidad de una enfermedad mental, el síndrome de Estocolmo, para que, de este modo, no crear culpables sin un eximente, el del trastorno mental transitorio.

Será posible que a partir del próximo día 19 en Galicia corran aires nuevos si los “no residentes” en España deciden darle aires nuevos a su preciado y apreciado voto.

Valiosísimo, sí, ya que unos pocos votos de estos pueden cambiar la suerte de los “residentes”, de los que están y sufren Galicia desde dentro, de los que trabajan en Galicia y a diario se machacan la cabeza adivinando un futuro mejor, o al menos distinto para ellos, para sus hijos y para los no residentes en Galicia, que todos somos gallegos.

Los que tuvieron o tuvimos que salir de Galicia, los maltratados por la clase política gallega, los autoexiliados con la intención de vivir un poco mejor, a los que Galicia nunca nos dio nada más que un pobre herencia cultural y una degradación paulatina.

Los que vemos al día 19 desde fuera no podemos ser ajenos a lo que está pasando y consentir que un “vicerrector de geriátrico” (el rector murió de viejo), siga rigiendo, administrando (y racionando casi siempre) el futuro de las nuevas generaciones; y es que en Galicia hay algo más que pensionistas y retornados de la emigración con sus problemas económicos resueltos. Claro está, esta gente se identifica plenamente con nuestro sumo pontífice; a él le sucede lo mismo, con sus problemas resueltos, sigue cobrando su pensión en votos… y que más da lo que pase en el futuro. El futuro del señor Fraga es tan corto que le importa muy poco el futuro de los que tienen toda una vida por delante.

Este hombre, que sabe mejor lo que quieren los jóvenes que ellos mismos, que sabe lo que les conviene y lo que no…

Dejemos al señor Fraga que siga administrando su geriátrico, pero que deje que los que están fuera puedan intentar crearse un futuro nuevo y si se equivocan, no se preocupe, no creo que le llamen a usted para corregirlo.

¿Quién puede hacer más por los que vivimos fuera que un gobierno nuevo?, o mejor dicho, ¿quién puede hacer menos que el que hay?

¿Cambiará el futuro de Galicia el recuento de los votos de los no residentes?, ¿cuantos muertos votarán esta vez?

Las respuestas las tendremos pronto.

Nélida Piñón, filla de galegos, gaña o Príncipe de Asturias

Xoves, Xuño 16th, 2005

A escritora galego-brasileira Nélida Piñon gaña o Príncipe de Asturias das Letras, polo conxunto da súa obra narrativa. Noticia tirada de Vieiros.

Nélida Piñón naceu hai 68 no Río de Xaneiro, pero os seus pais eran de Cotobade. Ese vencello con Galiza marcou a súa obra e fíxolle ademais estreitar os seus lazos recentemente con nós, con visitas, edicións, actos e mesmo a Medalla Castelao en 1992. Agora Nélida Piñón é galardoada co Premio Príncipe de Asturias das Letras 2005 polo conxunto da súa obra narrativa, sustentada “na realidade e na memoria, e tamén na fantasía e os soños”, conforme sinala a acta do xurado. É a primeira autora lusófona que o recibe.

A acta leuna o director da Real Academia Española, Víctor García de la Concha, e destacou que na escrita da brasileira conflúen diversas tradicións literarias que configuran “unha singular teoría da mestizaxe”. De Nélida Piñon está publicada en versión galega a súa novela A República dos soños, en Galaxia, que está a ser un éxito de vendas. Piñón venceu nas últimas votacións os escritores estadounidenses Paul Auster e Philip Roth e o israelí Amos Oz.

Nélida Piñon, ou Nélida Cuíñas Piñón, é xornalista, profesora, e narradora, e membro dende 1989 da Academia das Letras Brasileiras, da que foi presidenta entre 1996 e 1997. Os pais de Nélida Piñón chegaron ao Brasil en 1920, onde naceu ela en 1937. Entre 1947 e 1949 Nélida pasará dous anos na súa aldea de Cotobade. Estudou xornalismo na Pontifícia do Río e foi profesora de literatura na Facultade de Letras na Federal do Río e na cátedra Henry King Stanford en Humanidades da universidade Miami.

Publicou a súa primeir novela en 1961, Guia-mapa de Gabriel Arcanjo, e dende aquela non deixou de escribir. A súa obra máis coñecida, a única versioneada en galego, A república dos soños (1984), trata de dous mozos que embarcan en Vigo en 1913 cara ao Brasil, cheos de soños e utiopías. Entre as súas principais obras cóntanse Fundador’ (1969), A casa da paixão(1972), A doce canção de Caetana (1987), O pão de cada dia (1994) ou a recente Vozes do deserto, publicada en versión brasileira pola editorial galega Candeia.

O presidente da Xunta, Manuel Fraga, envioulle un telegrama de felicitación a Nélida Piñón, no que lle transmitiu que “toda Galiza celebra a merecida concesión á súa persoa do Premio Príncipe de Asturias das Letras”. Fraga tamén lle comunicou o seu desexo de “felicitala personalmente” o vindeiro mes de outubro en Uvieu, durante a entrega dos galardóns.

A obtusa cultura do in-cultor

Xoves, Xuño 16th, 2005

Artigo de Rudesindo Soutelo publicado em A Nossa Terra, 9-VI-2005,
e reproduzido aqui sob licença do autor.

Um jornal galego referia-se estes dias a Maximino Zumalave -reconhecido director de orquestra e alma mater da Real Filarmonia de Santiago- como “compositor galego”. Talvez para o gazetista isso de tocar a batuta não lhe pareça uma coisa séria e decidiu mudar-lhe o ofício.

Não é a primeira vez que a mim, talvez porque consideram um elogio, me titulam de musicólogo e sempre respondo que eu pertenço ao grémio dos músicos. O rigor na linguagem é fundamental para transmitir mensagens precisas. Director de orquestra não é menos que compositor, é outra coisa. A musicologia é uma ciência derivada do trivium (gramática, retórica e dialéctica) em tanto que a música, junto com a aritmética, geometria e astronomia sempre conformou o quadrivium. Não é mais nem menos, é outra coisa. Os musicólogos estudam nas faculdades de Filosofia e História enquanto que a música se faz nos Conservatórios, ainda que outrora se fizesse nas faculdades de Música e Matemática. Francisco Salinas (1513-1590), -organista, catedrático de música na Universidade de Salamanca, autor do “De Musica libri septem” (1577) e protegido de Pedro Sarmiento, bispo de Tui e logo arcebispo de Compostela- inspirou a mais bela Ode de Fray Luis de León, na qual diz da sua música: “E como está composta / de números concordes, logo envia / consonante resposta; / e entrambas a porfia / mescla-se uma dulcíssima harmonia.”

