Archive for Novembro, 2004

Remata o Xacobeo 2004, ¿e agora que?

Venres, Novembro 19th, 2004

A piques de chegar ó final do primeiro Ano Xacobeo do milenio, é hora de facer balance.

A primeira dúbida que me surxe é sobre o uso dos recursos da Xunta de Galicia. Ó Xacobeo é moito máis que traer a grupos ou cantantes punteiros do panorama nacional e internacional. Tamén é dar a coñecer a riqueza do Camiño como parte integradora da chamada Europa dos Pobos e, obviamente, como vehículo de cultura e coñecemento. Por eso non entendo que haxa monumentos no coma a igrexa de Barbadelo, datada no século XII e que está practicamente abandonada, mentres se fan concertos do Xacobeo en Vigo, que pouco ou nada ten que ver co Camiño de Santiago

A raíz desta primeira, súrxeme unha segunda dúbida, os Camiños de Santiago ¿non estarán a ser instrumentalizados po-la administración galega a costa dos concellos? É dicir, son os concellos os que corren cas cargas económicas de manter unha boa parte das instalacións destinadas ós peregrinos en bo estado. En cambio, case que non receben axudas da Xunta, e moito menos do Goberno de Madrid. Por conseguinte, as infraestructuras son mediocres (cando non directamente malas ou inexistentes) e é entón cando podemos ver ás imaxes de polideportivos infames ocupados por peregrinos que levan andados nese día entre vinte e sesenta quilómetros.

Por causa da desidia das administracións nestes casos, aparecen casos de picaresca, por chamarlle dunha forma benevolente, que poden afectar á imaxe do Camiño e dos concellos nos que ocorre. O mellor (peor) exemplo deste ano é a construcción, a cargo dunha empresa de Ponferrada (León), dunha serie de albergues prefabricados ó longo do Camiño Francés en Galicia. A empresa alugaba e reservaba as camas dos albergues por Internet. Cando chegabas ó albergue en cuestión, o único que se atopaba era unha especie de alpendre no que entraba o auga da choiva montado sobre un chan de formigón. Afortunadamente, as administracións actuaron rápidamente e pecharon esta especie de cortellos para peregrinos.

Por todo esto, e por moitas cousas máis, agora que se aproxima o final do Xacobeo 2004, ó mellor sería empezar a pensar se o Camiño é unha escusa para traer ós Rolling Stones, ou é algo máis serio que afecta a moita máis xente que a que vive en Compostela. Tal vez conveña recordar que o Camiño Francés é Patrimonio da Humanidade, Ben Cultural de Europa e Premio Príncipe de Asturias á Concordia.

Os emigrantes lembrarán o Prestige gracias a Fillos.org

Martes, Novembro 16th, 2004

Coa colaboración do Colectivo Chapapote e Nunca Máis – Sekula Ez Berriro, no segundo aniversario da catástrofe Fillos de Galicia distribúe entre os seus usuarios a obra en banda deseñada H2Oil.

O 12 de Novembro partiron para 11 países os exemplares desta obra que o colectivo de debuxantes galegos “Chapapote” doou a Fillos de Galicia durante a campaña que esta organización lanzara co gallo do Día das Letras Galegas 2004. Os destinatarios son emigrantes e fillos de emigrantes galegos, que en palabras de Manuel Casal, responsable de Fillos.org “non tiveron daquela nin teñen hoxe información de abondo nos seus países sobre a catástrofe que tinxiu de dor a terra dos seus pais e avós”.

Os exemplares desta obra que denuncia, en formato de “comic” e idioma galego, as causas e consecuencias da marea negra, foron enviados a preto de cen galegos do exterior gracias á colaboración de Nunca Máis Sekula Ez Berriro, organización vasco-galega que financiou os costes de lles facer chegar esta “visión dos días convulsos que seguiron ao afundimento do Prestige”, como se pode ler na contracapa da obra. Os receptores destes libros inscribíronse por medio do portal Fillos.org nun sorteo dentro da campaña “Un libro galego para os fillos que están lonxe”. O feito de
incluiren un anexo coa traducción ao castelán dos textos, “os converte nunha ferramenta moi boa para a práctica ou aprendizaxe da lingua galega, o cal era obxectivo desta campaña”, apuntan desde esta comunidade virtual que vencella hoxe en día e por medio de Internet a case 2.000 emigrantes e descendentes.

