Archive for Outubro, 2004

Hallowe'en en Galiza: ¿festa importada ou tradición recuperada?

Sábado, Outubro 30th, 2004

Casdeiro fai unha reflexión co gallo dos novos costumes da Noite de Defuntos chegados dos Estados Unidos.

Como todos os anos por estas datas enfrontamos unha discusión recurrente acerca da festividade coñecida popularmente como Hallowe’en. Calificada por moitos como tradición foránea, mostra de colonialismo cultural, cando non de idiotismo local, existen unhas poucas voces que a defenden desde un punto de vista pouco habitual. Non se trata de aspotar por unha sorte de liberalismo sociocultural de tipo “Cada quen que festxe o que queira e como lle pete”, que estaría contraposto á defensa politicamente correcta das auténticas tradicións do pobo galego. Non; hai outra postura que de feito aposta porque tal vez esta festa do Víspora de Todos os Santos (Hallowe’en non é senón unha contracción de All Hallows Eve), esta especie de sinistro entroido de inverno, pode ser unha moda copiada dos ianquis na meirande parte de Europa, pero que non sería así en Galiza, en calidade de país celta que foi/é.

Efectivamente, entre os benintenciados defensores das nosas tradicións autóctonas diante do imperialismo invasor, poucso se para a pensar que os estadounidenses pouco máis fixeron que retrasmitiren ao mundo unha tradición que eles á súa vez copiaran de fóra, concretamente de Irlanda. É dicir, o Hallowe’en (ou, mellor dito, en irlandés o Samhain pronunciado são-iñ) é orixinalmente una tradición irlandesa ben arraigada na súa etnicidade como pobo celta ou gaélico.

Conan Kennedy, no seu Ancient Ireland. The User’s Guide describe o Samhain (que significa literalmente fin do verán, o que os celtas consideraban como o seu aninovo, unha das catro festas estacionais do calendario pagán, xunto con Beltain, Lugnasadh e Imbolg) como un tempo no que se creía que os espíritus do Outro Mundo ficaban ceibes e vagaban pola Terra. Tamén nos fala do costume dos Fomoriáns (un dos pobos míticos das lendas irlandesas, piratas xigantes procedentes de Escandinavia) de recoller impostos relixiosos nesta época e que os que non pagaban recibían como castigo danos nas súas propiedades (de aí viría o trick or treat dos meninos polas portas, tal como nos amosan as películas). En tanto que festival do fin de verán celta envolvía rituais de fertilidade (imersión das mulleres en auga e posterior paso encol do lume) e sacrificios (algúns din que os impostos que se recollían eran os nenos recén nados). Ademais os deuses volvíanse sexualmente activos tanto coas deusas como coas mulleres mortais.

Charles Squire tamén apunta (en Celtic Myths and Legends) que era unha festa especialmente axeitada para os ritos adivinatorios e que medraban a forza dos deuses da escuridade, do inverno e do Inframundo, ao tempo que minguaba o poder do Sol. Tamén é salientable que nas lendas irlandesas moitas batallas e sucesos importante teñen lugar nesta data do ano.

A cuestión dos disfraces, basica nas formas modernas de celebrar o Hallowe’en, terían a súa explicación segundo algúns estudosos en que ao poder viren os mortos a este mundo en forma de animais, unha forma de evitar o mal que puideran facer aos vivos era disfrazarse tamén de animais e así pasar desapercibidos diante deles. É así sería como esta tamén chamada festa do deus Cerne (ou Cernos), na que os mortos camiñaban entre nós e se facían visibles, deu orixe a esa peculiar tradición pseudo-carnavalesca.

Tamén os escoceses celebran tradicionalmente esta data e mesmo teñen un demo especial que sae durante esta noite, o Samhanach. Na Illa de Man chaman a esta festa Sauin e os galeses Nos Galan-gaeof. Así que é común a practicamente todos os pobos celtas antes da popularización mundial vía EE.UU.