Na Galiza não existe a crítica musical profissional, o qual é uma contradição com o número de musicólogos que produz a Universidade, mas os jornais não têm vocação pedagógica, e muito menos crítica quando o equilíbrio da sua economia depende dos subsídios do poder. Crónicas sociais do acontecer musical oficial numa esvaída cor de rosa é o mais indicado para não incomodar a autoridade de cinzenta cultura. Um jornal galego começou a publicar curiosas críticas musicais. Sabíamos que o dinheiro pode obrar milagres, sobretudo quando é abundante e sai do anónimo bolso dos cidadãos, mas não até o ponto de converter a crítica em louvor, elogio, aplauso, bênção, panegírico, bajulação, lisonja e adulação servil do poderoso in-cultor. O crítico transformado em bajulador, louvaminha ou estômago agradecido cantando as excelentes burrices da política pátria. Para isso servem as medalhas e subsídios a mãos-cheias aos meios de comunicação.

O próximo 10 de Junio, dia das letras portugalegas, às 12h vai-se celebrar no Auditório do Conservatório Superior de Música de Vigo uma audição da aula de Gaita de fole que dirige Rebeca Carrera. Nela vai-se estrear “Borobó”, o duo de gaitas de fole que em 1999 compus como prova de admiração a Raimundo García Domínguez, Borobó, mestre de jornalistas, sábio tertuliano de verbo ágil e mente aguda com quem tanto disfrutei, no Café Gijón e mais no Comercial de Madrid, e que por avatar ou quase metamorfose tenho a honra de ocupar o espaço que nesta hebdomadária publicação deixou o seu passamento. José Luís Miguélez e mais Sabela Olivares são os ousados gaiteiros que assumiram este difícil empenho. “Borobó” é o primeiro duma série de duos com os que pretendo aliciar a criação dum repertório culto que exprima ainda mais os recursos expressivos da gaita de fole. A dificuldade da obra exige dum domínio técnico muito elevado e que os intérpretes resolveram com um estudo rigoroso. Sei que Borobó, desde o seu trono de sabedoria, sorrirá com esta homenagem póstuma. Agora só falta que também se estreie o duo “Manuel María”, homenagem ao poeta da Terra Chã, ainda que a crítica musical subserviente ignore a realidade.

Os meios de comunicação controlados pelo Opus Dei, que na Galiza coincidem com os que mais medalhas e ouro líquido recebem do poder, reabrem a batalha para impedir que os autores vivam do seu trabalho, e pretendem induzir a sociedade à rebeldia para proteger os seus obscuros interesses. O sector mais cavernícola da direita também aproveitou o ambiente de bronca política do PP para deslizar no Senado uma tentativa de amordaçar os criadores, que curiosamente é aplaudida por grupos radicais e anti-sistema numa suspeitosa maridança.

O Carminha Burrana, conselheiro in-cultor, na apresentação do Festival Internacional de Música, onde a música galega foi sistematicamente ignorada, fala da “sensibilidade” do Vice-rei de Compostela e do “interesse de projectar” a Galiza, e ainda tem a pouca vergonha de dizer que está a fazer “cultura culta” frente a “cultura obscura” dos que não comungamos com as suas rodas de moinho. É a mesma cultura que vende a Junta para atrair investidores estrangeiros, pois publicaram um anúncio num jornal económico da Suécia que oferece salários inferiores aos europeus e flexibilidade de despido mais um 40% de subsídios para o investimento. E resume: “excelente qualidade de vida num estável ambiente social”, isso sim, na linha terceiro-mundista do anunciado roubo de votos do preboste Baltar. A obtusa cultura do in-cultor. Mais nunca.

© 2005 by Rudesindo Soutelo
ant@soutelo.com

Nota: Os artigos publicados desde Setembro 2003 a Julho 2004 estão
editados por Arte Tripharia no Corpus Musicum Gallaeciae.

Governo em funcios e as funcios do Governo

Luns, Xuño 13th, 2005

Pequena achega a campanha eleitoral galega e de passo de coma algums gostan tanto de governare, que nom poden deixalo nin quando lhes esta prohibido.

Sempre que falamos de governo em funciós, estamos a falar daquel que umha vez disolta a cámara legislativa, convoca comicios pra que o povo soberano poida escolher novos representantes e estes a súa vez designem un novo governo. Na Galiza, arestora estaríamos vivindo esta mesma situaçom, é máis, suponse que o grosso do trabalho quedou feito e chega o intre de defender ou criticar os resultados dese trabalho no que os politólogos deron em chamar campanha eleitoral.
Em principio esta adoita ser a única atribuçom dos governos em funciós, máis coma nom podería ser doutra maneira, Galiza é sitio distinto (tamén nisto) e assim o Partido Popular deu em aprovar um monte de medidas a ultima hora das que apenas puideron dar conta nin os meios nin case que a oposiçom.
Som medidas sensíbeis, que de primeiras, deberían ter sido presentadas con máis calma, digeridas, comentadas e asimiladas, mais coma aos malos estudantes (e nisto falo por própria experiencia) semelha que ao PP lhe entraron as présas de última hora.
Pra os siareiros populares, de certo, que esta nom será máis ca umha mostra da infinita capacidade de trabalho de Don Manuel e Cía mais políticos da oposiçom, jornalistas e malpensados em geral, relacionan claramente esta subita gana de trabalhar co medo real á perda do Governo da Xunta a maos da oposiçom assim coma umha tentativa de pór freo a esta possivilidade.
Fosse como for, nada milhor ca ums quantos exemplos pra ilustrar esta situaçom e tirar conclussoms (iso é algo que deixo pra vós na área de comentarios):

A concessiom de subvençoms. Clásico entre os clásicos á hora de premiar fidelidades e por suposto castigar aos que nom amosan como é debido a súa afecçom ao governo de turno. Véjase por ejemplo a polémica concessom de ajudas que concedeu o Serviço de Normalizaçom Lingüística. Abraia máis a nova se temos em conta que normalmente a Xunta concede subvençoms a posteriori, isto é, primeiro fas algo e se nós pensamos que o fixeches paga a pena, botámoste umha mao. Máis algo mudou este ano e a Xunta adiantou o 80% do importe das subvençoms, seica tantos anos no Governo fixo aos populares muito máis “desprendidos”.