Nunca Máis, dous anos despois

Luns, Novembro 15th, 2004

A Plataforma Nunca Máis convoca unha nova manifestación dous anos despois do afundimento do Prestige. Aquí tes as súas reivindicacións.

Dous anos de Prestige: continuamos a exixir solucións e xustiza

Estamos a dous anos vista daquel fatídico 13 de novembro, no que o accidente do petroleiro Prestige acabou orixinando unha catástrofe (pola inacción do Goberno) que asolou a case totalidade da nosa costa cunha maré negra de enorme magnitude e con repercusións ambientais, sociais, económicas e sanitarias certamente alarmantes.

Desde o primeiro día, “Nunca Máis” -recollendo o amplísimo sentir da sociedade galega-, mobilizouse reclamando solucións e pedindo responsabilidades.

As solucións á maré negra do Prestige eran solucións a curto, medio e longo prazo, xa que eramos -e somos- conscientes de que unha catástrofe ambiental como esta exixe, para a súa superación, a implementación dunha serie de actuacións e medidas sostidas no tempo.

No momento actual, cando xa transcorreron dous longos anos, “Nunca Máis” entende que a situación non está nin moito menos superada, dado que a persistencia dos efectos da maré negra do Prestige é algo máis que evidente, ademais de que foron moi cativas as medidas que se tomaron para evitar un desastre similar no noso litoral.

É por isto polo que este 13 de novembro, ademais de conmemorar a data como o Día da Dignidade, saímos novamente á rúa para reclamar ante os poderes públicos unha serie de demandas pendentes que cómpre atender.

POR UNHA MAIOR SEGURANZA NO MAR QUE PREVEÑA EFICAZMENTE A POSIBILIDADE DE ACCIDENTES MARÍTIMOS E EVITE NOVAS CATÁSTROFES

A respecto da maré negra do Prestige, unha das grandes materias pendentes é a referida á seguranza marítima, tanto no que ten a ver coa prevención de accidentes no mar como no tocante a medios de protección do noso litoral. Nese sentido, “Nunca Máis” segue a exixir:
•Designación da zona marítima galega como “área especial” ao abeiro do Convenio internacional MARPOL. Alongamento do Disposición de Separación do Tráfico Marítimo de Fisterra, con cobertura vía satélite, medios operativos permanentes e unidades de vixilancia marítima (navais e aéreos). Aumento da cantidade e calidade das inspeccións de buques que atracan nas nosas costas.

•Dotación de remolcadores de >150 Tn de potencia de tiro localizados permanentemente na costa galega. Construción de buques anti-contaminación con capacidade de almacenaxe de 3000 m3 e con base en Galiza. Asignación da súa construcción aos asteleiros públicos galegos.
•Estabelecementos de Centros de Almacenamento ao longo da costa galego, dotados de medios de protección operativos. Implementación do Plan de Continxencias da Xunta, con plans de continxencia de rías e portos. Estabelecemento urxente de Lugares Refuxio na costa galega, dotados de medios e con plans e protocolos de actuación.

POR UNHA REXENERACIÓN DO MEDIO MARIÑO E DO LITORAL QUE GARANTA A SÚA RECUPERACIÓN E CONSERVACIÓN

A afectación do litoral e do medio mariño exixe un labor continuado de rexeneración, que teña unha planificación clara, así como unha dotación económica e de medios para ese fin. “Nunca Máis” continúa a demandar:

•Aplicación da biorremediación nas zonas de rochedo afectadas, así como a recollida sistemática dos residuos de fuel que aínda chegan ás praias.

•Implementación dun Plan de Recuperación do ecosistema, sostido no tempo, e unha rede das chamadas “Arcas de Noé” ao longo da costa.

POR UN APOIO REAL AO SECTORES PRODUTIVOS QUE VOLVA A DINAMIZAR A VIDA ECONÓMICA DOS DEVANDITOS SECTORES E ZONAS AFECTADAS

As perdas produtivas nos nosos recursos mariños por mor da maré negra están a ser significativas, cun índice de case o 25% de redución de capturas para este ano. Para paliar isto, “Nunca Máis” segue a pedir:

•Adopción de medidas compensatorias reais de apoio e recuperación económica (a produtores, depuradores, comercializadores, sector turístico…).