De aí, tendo en conta a histórica relación que nos vencella a galegos e irlandeses, a reivindicar a festa como pagana e ancestralmente galega, pouco treito vos hai. Aínda que as trazas desta posible antiga tradición galega son moi escasas, como é lóxico nun país que foi tan fondamente romanizado e cristianizado, algunhas pode haber: como o refrán ACando Santos remata, o inverno empeza, que sinalaría a importancia da data no calendario das dúas estacións tradicionais. Ou cómo non lembrar a Estadea (ou Santa Compaña), un dos mitos galegos máis importantes relacionado cos mortos, que seica que cando se aparece fóra da Noite de Defuntos é porque ven buscar a algún vivo para levalo ao Outro Mundo.

A presenza dos mortos, tan extendida na antropoloxía galega, o xeito antigo de festexar as mortes como un retorno a casa das almas, as procesións nocturnas con velas lembrando aos mortos, e outras costumes achan correspondencia clara nos demais países celtas. ¿Por que non tamén o podía ter esta tradición do Samhain?

Para saber máis:

  • O Halloween, artigo da revista Nova Fantasía, reproducido no webzine Synapsis.
  • Galiza Celta, os artigos de Fuco Soler.

Mobilizacións contra o préstamo de pago no Día da Biblioteca

Xoves, Outubro 28th, 2004

As bibliotecarias e bibliotecarios mobilízanse contra a aplicación dunha directiva comunitaria que permite aos escritores prohibir o préstamo público das súas obras, ou obter, se estes se prestan, unha contraprestación económica. A aplicación desta normativa obrigaría a adicar unha boa porcentaxe dos orzamentos xa ridículos das nosas bibliotecas públicas a pagarlles aos autores cada vez que un dos seus libros sexa prestado.

MOBILIZACIÓNS CONTRA O PRESTAMO DE PAGO NO DIA DA BIBLIOTECA
Máis de 210.000 sinaturas de cidadáns serán entregadas ao Defensor del Pueblo

O 24 de outubro festéxase en España o Día da Biblioteca; con tal motivo, a Plataforma de Bibliotecarias e Bibliotecarios contra o Préstamo de Pago vén de convocar diversos actos de mobilización en contra da posibilidade de que as bibliotecas públicas se vexan obrigadas por unha directiva europea a pagar un canon polo préstamo de libros.
Os profesionais das bibliotecas estiman que esta medida, que rebautizan, para simplificar, como “préstamo de pago”, afectaría moi negativamente ao servizo que as bibliotecas proporcionan á sociedade, pois están convencidos de que os cartos destinados ao pago dese canon non se vería compensado por un aumento do orzamento de que dispoñen para a compra de libros e a prestación de servizos aos seus usuarios. Os prexudicados serían á fin os centos de miles de españois que son usuarios de bibliotecas públicas e, en definitiva, toda a sociedade.

Representantes da Plataforma acudirán o luns 25 de outubro, ás 10, 30 da mañá, á sede da Oficina do Defensor del Pueblo (Eduardo Dato, 31) en Madrid para tentar entrevistarse con Enrique Múgica e, en calquera caso, facer entrega das 210.779 sinaturas recollidas en máis de 350 bibliotecas de toda España contra o chamado préstamo de pago.
Despois, achegaranse á sede do Ministerio de Cultura (Plaza del Rey) en Madrid. Alí pedirán por escrito unha entrevista coa ministra de Cultura, Carmen Calvo, para expoñérenlle a súa postura e coñeceren de primeira man a do goberno. Para expresar a súa oposición ao préstamo de pago, formarán unha cadea humana no exterior do ministerio, ás 12 horas.
Ademais destes actos públicos de reivindicación, multitude de bibliotecas públicas organizarán actos para os seus usuarios. En moitas delas faranse exposicións de autores considerados amigos das bibliotecas. Nesta categoría entran os máis de catrocentos novelistas, autores de teatro, poetas, periodistas, científicos, etc. que se sumaron a un Manifesto en Defensa do Préstamo en Bibliotecas: José Saramago, Miguel Delibes, Juan Marsé, Rosa Regàs, Fernando Savater, Carme Riera, Luis Mateo Díez, Manu Leguineche, Maruja Torres, Soledad Puértolas, Andrés Trapiello, Almudena Grandes, Emilio Lledó, Elvira Lindo, García Montero, Belén Gopegui, Ray Loriga, Manuel Rivas…