Em campanha. Nom é justo que despois do inmenso trabalho realizado, moitos e moitas non se dean por enterados. Pra pór remedio a iso nada milhor que empregar material da Xunta, pagado por todos e todas na campanha. E se é no centro da Corunha, milhor que milhor, que as cousas sempre locen máis nos espaços abertos. De todos os jeitos se iso nom funciona, hai cousas que nunca falham coma o “trabalho de campo” ou tirar de dotes proféticas.

Meios de comunicaçom. Moi pero que moi vencelhado aos anteriores exemplos, está o papel dos mass-media. Bem é sabido que informaçom é poder e aliás, que caralho!… sería de parvos nom aproveitar todos os meios, máis ou menos sutís, dos que dispón a Xunta pra espalhar a boa nova e facer um pouco de auto-promoçom. Diso sabe e muito Don Manuel que foi “Ministro de Información y Turismo” co régime de Franco. Diso saben muito tamén (moi ao seu pesar) os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia assim coma tudos aqueles que agardaban con gana o primeiro e possívelmente derradeiro debate televisado da campanha eleitoral..

Mágoa que os cárregos nom sejan vitalicios. Isto é o que estarán a pensar, moitos dos que “pilharom cacho” na Administraçom nos ultimos anos e é que governar além da nobre misión de servir ao país otorga satisfacçoms muito máis mundanas coma a de poder procurar um posto a esa cunhada que sempre nos convida a súa casa da praia em Nigrán ou procurar um agocho a ese sobrinho que nom foi quem de rematar Dereito em Santiago. Por tanto, nom é hora de deixar de lado umha das actividades que máis réditos (e críticas em forma de insulto) lhe valeu ao PP…a designaçom de cárregos na Admón. e organismos paralelos (estaríamos a falar duns dous milheiros de postos).

Os emigrantes. Tema sensível onde os haja, máxime se temos em conta que somos muitos os que entrariamos nese impressionante ejercito de votantes que é a diáspora galega (mortos incluidos). Pra que ningumha leira quede sen sachar, nada milhor que desenhar umha campanha a medida e coma estamos no século XXI, postos a sachar que seja coas ferramentas adecuadas, véjase um portal de Internet que como di a cançom dá genio velo (ver foros) aínda que no caminho prexudiquemos a outras iniciativas coma fillos.org con máis experiencia pero iso sim, cegos á hora de reconhecer os éxitos da Xunta em materia de Emigraçom. O principal deles, sem dúbida, convertir em emigrantes a máis de 175.000 nativos da Galiza nos últimos 15 anos.

Velaquí um pequeño compendio do que agardamos endexamais seja exemplo de gestiom pra nengúm partido político, clube de fútebol ou comunidade de vizinhos. Se nos fan caso ou nom, habémolo ver do día 19 em diante.

Nacionalidade para os netos. ¿O 19 de xuño?

Luns, Xuño 13th, 2005

A postura dos principais partidos politicos cara a Nacionalidade para os netos.

As vindeiras eleccións autonómicas do 19 de xuño convertéronse dun xeito inesperado nun regueiro de promesas e contrapromesas electorais que deben ser examinadas con frialdade. A nacionalidade para os netos non queda o marxe das promesas, aínda que todos sabemos cal foi a postura de cada partido na recente reforma do Código Civil en materia de nacionalidade, así que penso que non esta de mais votar unha ollada cara atrás:

Partido Popular, agora non se corta de ningún xeito en ofrecela nacionalidade para os netos cando durante a tramitación da reforma do Código Civil en materia de nacionalidade, Lei 36/2002, de 8 de outubro, opúxose as enmendas do resto dos grupos parlamentarios para a concesión da nacionalidade os netos. Daquela nin o Presidente da Xunta (Fraga), nin os Parlamentarios galegos en Madrid do PP moveron un só dedo a favor dos netos. Daquela era o tempo, tiñan un Goberno “amigo” (do Presidente Aznar en Madrid). A recolleita de votos na emigración parece que sobre o papel fai mudala posición do PP. ¿Pódeselle dar creto agora?. ¿Toca agora falar da nacionalidade?. Non toca agora, por moito que prometan a nacionalidade a esgalla, pasóuselles o tempo, nin pode, nin o fixo, nin o vai facer, que ninguén se faga ilusións.

PSdeG-PSOE, non fala do asunto (como moito fala de recoñecemento de dereitos civís e políticos dos emigrantes). Mantivo na tramitación da lei da nacionalidade unha postura a favor da nacionalidade para os netos, tódalas súas enmendas nese senso foron rexeitadas polo Goberno do PP.
Dende o 14 de marzo de 2004 goberna en Madrid. ¿Cal é a postura do Goberno no tema da nacionalidade para os netos?. A resposta esta na acta do Diario de Sesións do Congreso de 25 de maio do 2004 na que comparece o Ministro de Xustiza (López Aguilar), a petición propia, do PP, e do Grupo Parlamentario Catalán (CIU) para informar as liñas xerais da política do seu departamento, na paxina 14 da devandita acta da sesión recollese o compromiso político (que xa non é unha promesa electoral) de modificala nacionalidade:
“…. Acometeremos también la reforma de la nacionalidad. A este respecto modificaremos los articulos 17 a 26 del Código Civil (nacionalidade) para ampliar el acceso a la nacionalidad en terminos realistas y viables. Una reforma que elimine obstáculos anacronicos y requisitos temporales innecesarios para la adquisición o recuperacion de la nacionalidad española”.
Levamos pouco mais de un ano de lexislatura, ¿cumprirase ou non?, que cada quen saque as súas conclusións, o que non se lle pode negar a este goberno é que vai facendo as cousas que prometeu.

BNG, daquela cando se tramitou a Lei do 2002, mantívose sen ningunha dubida a favor do dereito a nacionalidade para os netos. ¿Entón porque non fala dela?, eu penso que non fala dela o mellor por unha cuestión de integridade política, de principios nacionalistas e tamén porque sabe que non toca agora. Os feitos do pasado din que sigue no camiño de defendela como fixo antes, coa mesma enerxía e non teño ningunha dubida que vai manter a mesma liña, antes, agora e despois na loita polo dereito a nacionalidade dos netos.

Xa para rematar, unha pequena reflexión, o Goberno de Madrid que é monocolor do PSOE, mantense grazas o apoio no Parlamento dos grupos pequenos. Penso que é moito mais que un goberno do PSOE, son tempos de negociar para mantelos apoios, o mellor síntoma de saúde democrática que podemos ter.