•Desenvolvemento dun Plan de recuperación e repoboación de especies de valor comercial, en proporción ao nivel de catástrofe experimentada.

POR UN ESFORZO INVESTIDOR E ORZAMENTARIO QUE CONTEMPLE A EXCEPCIONALIDADE DO NOSO PAÍS TRAS A MARÉ NEGRA

Nin os Orzamentos de 2004 nin os de 2005 (na súa recta final de tramitación) fan xustiza á realidade e ás necesidades do noso país tras a catástrofe do Prestige, xa que apenas consignan partidas en capítulos tan significativos como a recuperación ambiental ou a seguranza marítima. Así é que “Nunca Máis” continúa a exixir:

•Unha dotación orzamentaria para este e os vindeiros anos que estea acorde cos intereses xerais e as necesidades do noso país, sobre todo no que ten a ver con materias como a seguranza no mar e a rexeneración do medio mariño.

_________________________________________________________________________________________________

MANIFESTACIÓN, sábado 13 de novembro ás 18 h. na Alameda de Santiago

La ampliación de la UE dejó a Galicia todavía más a la cola

Luns, Novembro 8th, 2004

De las 41 regiones que ingresaron el pasado mayo en la Unión Europea, 35 son más ricas que la comunidad gallega, que ocupa ahora el puesto 218 en una lista formada por 252 regiones. 30.000 gallegos aguardan turno para entrar en quirófano.

Artículo de Nacho Mojón extraído de La Opinión.

El último informe del Consello Económico e Social (CES) constata que la ampliación de la UE ha hecho que Galicia pierda posiciones en relación con el resto de las regiones comunitarias. Si en la Europa de los Quince se encontraba ya en el furgón de cola, la distancia aumenta en la de los Veinticinco. De las 252 regiones que existen, 217 son más ricas que Galicia y sólo 34 ofrecen peores cifras.

Diez Estados formalizaron su ingreso en la UE el pasado mes de mayo. Con ellos se integraron 41 nuevas regiones: 35 superan a Galicia en cifras de riqueza. Del grupo de nuevas incorporaciones, Galicia sólo está por encima de Chipre, Malta, Eslovenia, Eslovaquía, Hungría y una región de la República Checa.

La pérdida de posiciones no pasó inadvertida al CES, organismo consultivo formado por representantes de organizaciones empresariales, sindicales, universidades y colectivos profesionales y que cada año confecciona un informe sobre la situación económica de la comunidad.

En su informe de 2003 hace un llamamiento a los responsables para que “reflexionen” sobre esta situación y recuerda que Galicia era, y sigue siendo después de la ampliación, región objetivo número uno, etiqueta con la que Bruselas clasifica a las áreas más pobres de la UE.

Si se compara el PIB, la situación es más favorable. En la Europa de los Quince, el PIB gallego representaba el 66,5% de la media comunitaria. En la UE de los Veinte, el porcentaje se eleva a un 73%. Las cifras serán previsiblemente más altas ya que se confeccionan con las cifras correspondientes a 2001, último dato disponible.

El presidente del CES, Pablo Egerique, aseguró ayer que la fotografía económica refleja que se trató de un “año normal” para Galicia, si se compara con la evolución de la economía de España y de la UE.

La economía gallega creció el año pasado un 2,4%, lo que el CES atribuye al empuje de los sectores no primarios (servicios, industria). Frente al tirón de estas actividades, el campo y la pesca sufre un contracción importante, con un descenso del 3,7%. No obstante, el peso de las actividades agrarias en Galicia continúa siendo más alto que la media de Estado. En cuanto a lo que representa la economía gallega dentro del conjunto de España, el informa constata que se mantiene la tendencia a la baja de los últimos años. Ha pasado de suponer un 5,49% en 1998 a representar un 5,37 en 2003.

Desde este organismo se insta también a las administraciones a hacer un “seguimiento exhaustivo” de la ejecución de las obras que figuran recogidas tanto en el Plan Galicia como en el Plan de Dinamización Económica, los dos programas de inversiones aprobadas para compensar a la comunidad por el Prestige.