As bibliotecarias e bibliotecarios españoles comezaron hai meses unha firme campaña de mobilizacións en contra de que o seu traballo sexa afectado pola Directiva europea de 19 de novembro de 1992 sobre dereitos de aluguer e préstamo e ouros dereitos afíns aos dereitos de autor no ámbito da propiedade intelectual. Esta disposición da Unión Europea establece que os autores se benefician dun dereito de préstamo exclusivo e poden prohibir o préstamo público das súas obras, ou seren compensados economicamente.
A directiva permite aos distintos países estableceren excepcións a estas disposicións baseadas no interese xeral. Os profesionais das bibliotecas públicas piden ao goberno central que se acolla a esta posibilidade e que exonere ás bibliotecas de carácter público de pagar un canon polo préstamo de libros.

Máis información:
www.maratondeloscuentos.org/librolibre/jornadaslibrolibre.htm
Blanca Calvo: 949 23 47 10.

O Departamento de Migración da CIG comparece no Parlamento galego

Luns, Outubro 25th, 2004

Nota de prensa recibida de CIG-Comunicación.

O Parlamento de Galiza constituíu hai uns meses unha Comisión non permanente para o estudo dos problemas da emigración galega co obxecto de deseñar propostas que permitan a execución de programas a levar a cabo cos emigrantes galegos.

Dentro do funcionamento desta Comisión se inclúe a comparecencia de colectivos que teñan unha relación coa emigración, polo que o coordinador nacional do Departamento de Migración da CIG, Lois Perez Leira, compareceu na Comisión o venres 15 de outubro ás 11:00 horas.

Na súa comparecencia, Lois Pérez Leira centrouse en expór a situación dos emigrantes e dos emigrantes retornados, solicitou a modificación tanto da Lei da Galeguidade como dos cauces de participación dos galegos no exterior, e propuso a conformación dun “Foro para os retornados e para os inmigrantes”.

Entre as propostas que fixo Lois Pérez Leira, en nome da CIG, á Comisión, estiveron as vencelladas a mala situación pola que atravesan os nosos emigrantes en latinoamérica, solicitando maiores orzamentos para atender as necesidades básicas dos galegos/as máis necesitados. Tamén fixo fincapé en que a CIG considera fundamental a regularización daqueles inmigrantes descendentes de galegos que residen en Galiza de xeito irregular.

O diccionario de dúbidas galego

Domingo, Outubro 24th, 2004

Habería que estudiar á posibilidade/necesidade da creación dun diccionario de dúbidas semellante ó que editarán as 22 academias da lingua española o vindeiro mes de maio de 2005.

É posible que non pase de ser algo accesorio e seguro que hai quen considere que así se perderán as diferentes tipoloxías dialectais do galego, pero tal vez é hora de que a Real Academia Galega siga o exemplo das 22 academias da lingua española e se plantexe a necesidade de crear un diccionario de dúbidas no que teñan cabida, entre outros, os estranxeirismos e os termos relacionados cas novas tecnoloxías. Porque, pareza o que poida parecer, o diccionario de dúbidas é unha das mellores ferramentas das que pode botar man a RAG para fixar e dinamizar a lingua galega.

Ademais de “copiar” a iniciativa, outro exemplo que hai que tomar das academias do castelán, é o da procura dos lugares comúns do idioma coas outras tendencias idiomáticas. Resulta evidente que o español non é igual na Arxentina, en Ecuador ou en Cuba, e, nembargantes, chegouse non a un senón a moitos acordos cunha única intencionalidade: facer un idioma forte e común a tódolos castelanoparlantes que se “opoña” ó inglés que ven invadindo todo.

No caso da RAG habería que ter en conta a tódalas tendencias do galego, ós lusistas, ós normativistas… e, sobor de todos eles, a enorme riqueza dialectal da que gozamos en Galicia. Tamén habería ter en conta ós centros galegos da emigración e que aporten as adaptacións feitas nos seus países de residencia. Deste xeito, non só lograríamos fortalecer a nosa lingua, tamén chegaríamos a facer un idioma que identificase á maioría dos galegos.