O 19 de xuño mais de un século da mesma política en Galiza que viron bisavós, avós, pais e netos vai camiño de morrer afogada pola marea dos votos. A nosa terra por primeira vez ten a oportunidade de ter gobernantes que lle dean a este pais o futuro que merece a súa xente.

Fonte: www.congreso.es

Daniel Tomé Seoane
Socio da A.C. Fillos de Galicia.

Eleccións Galegas 2005

Xoves, Xuño 9th, 2005

O vindeiro 19 de Xuño os galegos elexiremos por sétima vez aos nosos representantes no parlamento galego e eles ao Presidente da Xunta de Galicia.

Coa intención de informar coa maior obxetividade posible e sen ánimo de influir de ningunha maneira na decisión persoal de cadaquén, tratarei de xuntar neste artigo algunhas das cuestións que poden interesar aos emigrantes de cara á emisión do seu voto :

– Procedemento para votar dende o extranxeiro.
– Reparto de escanos
– Partidos que presentan candidaturas por cada provincia.
– A emigración nos programas electorais dos tres principais partidos.
– Os tres candidatos á presidencia.

O voto dende o extranxeiro:

Teñen dereito a votar nas eleccións ao Parlamento de Galicia os cidadáns españois residentes no estranxeiro que teñan a condición política de galegos e estean inscritos no censo de electores nesta situación. Este censo de electores que viven no estranxeiro é formado polos consulados, que teñen a misión de tramitar de oficio a inscrición dos españois residentes na súa demarcación e de manter actualizado o devandito censo (altas, baixas e cambios de domicilio).
Estes electores que viven no estranxeiro deben recibir da Oficina do Censo Electoral un certificado de inscrición no censo e as papeletas e sobres de votación, así como un sobre co enderezo da Xunta Electoral Provincial á que debe remitirse o voto. Unha vez que o elector escollese a papeleta de voto e a introducise no sobre de votación, pechándoo, introducirao, xunta o certificado de inscrición no censo, no sobre co enderezo escrito que lle foi enviado para remitilo á Xunta Electoral Provincial que lle corresponde.
O envío á Xunta Electoral pode facerse de dúas maneiras: ou ben por correo certificado enviado non máis tarde do día anterior ó da elección (é decir, neste caso non mais tarde do 18 de xuño), ou ben entregando persoalmente o sobre no consulado no que estea inscrito o elector non máis tarde do sétimo día anterior á elección (é decir, neste caso non mais tarde do 12 de xuño).
É indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre, no cal se envían, un mataselos (ou outra inscrición oficial de correos ou do consulado) no que se certifique a data en que se fixo o envío (e que esta data estea dentro do prazo fixado para iso).
Para que o envío certificado desde o estranxeiro do sobre de votación non sexa gravoso para os electores residentes ausentes, inclúese entre a documentación que a Oficina do Censo lles remite a estes electores un impreso para solicitaren o reintegramento dos gastos de franquía satisfeitos pola remisión do voto. O importe da franquía será remitido a cada votante pola Dirección Xeral de Correos e Telégrafos.

O reparto de escanos

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia a circunscripción electoral é a provincia. En cada cita electoral, cada provincia ten atribuido un número de deputados que depende da súa poboación: todas as provincias teñen atribuidos un mínimo inicial de 10 escanos e o número adicional de escanos que lle corresponda en proporción a súa poboación.

Nesta cita electoral correspóndenlle 24 escanos á provincia de A Coruña, 22 á de Pontevedra, 15 á de Lugo e 14 á de Ourense.

Candidaturas proclamadas:

Ademáis dos tres partidos que actualmente contan con representación na Cámara galega, concurren a estes comicios outras 13 forzas políticas minoritarias dun amplo espectro ideolóxico, dende independentistas a centristas, humanistas, de ultradereita ou republicanos. As novidades son a concurrencia de Falange Española y de las JONS nas catro provincias e a desaparición do Partido Galeguista, que se retirou por non ter fondos para financiar a campaña.

Nove das candidaturas preséntanse nas catro circunscripcións: ademais dos tres principais partidos están EU- IU, Frente Popular Galega, Falange Española, Nós Unidade Popular, Partido de los Autónomos e CDS. Outras organizacións que non concurren en todas as provincias son Democracia Ourensana, Partido Humanista, Identidade Galega, Democracia Nacional, Partido Social Español Popular (SEP), Partido Social y Democrático de Derecho (SDD) e Izquierda Republicana-Esquerda Republicana Galega (IR-ERG).

As provincias con maior número de candidaturas son A Coruña e Pontevedra con doce, seguidas de Ourense con once e Lugo con dez.

A CORUÑA:

1. PARTIDO POPULAR (P.P.).
2. ESQUERDA UNIDA-IZQUIERDA UNIDA
(EU-IU).
3. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.).
4. PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-
PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL
(PSdeG-PSOE).
5. PARTIDO HUMANISTA (PH).
6.NÓS-UNIDADE POPULAR (NÓS-UP).
7. PARTIDO DE LOS AUTÓNOMOS Y PROFESIONALES
(AU.TO.NO.MO.).
8. IDENTIDADE GALEGA (IDEGA).
9. FRENTE POPULAR GALEGA (F.P.G.).
10. FALANGE ESPAÑOLA DE LAS J.O.N.S. (FE
de las JONS).
11. DEMOCRACIA NACIONAL (D.N.).
12. CENTRO DEMOCRÁTICO Y SOCIAL (C.D.S.).

LUGO

1. PARTIDO POPULAR (P.P.).
2. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.).
3. PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-
PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL
(PSdeG-PSOE).
4. ESQUERDA UNIDA-IZQUIERDA UNIDA
(EU-IU).
5. PARTIDO HUMANISTA (PH).
6. FRENTE POPULAR GALEGA (F.P.G.).
7. FALANGE ESPAÑOLA DE LAS J.O.N.S. (FE
de las JONS).
8. NÓS-UNIDADE POPULAR (NÓS-UP).
9. PARTIDO DE LOS AUTÓNOMOS Y PROFESIONALES
(AU.TO.NO.MO.).
10. CENTRO DEMOCRÁTICO Y SOCIAL (C.D.S.).

OURENSE

1. PARTIDO POPULAR (P.P.).
2. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.).
3. ESQUERDA UNIDA-IZQUIERDA UNIDA
(EU-IU).
4. PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-
PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL
(PSdeG-PSOE).
5. NÓS- UNIDADE POPULAR (NÓS-UP)
6. FALANGE ESPAÑOLA DE LAS J.O.N.S. (FE
de las JONS).
7. FRENTE POPULAR GALEGA (FPG)
8.PARTIDO HUMANISTA (PH)
9. PARTIDO DE LOS AUTÓNOMOS Y PROFESIONALES
(AU.TO.NO.MO.).
10. CENTRO DEMOCRÁTICO Y SOCIAL (C.D.S.).
11. DEMOCRACIA OURENSANA

PONTEVEDRA.