Tiempo de espera

El tiempo medio de espera en el Servicio Galego de Saúde (Sergas) continuó creciendo durante el año pasado, hasta situarse por encima de los dos meses y medio. La demora era de 71,4 días hace dos años. En 2003, aumentó en más de cinco días, hasta situarse en los 76,7, según el informe del Consello Económico e Social.

El presidente del CES, Pablo Egerique, se negó a enjuiciar o explicar las razones de este incremento y aseguró que la responsabilidad de este organismo se limita a “medir” y no debe entrar a emitir opiniones.

En el capítulo dedicado al Servicio Galego de Saúde se apunta también a un descenso de las camas instaladas en los hospitales, tanto en los públicos como en los concertados. Esta cifra baja de 9.304 a 9.291.

El descenso se reproduce en el volumen de intervenciones quirúrgicas realizadas en los quirófanos del Sergas. Se llevaron a cabo un total de 154.459 intervenciones, más diez mil menos que hace dos años. A 31 de diciembre de 2003, 30.000 gallegos están inscritos en una lista de espera, aguardando su turno para entrar a quirófano.

FILLOS.ORG ofrece os seus servizos ás ONG's galegas

Sábado, Novembro 6th, 2004

Con RedeGalega.org abren unha nova vía de financiación para os seus proxectos mediante a creación de webs para entidades galegas
sen ánimo de lucro.

A Asociación a cargo do maior portal da emigración galega, con 7 anos
de experiencia en Internet, ven de lanzar un novo servizo chamado
RedeGalega.org dirixido ás ONGs galegas que precisen axuda para os
seus propios proxectos en Internet. Aplicando os coñecementos que
o equipo de Fillos de Galicia foi adquirindo nos seus propios
proxectos, como a comunidade Fillos.org, a revista PlanetaGalego.info
ou o portal Galeguidade.net, decidiron abrir esta nova liña de
traballo. “Ademais de contribuir a ampliar as nosas fontes de
ingresos, aínda moi limitadas, pensamos potenciar así a
incorporación doutras organizacións galegas á Rede”
, apunta Manuel
Casal Lodeiro, responsable de Fillos de Galicia e fillo de
emigrantes galegos no País Vasco onde leva xa 4 anos asesorando a
promotores empresariais no campo de Internet.

Entre os servizos que RedeGalega ofrece ás asociacións, fundacións
e outras ONGs galegas, está a definición estratéxica de proxectos
en Internet, a realización de webs, intranets ou portais, o
asesoramento integral acerca de Internet así como o aloxamento
ou hosting das páxinas das entidades. “Sabemos que neste campo
hai moita competencia, pero nós nos non diriximos ás empresas senón
a outras entidades non lucrativas, coma nós. Pensamos que podemos
entender moito mellor as súas necesidades”
, xustifica Casal Lodeiro.
Outro factor diferencial é que o 100% dos beneficios obtidos coa
realización destes traballos irá destinado á financiación dos
proxectos de Fillos de Galicia a prol da conservación da cultura
galega na emigración, que actualmente están apoiados por cincuenta
socios particulares, un par de empresas patrocinadoras e unha
exigua axuda da Consellería de Emigración.

O grande esquecido

Venres, Novembro 5th, 2004

Torrente Ballester, un dos grandes da literatura española do século XX non está nas librerías e, ó preguntar por Los gozos y las sombras, a súa obra maestra, resulta estar… descatalogada.

Nado na aldea de Os Corrás de Serantes, en Ferrol (A Coruña) o 13 de xuño de 1910, e finado o 27 de xaneiro de 1999 en Salamanca, Gonzalo Torrente Ballester é o grande esquecido das literaturas galega e castelá.

No tocante a literatura galega, pode chegar a ser perdoable, xa que nunca usou unha lingua galega que coñecía e amaba como o galego na elaboración da súa obra. Nembargantes, Torrente sempre levou a súa condición de galego alí onde fose. Tamén escribiu sobor da vida en Galicia e as lembranzas da súa infancia en Ferrol (Dafne y ensueños) e xamais renunciou ó seu idioma natal, que utilizou en moitas das súas obras os xiros e construccións propios da Galicia costeira (como, por exemplo, en La saga/fuga de JB).

A súa imaxinación desbordante e o modo de “enganchar” ó lector con digresións e interludios, a súa creatividade sen límites e a capacidade de innovación que o caracterizou en tódalas súas inmersións na literatura e no xornalismo, fixo que fose alzado (e con razón) ós altares da literatura hispanoamericana.

