Archive for Marzo, 2005

Carta aberta aos que non me queren chamar polo meu nome

Martes, Marzo 1st, 2005

Artigo de Rafa Villar tirado de www.galizacig.com
Abertas están aínda moitas das interrogantes sobre o naufraxio do �Siempre Casina�, interrogantes referidas a que foi o que pasou co barco, mais tamén a cal foi a actuación desenvolvida desde o dispositivo que ten que actuar en labores de salvamento. A máis que posíbel tardanza na posta en marcha deste dispositivo, a falta de tripulación de refresco nos helicópteros que participaban no rescate ou que os equipos de mergulladores tiveran que vir de lugares como Cartaxena ou Alacante debuxan o escenario dunha xestión moi cuestionábel por parte das autoridades á hora de faceren fronte á situación.

Oito mariñeiros mortos e un só sobrevivente é o estarrecedor saldo dun novo naufraxio nas nosas costas, o do �Siempre Casina�. Só hai uns meses, en xuño de 2004, noutro pesqueiro, �O Bahía�, deixaran a vida outros dez homes do mar.

Son estes momentos para a solidariedade coas familias e amigos, co pecio fondeado e ancorado no interior da ría de Viveiro e os mergulladores traballando na recuperación dos corpos dos mariñeiros.

Mais son tamén momentos para a reflexión, desde a intensa emotividade de sentir como moi próximos sucesos coma este. E é que non nos podemos resignar a pensar que isto foi, é e será sempre así.

Cobra vital importancia que desde as administracións se actúe eficazmente para garantir de vez a seguridade dos traballadores e traballadoras no mar, comezando pola Xunta de Galiza, quen debería reclamar con firmeza e obter o maior grao posíbel de competencias posíbel en materia de seguridade e salvamento marítimo.

E obtidas as competencias, pór os medios humanos e técnicos axeitados, que posibiliten a axilidade na actuación que requiren estas situacións de emerxencia, na que cada minuto que pasa pode significar nada máis e nada menos que unha vida humana. Axilidade pero tamén dilixencia e eficacia nestes labores. E a isto desde logo non axuda que parte das actuacións nos casos do salvamento marítimo estean en mans privadas e non estean no dominio dos servizos exclusivamente públicos, co fin de evitar que unha vez máis o lucro estea por riba da seguridade.

Abertas están aínda moitas das interrogantes sobre o naufraxio do �Siempre Casina�, interrogantes referidas a que foi o que pasou co barco, mais tamén a cal foi a actuación desenvolvida desde o dispositivo que ten que actuar en labores de salvamento. A máis que posíbel tardanza na posta en marcha deste dispositivo, a falta de tripulación de refresco nos helicópteros que participaban no rescate ou que os equipos de mergulladores tiveran que vir de lugares como Cartaxena ou Alacante debuxan o escenario dunha xestión moi cuestionábel por parte das autoridades á hora de faceren fronte á situación.

Estas e outras interrogantes deberían ter resposta nunha investigación que se ten que abrir xa e que nun tempo razoábel dea conta das cousas do naufraxio, determine a eficacia ou non nas actuacións de salvamento e propoña medidas que intenten evitar que os naufraxios nas nosas costas sexan unha especie de maldición bíblica contra a que non se poida facer ren. Sobre todo, porque non é nin moito menos certo.

As altísimas taxas de sinistralidade no mar que soportamos os galegos e galegas, co resultado de perdas de vidas humanas, teñen causas e moitas son coñecidas hai tempo, só que os diferentes gobernos e administracións parece que prefiren ollar para outro lado. Non nos resignemos.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2004.

Rafa Villar é escritor e responsábel do Departamento de Normalización Ling�ística da CIG.