"Fillos de Galicia vai dar un paso moi importante"

Luns, Outubro 18th, 2004

Entrevista con Casdeiro, realizada por María Luisa Álvarez e Inés Abeijón para PlanetaGalego, onde o presidente da Asociación Cultural Fillos de Galicia nos fala do futuro do proxecto Fillos.org.

Casdeiro na oficina de Fillos de Galicia en Barakaldo

Sr. Casal Lodeiro: Fillos de Galicia está comenzando unha nova etapa
¿En que consisten os cambios que se van realizar?

Os cambios son moi variados e en todas as nosas áreas. O que caracteriza
a todos eles é a nosa nova situación na cal a Asociación vai dispor dunha
persoa encargada durante varias horas ao día de coordinar toda a xestión.

Os visitantes comezarán de contado a notar os primeiros cambios na
apariencia do portal que vai experimentar unha notable mellora,
permitindo novos contidos e unha participación máis activa dos
membros rexistrados na comunidade virtual. Outro cambio significativo
é que agora atenderemos tamén por teléfono aos nosos usuarios.

Ademais hai outros proxectos moi ambiciosos que estiveron aparcados
durante moito tempo e que agora temos por fin os recursos humanos
mínimos para botalos a andar.

As nosas expectativas neste sentido son moi optimistas: Fillos vai
dar un paso moi importante cara ao que sempre debeu ser e ata o de
agora non puido ser por falla de persoal.

¿Cómo se xestou este cambio? Fillos non daba a impresión dende fóra de
funcionar mal anteriormente, as visitan medraban, o número de membros
tamén…¿Que fixo necesario realizar cambios?

Pode que de cara a fóra non se experimentasen problemas, pero tampouco
había progresos claros. Nós desde dentro da asociación, en troques, si
que viamos que xordían moitas boas ideas e xente que quería participar
nelas pero non tiñamos os recursos (xente, diñeiro) mínimos para poñelas
en práctica, de forma que deran servizo aos nosos visitantes ou aos
nosos membros.

Ademais debemos ter en conta que esta situación se prolongaba xa desde
hai varios anos, e a frustración para os que lle dedicabamos o noso
tempo libre ao proxecto era moi grande. Eu persoalmente retireime das
miñas principais funcións, digamos que dimitín delas, na anterior
Asemblea Xeral de socios. O que precisabamos daquela era conseguir os
famosos 12.000 euros para poder contratar un xestor que se fixese cargo
e tomase o relevo da miña labor voluntaria, pero de forma remunerada.
Perseguindo ese obxectivo estivemos todo o que levamos de 2004.

¿Cales foron as necesidades que vostedes pensaban que non estaban
satisfeitas tal como funcionaban anteriormente?

Principalmente o desenvolvemento de novos proxectos e a mellora dos
servizos que había. Por exemplo o Atopadoiro estivo varios anos sen
poder actualizar os datos das familias que se estaban a buscar por
non dispor de diñeiro para pagar o tedioso traballo de os incluir
axeitadamente na base de datos.

…Ou a procura de fondos: era o peixe que traba a súa propia cola. Ao
non termos un encargado de obter financiamento para a Asociación,
este non viña na medida precisada, e por iso non podiamos pagar -entre
outros gastos- a ese encargado. Agora xa temos un mínimo de fondos
para que unha persoa estea durante un tempo, nunhas condicións que
soamente puiden asumir eu, dedicado intensamente a conseguir eses
cartos. Cando a financiación que reciba Fillos (vía padriños,
anunciantes, institucións, socios particulares, etc.) abonde,
proseguiremos coa contratación de máis persoal e invertiremos en
desenvolver novos proxectos.

¿Cando se decidiu esta nova liña de actuación?

Estamos poñendo en práctica os acordos tomados pola última Asemblea
Xeral de Socios, celebrada a primeiros deste ano, pero en realidade
a Asociación está insistindo na necesidade da xestión dun profesional
liberado desde hai varios anos e así o reflicten as actas das últimas
Asembleas, desde 2002.