1. PARTIDO POPULAR (P.P.).
2. PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-
PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL
(PSdeG-PSOE).
3. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.).
4. NÓS-UNIDADE POPULAR (NÓS-UP).
5. FRENTE POPULAR GALEGA (F.P.G.).
6. PARTIDO DE LOS AUTÓNOMOS Y PROFESIONALES
(AU.TO.NO.MO.).
7. ESQUERDA UNIDA IZQUIERDA UNIDA
(EU-IU).
8. FALANGE ESPAÑOLA DE LAS J.O.N.S. (FE
de las JONS).
9. PARTIDO SOCIAL ESPAÑOL POPULAR
(S.E.P.).
10. CENTRO DEMOCRÁTICO Y SOCIAL (C.D.S.).
11. PARTIDO SOCIAL Y DEMOCRÁTICO DE
DERECHO (SDD).
12. IZQUIERDA REPUBLICANA-ESQUERDA
REPUBLICANA GALEGA (IR-ERG).

A EMIGRACIÓN NOS PROGRAMAS ELECTORAIS DOS TRES PARTIDOS CON REPRESENTACIÓN PARLAMENTARIA :

( copio aquí integramente a parte do programa de cada un dos partidos con representación parlamentaria que trata o tema da emigración )

PARTIDO POPULAR- PPdeG:

A memoria intelixente e solidaria. Política de Emigración

Balance
Dende 1990 a través da Secretaría Xeral para as Comunidades Galegas e a partir do 2001 ca creación da
Consellería de Emigración, o goberno do Partido Popular traballou co obxectivo de prestar aos galegos
do exterior toda a axuda posible, en tempos difíciles, para reforzar e revitalizar os lazos coa súa terra.
Algúns datos expresan e concretan esta labor.

Axudas asistenciais individuais e accións de xestión social:

• Preto de 33.000 axudas asistenciais a emigrantes galegos.
• Programa de centros de día e atención a maiores con máis de 10.000 usuarios.
• Entrega de medicamentos durante a crise Arxentina a preto de 11.000 persoas e asistencia médica de
cabeceira a preto de 27.000 persoas.
• Axuda alimentaria a máis de 7.000.
• Colaboración na recuperación das cotizacións de emigrantes en Suíza por importe superior a
15 millóns de euros.
• Creación da Fundación Galicia Emigración para canalizar a iniciativa civil en favor da emigración.
• Creación da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia.
• Axudas para cobertura socio-asistencial e sanitaria a maiores concedidas a través de entidades prestadoras
para máis de 10.000 persoas.
• Encontro con Galicia: 19.000 beneficiarios.
• Bolsas de Estudos universitarios: máis de 250 bolseiros.
• Actividades formativas nas comunidades galegas: máis de 72.000 alumnos.
• Recuperación do patrimonio histórico e documental dos centros galegos en colaboración co Consello
da Cultura Galega. Número de centros: 244.
• Creación de Aulas Permanentes de Formación e Cultura de Galicia en Venezuela, Arxentina e México e
as Oficinas de Atención de Programas Sociais en Bos Aires, Uruguai, Venezuela.
• Política integral de apoio ao retorno mediante procesos de acollida e adaptación, acceso ao mercado laboral, formación, orientación e información así como potenciación do asociacionismo e sensibilización da poboación de acollida e axuda a retornados sen recursos. Número de axudas asistenciais:
máis de 1.600.
• Incorporación das comunidades galegas ás novas tecnoloxías a través do Portal da Emigración Galicia Aberta, a súa presenza na rede e a videoconferencia.
• Configuración das comunidades galegas como axentes de cooperación ao desenvolvemento.
• Apoio á renovación de infraestructuras, dotacións e equipamentos dos centros galegos, actuándose en
máis de 200 entidades con axudas a preto de 6.000 proxectos concretos.
• Axudas a entidades galegas para prestación de servizos asistenciais a máis de 200 entidades con
axudas a preto de 325 proxectos.

As Nosas Propostas

Nunha comunidade na que a emigración é elemento esencial da súa conformación e estructura, o PP de
Galicia, aprecia especialmente a achega histórica dos nosos emigrantes e das comunidades creadas por
eles ao longo do mundo, así como o valor e a oportunidade única que constitúe para Galicia o magnífico
capital humano que forman os membros da nosa comunidade exterior, como motor de futuro.
Deste xeito:
• Defenderemos con enerxía a condición de emigrante como cidadán español de pleno dereito, reafirmando
o principio de igualdade no recoñecemento dos seus dereitos políticos, económicos, sociais e culturais.
• Incidiremos nos efectos multiplicadores que supón a enorme potencialidade que encerra a presenza
dos galegos no mundo
• Renovaremos a nosa vocación de ser a forza política que fai valer con enerxía e eficacia, ante todas as instancias, os dereitos irrenunciables da emigración.

O noso compromiso comprende dous obxectivos principais:

1. Estar decididamente con todos os galegose as súas familias en calquera lugar onde se atopen, como fixemos sempre, en todo momento e, especialmente en situacións de necesidade crítica dos residentes no exterior.

2. Impulsar e afondar en todas e cada unha das accións do Plan Integral para a Galicia Exterior,nas
súas dez áreas de intervención, plan pioneiro e modelo en España de participación dos residentes no
exterior na vida social e cultural da súa comunidade autónoma.