Pese a todo, agora, cinco anos despois da súa morte, as súas obras están descatalogadas e xa non se editan. Pódense atopar, é certo, algunha das súas novelas, como Crónica del Rey Pasmado, Filomeno, a mi pesar o La Isla de los Jacintos Cortados. Pero non existe en ningures a triloxía Los gozos y las sombras (formada por El señor llega, Donde da la vuelta el aire e La Pascua triste) que é a grande obra do escritor ferrolán.

A peor nova non é que non se poda atopar nas librerías (sempre quedarán as de vello), senón que, ó parecer, as editoriais non teñen intención de reedita-las obras do escritor galego. A única explicación que se me ocorre deste esquecemento, e que espero que sexa a razón, é que algunha das que teñen os dereitos das novelas (Alianza, Destino, Planeta…) teña en mente facer unha escolma de tódalas obras de Torrente.

A manta de Fraga

Mércores, Novembro 3rd, 2004

José Rivas Fontán, ex alcade de Pontevedra e expulsado do PPdeG, ameaza con “tirar da manta” do PPdeG.

Desde que a parella Baltar-Cuiña puxo en tea de xuízo a política interna do Partido Popular de Galicia e o proceso de “elección” do sucesor de Fraga a semana anterior do Congreso Nacional e do Congreso do PPdeG, a dereita galega encheuse de voces discrepantes e de disidentes. O penúltimo, porque de seguro que haberá máis, foi o ex alcalde e ex concelleiro popular de Pontevedra, José Rivas Fontán.

As razóns de Rivas Fontán son bastante máis prosaicas do que sería desexable nun servidor público. Quero dicir, o edil pontevedrés tiña un expediente aberto po-lo PPdeG debido á súa indiscreción de comentar unha crise interna negada por tódalas vías imaxinables por Fraga e compaña así como por falar sobor da idoneidade de que Fraga, dada a súa idade, se presentase a unha nova reelección.

A sanción, que foi a suspensión de militancia no PP por un periodo de catro anos, pode traer consecuencias. A lo menos para o PPdeG, xa que Rivas Fontán pasou a conformar o “Grupo de los No-Adscritos” cunha ameaza nos beizos: tirar da manta, aproveitando que xa non está no Partido.

O interesante deste facto non é tanto que un político resentido co seu partido saque á luz tódalas miserias da súa ex formación coma se nun “Salsa Rosa” ou similar. O verdadeiramente importante é que os votantes (os do PP e os demais) saibamos dunha vez por todas como é o funcionamento interno dun partido que é o que, dende hai 14 anos rexe os destinos de Galicia.

Todo sexa que, a manta da que tire Rivas Fontán (se é que chega a face-lo) non deixe a Fraga á intemperie a súa idade, que non está o home para según que cousas.

El Centro Gallego de Buenos Aires, en terapia intensiva

Martes, Novembro 2nd, 2004

Nos averguenza comprobar que en el ultimo ejemplar de Revista del Centro Gallego de Buenos Aires, N° 681, correspondiente al mes de Agosto del 2004, se publica en la página 7, una nota titulada “La situación económica del Centro Gallego de Buenos Aires
goza de Buena Salud”.

Nos preguntamos, con verguenza ajena, si quien redactó la misma asi como las autoridades, se han tomado el trabajo de recorrer las instalaciones para comprobar si ese titulo se corresponde con la verdad que sufren sus asociados.

Nosotros, sí lo recorremos a diario, por lo cual le mostramos en fotos la realidad que se esconde, la que no se muestra porque pareciera que los directivos de la Institución y los partidos políticos gallegos siguen preocupados por sus respectivas candidaturas mientras miles de gallegos de tercera edad, sufren a diario la mala atención de parte de empleados, directivos e integrantes de diversas agrupaciones.

Esta es la verdad de cómo el Gobierno Gallego, quien desde hace años es complice y resposable junto con las autoridades del Centro Gallego, cuida a sus Emigrantes. Veala en http://www.xuntanza.com.ar

Parece ser que el clientelismo politico y el asistencialismo demagogico no son propidad exclusiva de la sociedad argentina.

Divulgue esta nota y ayudará a que otros sepan la realidad de miles de gallegos que viven en Buenos Aires.