Agora é posible, gracias ao diñeiro e o compromiso dos padriños que
conseguimos durante este ano, Toypes e Aislamientos Revi, se ben non
acadamos a cifra que houbese permitido lanzar unha oferta de emprego
como era a nosa intención, cun salario de 12.000 euros brutos anuais.

Como a cifra total obtida foi moito menor, sopesamos opcións e eu
ofrecinme para facerme cargo do posto, deixando o meu actual traballo.

A repercusión desta decisión na súa economía sería importante…

Foi, xa que eu viña gañando o meu soldo como consultor de Internet
nunha empresa vasca e a Asociación soamente me puido ofrecer unha
remuneración bastante menor, e sen ter asegurada a continuidade o
ano que ven, xa que os ingresos actuais nin dan para este pequeno soldo
durante todo o ano.

Fixemos unha consulta entre os socios pero ninguén máis se ofrecía
nesas condicións, o cal é comprensible.

Trala Asemblea Xeral de primeiros de ano formáronse unha serie de
Comisións ¿Non funcionan como pensaban? ¿para qué necesitan logo a figura do
xestor a tempo completo?

As Comisións foron unha necesidade á vista de que a fin de 2003 non
tiñamos conseguido o diñeiro para contratar ao xestor. Eu decidira
retirarme a un segundo plano en Fillos xa que necesitaba descansar
despois de tantos anos facendo cargo case en solitario de todas
as tarefas
, e polo tanto aprobouse esta estructura por comisións
para que os socios que voluntariamente quixeran facerse cargo das
miñas tarefas no terro cultural, social, económico, técnico, etc.
de Fillos, tivesen unha vía organizada para o facer.

A día de hoxe veuse que, aínda que a idea era boa, a implicación ou
dispoñibilidade da xente non é suficiente e se segue a precisar un
coordinador que organice os grupos de traballo e dirixa as estratexias
que define a Asociación. Esta é agora labor miña como xestor.

¿Como se vai financiar este cambio?

De momento contamos co apoio dos socios, que en número próximo a 50
achegan 60 euros anuais, co mecenazgo dos padriños e coa pequena axuda
da Consellería de Emigración (300 euros). Isto non dá para pagar a dedicación do
xestor todo o ano, pero imos apostar moi forte por obter novas fontes
de ingresos de aquí a fin de ano que nos permitan afrontar o 2005 con
máis tranquilidade. Gustaríanos animar polo menos a outras dúas empresas
para se faceren patrocinadoras nosas baixo a figura de padriños.

¿Pensan vostedes que poderá manterse no futuro a figura do xestor a tempo
total? ¿Non será unha carga imposible de soportar para as arcas da
Asociación?

¿Carga? Non, en absoluto. O xestor non pode ser unha carga, xa que é o motor
do proxecto, o que fai que o resto de pezas (voluntarios, colaboradores,
membros, etc.) funcione e o que pon en práctica o que os socios deciden
cada ano en Asemblea.

Calquera ONG minimamente grande ten xente contratada para as labores
que os voluntarios non poden facer. Todas elas pasan por un momento
no que dan o salto de funcionar exclusivamente con voluntarios, cara
á profesionalización parcial ou total das súas funcións e traballos.

Por tanto a nosa aposta (a da Asociación e a miña persoal) é a de
continuar por esta vía e no futuro ir incorporando máis persoal
contratado, sen deixar de aproveitar o traballo voluntario para
certas pequenas tarefas.

Isto pode ser un coste, pero é tamén unha necesidade. O que non pode
aturar a asociación é que ninguén se faga cargo dos traballos que
requere Fillos.org
. Temos visto moitos proxectos análogos desaparecer
da Rede cando os promotores voluntarios se cansan ou deixan de ter
tempo que lles dedicar.

¿Ten intención de seguir durante os próximos anos como xestor
remunerado pola asociación?

Veremos cómo vai a cousa, se logramos os nosos obxectivos e veñen
novos padriños, pero de momento o meu ofrecemento segue
en pe para os próximos meses. Na próxima Asemblea veremos o que se
conseguiu, o que deciden os socios, e se aparecen novas posibilidades.
Eu estarei ao que decidan os meus compañeiros.