Este dobre compromiso concrétase nas seguintes actuacións:

• Axudas asistenciais individuais a emigrantes galegos (invalidez, enfermidade ou infortunio familiar,
orfandade para fillos de galegos….).
• Encontro con Galicia(reencontros, vacacións para lembrar, cursos de especialización, campamentos,
etc.).
• Concursos culturais para a Galicia exterior (fotografía, pintura, interpretación musical, investigación, ensaio e relato breve, entre outros).
• Apoio á actividade cultural e deportiva das entidades galegas.
• Bolsas para estudos universitarios en Galicia.
• Actividades formativas nas comunidades galegas (lingua, literatura, historia, formación empresarial, terapia ocupacional).
• Apoio infraestructural ás comunidades galegas.
• Promoción asistencial, social, cultural e informativa das comunidades galegas.
• Proxectos creativos, formativos, de participación e intercambio promovidos pola mocidade da Galicia Exterior.
• Mobilidade xuvenil(rede de información no exterior, foros pluridisciplinares, programas europeos para a xuventude da diáspora…).
Ademais, continuaremos a ser o referente necesario en políticas de atención aos emigrantes.
• A plena cobertura social e sanitariados nosos maiores.
• O acceso privilexiado e sen obstáculos innecesarios á nacionalidade española para os netos de españois.
• O exercicio efectivo dos dereitos sociais e políticos dos emigrantes en igualdade co resto de españois.
• O acceso de todos a cultura, á educación, ao empregoe as mellores condicións para o retorno.
• A protección integral das familias emigradas e dos colectivos e persoas en especiais situacións de desigualdade ou desprotección (maiores, minusválidos e infancia)
Reforzaremos permanentemente os vínculos entre os membros da Galicia exterior e desta con Galicia co obxectivo primordial de que todos poidan sentir o orgullo de seren galegos e participen activamente da vida política, social, cultural e económica da nosa terra. Así mesmo, defenderemos o cómputo do número de emigrantes á hora da asignación de recursos financeiros entre as administracións de cada nivel (local e autonómico) co fin de destinalos coherentemente a políticas específicas no seu beneficio.
Dentro da reforma do Senado, defenderemos a configuración dunha circunscrición exclusiva dos emigrantes para canalizar a representación específica da nosa diáspora na futura cámara de representación territorial
Activaremos a reforma da lexislación electoral para perfeccionar o proceso de votación dos emigrantes e remover os obstáculos que afectan ao exercicio do dereito de sufraxio libre, igual, directo e secreto para o seu desenvolvemento en condicións equiparables aos do electorado do interior.
Afondaremos e completaremos as políticas de APOIO AOS RETORNADOS. Isto farémolo desenvolvendo e ampliando os programas de información, orientación, formación, asesoramento legal, así como as medidas específicas de axudas en estados de necesidade e a facilitación do acceso aos servizos e
prestacións sociais e a vivenda.

PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA- PSdeG-PSOE:

Galicia e os galegos e galegas do exterior

A consolidación dos vínculos coa nosa emigración debe apostar por mecanismos
innovadores, baseados na reciprocidade e na relevancia individual, que potencien
a constitución dun lobby galego dinamizador e multiplicador dos intercambios
a tódolos niveis.
Isto implica un cambio substancial na forma en que a Xunta de Galicia
debe dirixirse ós galegos que viven fóra de Galicia e ós seus descendentes. Un
novo modelo de relación onde a administración recoñeza dereitos, en lugar de
conceder favores; onde tódolos cidadáns poidan ter acceso á información en
igualdade de condicións; e onde a dignidade persoal de quen se ve na necesidade
de demandar axuda non se vexa agredida por prácticas perversas de exercicio
do poder como agora sucede en grande medida.
Por outra banda, o forte proceso de mingua demográfica de Galicia pode
ser correxido, en parte, coa incorporación dos fillos e netos dos emigrantes
galegos que desexen retornar á Patria dos seus devanceiros e dos milleiros
de mozos galegos que nos últimos tempos tiveron que emigrar cara outras
comunidades autónomas.
Por isto propugnamos unha nova forma de facer política de emigración, que
poña a educación e a cultura no cerne da mesma, potenciando o coñecemento
e a difusion da creación cultural galega no exterior, para, a través dela, gañar
presenza de Galicia no mundo e aumentar as cotas de interese e autoestima dos
emigrantes o dos seus descendentes.
Cómpre salientar, por outro lado, o valor potencial da presenza dos
galegas e galegas en tódolos estractos socioeconómicos dos países de acollida
especialmente en América, ocupando moitas veces postos de responsabilidade
no mundo da Política, da Cultura, do Comercio, da Comunicación, e mantendo
fortes vínculos co País. Cremos que isto representa unha oportunidade para
estes cidadáns, e tamén para Galicia e os seus paises actuais.

Obxectivos

· Extender os dereitos socio-sanitarios ó conxunto da emigración galega.
· Ampliar os instrumentos de representación política dos galegos que viven
fóra de España.
· Xerar as condicións económicas e sociais que permitan o retorno da nosa xente
moza emigrada a outras comunidades autónomas, e dos emigrantes, e os seus
descendentes, que viven fóra de España.
· Implicar o colectivo emigrante no proxecto de construción europea.
· Promover e difundir a cultura galega entre os galegos e galegas residentes no
exterior e os seus descendentes.
· Manter e promocionar o patrimonio cultural das sociedades galegas creadas
no exterior.
· Captar inversións e proxectos empresariais que xeneren riqueza e emprego,
utilizando como un dos vieiros a rede creada pola emigracion galega no mundo.

Medidas

1. Establecer un marco legal específico que garanta o pleno recoñecemento de
dereitos civís e políticos dos emigrantes, así como a garantía de cobertura de
bens e servizos públicos como o resto da cidadanía galega.

2. Crear en colaboración co Estado e co conxunto das forzas políticas, —no
marco do debate da modificación da Constitución e do papel do Senado como
cámara territorial —, de circunscripcións electorais no exterior a fin de garantir
ós emigrantes o dereito a elixir os seus propios representantes, gañando
así capacidade política e representativa nas cámaras de representación da
soberanía popular.

3. Propoñemos as modificacións lexislativas pertinentes para permitir o
exercicio do voto emigrante en colexios electorais no exterior, en condicións
de igualdade e de liberdade equiparables ás existentes na Galicia peninsular.

4. Crear a figura do Valedor do Emigrante como comisionado do parlamento de
Galicia para a defensa dos dereitos fundamentais e liberdades dos emigrantes
galegos, da súa dignidade individual e colectiva e dos seus dereitos sociais e
laborais.

5. Incentivar o retorno de mozos galegos emigrados, por causas laborais, a
outras comunidades autónomas. Fomentaremos e incentivaremos o retorno
dos fillos e netos de galegos, procedentes da emigración histórica, que desexen
retornar á Patria dos seus devanceiros.

6. Creación da Oficina do Retorno que facilite información sobre os diversos
temas relacionados coa volta e a instalación dos emigrantes retornados (vivenda,
educación, oportunidades de emprego, convalidación de títulos profesionais
e académicos, planos de estudo, etc) e a necesaria asesoría legal, laboral,
académica, etc.

7. Promover e apoiar todo tipo de campaña institucional de divulgación e
formación de opinión na Galicia do Exterior, especialmente á residente en
América Latina, sobre o futuro da construción europea, achegando o debate
sobre implicacións e perspectivas de futuro de Europa como inmediato entorno
institucional e político-económico de Galicia con consecuencias sobre todos os
galegos (incluídos, xa que logo, os emigrantes).

8. Extender a cobertura xeral, en coordinación co Estado e con outras
administracións públicas, de bens e servizos públicos á poboación emigrante,
ampliando o dereito á sanidade e o sistema de pensións público.

9. Establecer mecanismos de protección específicos para os retornados maiores
ou en situación de precariedade económica ou social, apoiando as familias
receptoras e facilitando a súa integración social.

10. Considerar os centros sanitarios, dependentes da colectividade galega
emigrante, como Centros Asociados ó SERGAS a fin de achegar a estas entidades
os recursos técnicos e profesionais que os fagan máis operativos e redunden
nun maior beneficio para o colectivo emigrante.

Educación e cultura na acción exterior

· Crear o Instituto Rosalía de Castro, como embaixada cultural de Galicia
no mundo que cumplirá cunha dobre función: servir de catalizador da
colectividade galega en cada país de acollida, respondendo ás súas demandas
culturais, e ser o escaparate no exterior da intensa vida cultural de Galicia.
· Implementar un programa de recuperación do patrimonio histórico e cultural
no exterior (inmobles, bibliotecas emblemáticas, documentos, coleccións…)
· Promover a declaración de Bens de Interese Cultural (BIC) a aqueles Centros
Galegos que, polo seu interese arquitectónico, cultural, etnográ.co, histórico,
artístico, patrimonial, ou calquera outro relacionado co fenómeno migratorio
galego, merezan esta consideración.
· Constituír unha plataforma de educación superior, en colaboración coas tres
universidades públicas galegas, orientada cara América e dirixida especialmente,
ós emigrantes galegos e ós seus descendentes.
· Extender a rede de centros educativos, en países de forte presenza de emigrantes
galegos, donde se impartan clases de lingua, cultura e historia de Galicia.
· Fomentar de maneira sinalada a presenza da cultura galega dentro dos fluxos
globais virtuais e a participación activa na configuración do espazo cultural
europeo.
· Constituír unha rede de Observatorios Económicos no Exterior, especialmente
en América Latina, como nó que vencelle os intereses produtivos e comerciais
de Galicia cara ó exterior e da colectividade galega no exterior cara Galicia e,
a través dela, con España e Europa.
· Promocionar, nos países de forte presenza de emigrantes, o patrimonio cultural
galego coa finalidade de potenciar un turismo «de raíces», de forte contido
cultural e económico que, xa que logo, permita un maior coñecemento da
realidade social e histórica de Galicia e unha posta en valor da mesma.

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO- BNG:

IGUALDADE REAL PARA OS EMIGRANTES

O fenómeno emigratorio foi particularmente intenso ao longo dos dous últimos séculos. A maior parte dos estudos realizados sobre o asunto recollen estimacións que sitúan por cima da cifra dun millón os galegos e as galegas que emigraron cara a diversos destinos dentro do Estado español, Europa e América Latina.
Porén, lonxe de remitir esa vaga migratoria, observamos que moitas persoas de Galiza han de procurar un traballo e un futuro dignos lonxe da súa terra aínda hoxe en día. Continúa a haber galegas e galegos, que por mor do declive económico de Galiza, parten a traballar a outros lugares do Estado, cara a Andorra, Portugal, Reino Unido, etc., e nun número significativo.
Esta nova emigración afecta sobre todo a xente nova, formada e cualificada na Galiza, en plena capacidade produtiva, e que non atopa posibilidades de desenvolvemento profesional no país acorde co seu nivel formativo. Baixo o eufemismo da mobilidade laboral, agáchase na realidade a cativeza e falta de dinamismo do sistema produtivo de Galiza que obriga a que moitas persoas -xeralmente con idades inferiores aos 30 anos, con coñecementos e preparación notábeis- teñan que emigrar para poderen desenvolver un traballo acorde coa súa formación. Son notorios os exemplos de profesionais sanitarios galegos en Portugal e Gran Bretaña, ou de científicos e enxeñeiros ás cidades industriais do Estado español.
Así mesmo, debemos ter presente que as anteriores xeracións de galegas e galegos que emigraron, sobre todo cara a países de América, están a pasar dificultades pola forte crise económica e social que atravesan a maioría dos mesmos, co que deben ser obxecto de atención permanente por parte do Goberno galego. Unha atención que debe ir máis aló do reparto de recursos públicos entre as comunidades galegas no exterior con afán de recobro pola vía de réditos electorais, como vén facendo o PP nos últimos anos. E tamén unha actuación que fuxa da aplicación de criterios personalistas e partidistas, e que substitúa a concepción de beneficencia da política de apoio aos galegos e galegas emigrados que se atopan en situacións de necesidade pola consideración de cidadáns que son suxeitos de dereitos sociais e económicos.
O BNG vén afirmando o seu compromiso a prol da igualdade entre os galegos e galegas, con independencia do seu lugar de residencia. Como plasmación do mesmo, a acción de Goberno do BNG en materia de emigración nuclearase arredor da plena equiparación dos dereitos sociais, civís e políticos dos cidadáns e cidadás residentes no exterior, que se concreta tanto en facilitar o acceso a un nivel de servizos sociais e prestacións asistenciais básicas, como en garantir unha participación política de xeito libre e democrático.

OBXECTIVOS

A fin de atinxir esa igualdade real, o BNG fíxase os seguintes obxectivos:
_Promover a mellora do nivel de protección social dos galegos e galegas emigrados que se atopan en situacións de necesidade.
_Garantir uns niveis de cobertura e asistencia social básicos a todas as persoas emigrantes orixinarias de Galiza por medio do estabelecemento dunha rede asistencial estábel, en colaboración coa Administración central.
Asegurar o financiamento público suficiente para estender a rede asistencial á emigración.
Mellorar dun xeito especial a asistencia sanitaria dos galegos e galegas no exterior.
Implantar un sistema de interlocución e participación democráticos coas comunidades galegas no exterior.
Articular un reparto xusto das axudas públicas ás comunidades galegas no exterior que erradique o clientelismo.
Manter vivos os vínculos lingüísticos e culturais coas persoas de orixe galega que residen fóra de Galiza.
Favorecer o retorno e a inclusión social e económica dos emigrantes retornados.

MEDIDAS DE GOBERNO

O Goberno do BNG aplicará as medidas de goberno dirixidas á diáspora:

Deseñar un Plano de asistencia sanitaria e servizos asistenciais, que permita cubrir as deficiencias dos sistemas sociosanitarios de protección social dos países de acollida dos emigrantes galegos que non conten cun sistema sanitario e asistencial con cobertura suficiente.
Estabelecemento dun plano de retorno para os galegos e galegas emigrados coas seguintes liñas:
Atender as peculiaridades dos distintos tipos de emigración
Implementar medidas de información, reciclaxe e reorientación profesionais
A concesión de prestacións sociais e económicas iguais ás percibidas polos residentes na Galiza

En tanto non se produzan as transferencias en materia de emigración que o BNG reclama no novo Estatuto para Galiza, o BNG intercederá perante o Goberno central para eliminar as trabas existentes na lexislación para o acceso a prestacións e subsidios de protección social para os emigrantes. De xeito especial, proporase a reforma do subsidio de desemprego para mellorar o acceso por parte dos emigrantes e a inclusión na cualificación de baixas por incapacidade do sistema de Seguridade Social española de enfermidades que noutros países son causa de incapacidade e que polo de agora non é recoñecida pola lexislación española.

Potenciar a difusión de programas da lingua e cultura galegas nos Centros Galegos da diáspora e nas institucións e organismos dependentes do Estado español no estranxeiro (Instituto Cervantes) a través da promoción de actividades culturais, de promoción da lingua galega e intervención e catalogación dos abundantes bens culturais galegos no exterior.

Espallamento da lingua galega e da cultura na emigración, co fin de promocionala e mantela, potenciando os intercambios, a edición de libros, a produción audiovisual e musical, a organización de exposicións e conferencias, co fin de estimular ademais a creación dun mercado de consumo cultural de produtos galegos que teña en conta o mercado potencial representado pola Galiza exterior.

Emprego da lingua galega na programación exterior dos medios públicos de comunicación destinada á emigración, tanto en radio como en televisión.

Ampliar a dotación orzamentaria e a implantación territorial dos Lectorados de galego nas Universidades estranxeiras.

Inclusión de materias como Lingua, Literatura e Historia de Galiza nos centros formativos españois abertos no extranxeiro.

Preservación e defensa do patrimonio galego na diáspora, impedindo a súa privatización ou o uso para fins comerciais ou diferentes aos orixinariamente concebidos.

Reforma da Lei de Galeguidade e da normativa referente aos centros e asociacións galegos, co fin de modernizalos, repartindo equitativamente os fondos e subvencións, realizando auditorías regulares para evitar situacións de fraude e manipulación e en especial de convertilos en verdadeiros lugares de información, xestión e axuda para as galegas e galegos no exterior.

Incremento da dotación orzamentaria dos Centros Galegos e redefinición das funcións que desenvolven a través de programas comúns de actividades, para que cubran, ademais do eido cultural, funcións de información, asesoría xurídica, programas de atención laboral e creación de emprego e de cursos de lingua e cultura galegas.

Aproveitamento dos centros dependentes da Xunta de Galiza no exterior (Casa de Galiza en Madrid, Centro de Información de Bos Aires, etc.), para potenciar a proxección de Galiza no exterior. Así mesmo, estabeleceranse convenios de cooperación entre estes centros e institucións culturais galegas (Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Centro Ramón Piñeiro, Centro Dramático Galego, Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, asociacións, etc.) para posibilitar a divulgación da cultura galega no exterior.

Impulsar a organización dunha rede para proxectar Galiza no exterior, especialmente nos principais focos onde está concentrada a diáspora galega, para seren epicentros de divulgación de Galiza como nación universal, da súa lingua e cultura.

Reclamar a reforma urxente da lexislación electoral, a fin de incrementar as garantías de personalidade e segredo do voto: estabelecemento da posibilidade de votar en furnas en mesas electorais situadas en Embaixadas, Consulados e outros centros oficiais instalados no exterior; exixencia ao Goberno estatal que perfeccione o control, a depuración e a actualización do censo de residentes no extranxeiro; garantir a igualdade de condicións na campaña electoral no exterior a todas as forzas políticas; consideración dos residentes no estranxeiro como electores aos efectos de determinar os Deputados e Senadores que corresponden a Galiza nas Cortes Xerais e os membros das corporacións locais.

Modificación e mellora dos mecanismos de participación institucional entre a emigración e a Administración galega.

Os candidatos á Presidencia da Xunta de Galicia:

Manuel Fraga:

Idade: 83 anos
Nado en Vilalba (Lugo)
Viúvo e pai de 5 fillos.
Estudou Dereito e Ciencias Políticas e Económicas en Santiago e Madrid. Doctor ‘honoris causa’ por varias universidades.
De profesión Diplomático e Catedrático de Dereito ata a súa xubilación no ano 1987.
Ministro de Información e Turismo nos gobernos de Franco entre 1962 e 1969.
Entre 1973 e 1975 embaixador de España no Reino Unido e Irlanda do Norte
En 1977 presentase ás eleccións con Alianza Popular e é elexido Deputado, convertíndose así nun dos pais da Constitución.
No ano 1982 con Coalición Popular para a ser o líder da oposición.
Ata os anos 90 protagoniza varias renuncias e nomeamentos mentras non decide o salto a Galicia. A partir do ano 90, en que obtén a súa primeira maioría absoluta en Galicia, goberna a nosa terra.

Emilio Pérez Touriño:

Ten 56 años.
Nado na Coruña.
Está casado e ten dous fillos.
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela . É doutor en Ciencias Económicas.
Foi Vicerrector para Asuntos Económicos da mesma
Tivo diferentes responsabilidades nos gobernos socialistas de Felipe González, desde 1985 ata 1994.
Como secretario xeral de Infraestructuras, no Ministerio de Obras Públicas, Transportes y Comunicaciones, foi responsable do deseño e execución de gran parte das infraestructuras que unen Galicia coa meseta.
Lidera a oposición a Fraga dende a última legislatura.

Anxo Quintana:

Ten 45 anos
Solteiro.
Naceu en Allariz (Ourense) e vive alí.
É diplomado en enfermería. Traballou como tal no Hospital Xeral de Ourense.
Membro fundacional do BNG.
Foi alcalde de Allariz, igual ca o seu pai e avó.
Sendo él o alcalde, Allariz gañou o premio Europeo de Urbanismo.
Vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias entre 1995 e 2000.
Senador designado pola Comunidade Autónoma de Galicia dende o 2000.

Fontes:

www.xunta.es
www.bng-galiza.org
www.psdeg-psoe.org
www.ppdegalicia.com
www.lavozdegalicia.es
www.elsocialista.es
www.terra.es

Mª Luisa Álvarez
Socia nº 43 da A. C. Fillos de Galicia.