¿En que consiste o traballo do xestor? ¿Porque lles parece
imprescindible?

Resumidamente consiste en facer o traballo que non poden facer
os voluntarios: isto inclúe responsabilizarse dalgunhas comisións,
coordinar o traballo de todos os participantes, dirixir o desenrolo
técnico (programación web, etc.) que implica o portal… Todo isto
baixo as ordes da Xunta Directiva elexida pola Asemblea Xeral de
socios.

Os socios son sempre quen deciden o que Fillos precisa facer cada
ano, e o xestor tense que ocupar, por delegación da Xunta Directiva,
de o poñer en práctica, decidindo as mellores estratexias xunto
cos socios e voluntarios integrados nas comisións que complementan
o seu traballo.

As razóns de ser imprescindible, como apuntei antes, baseánse en
que os voluntarios non teñen o tempo para o facer todo.

¿Cales son os proxectos máis inmediatos de Fillos de Galicia?

O máis imediato é conseguir asegurar o diñeiro preciso para o ano
que ven. Contamos xa con dous padriños, pero a súa achega non é
suficiente. Así que como xestor e responsable da captación de
fondos debo traballar por dar a coñecer o proxecto a potenciais
empresas e institucións interesadas en apoiar o noso traballo.

En paraleo estamos traballando en reformar totalmente o portal
de tal xeito que dea cabida a unha maior participación dos membros.
Da man desta reforma virán novos contidos moi interesantes e
-esperamos- un medre significativo das visitas.

Por outro lado pensamos extender as nosas actividades por medio
do proxecto Galeguidade.net aos centros galegos, que coidamos
están demasiado illados da Rede. A Xunta de Galicia non acaba de
lles dar unha resposta, e nós como pioneiros no tema emigración+Internet,
temos que ofrecerlles o que demandan.

¿Como valora a implicación dos socios na xestión da Asociación?

Fillos non existiría hoxe en día sen os socios. A súa implicación,
-que é económica, pero en moitos casos sobre todo persoal e de
dedicación de horas de traballo, de achegar ideas, etc.- é imprescindible
para que Fillos exista. A flexibilidade do noso proxecto dá cabida
tanto a quen soamente quere poñer 60 euros para axudar nos gastos,
como a quen ten ideas e un compromiso persoal coa cultura galega e
mais coa emigración. Unha das miñas tarefas máis importantes vai ser
artellar unha estructura de traballo virtual que permita a colaboración
de todas estas persoas, socios e voluntarios, dunha forma aínda máis eficaz.

¿Quen apoia o traballo do xestor? ¿con que axuda conta?

Ademais dos voluntarios que dedican o seu tempo, merecen mención
especial Luis Fernando Prado, que fai a administración técnica e labores
de programación desde hai ano e medio na nosa pequena oficina en
Barakaldo, Inés Abeijón que atende desde os EE.UU. as máis das consultas
que chegan ás nosas páxinas, ademais de dirixir o tema do marketing e a
promoción de Fillos, e por suposto todos os socios integrados nas nosas
diversas comisións.

No futuro, na medida en que contemos con financiación, iremos contratando
persoal -a tempo completo ou parcial- para se facer cargo de novas labores
ou para ir liberando aos voluntarios que máis horas deben dedicar.

¿Que poden facer os socios e os membros da comunidade para colaborar
coas tarefas do xestor?

Os socios están invitados a formar parte das comisións que tratan os proxectos
culturais, sociais, técnicos, etc. de Fillos de Galicia. Os membros están
invitados a participar
como voluntarios
. Despois algúns voluntarios especialmente implicados
rematan por formar parte dalgunhas comisións, ao mesmo nivel que os socios.

¿Con que obstáculos se afronta nesta dedicación a tempo completo?

Os atrancos veñen sobre todo de estarmos nunha etapa de transición, na que debemos
recopilar todo o traballo pendente e irlle dando saída dun xeito organizado,
sen esquecer o traballo de captación de fondos, para o cal temos a dificultade
engadida de estar fóra de Galicia, o cal limita os nosos contactos coas empresas
ao teléfono, a carta e mais o fax, xa que a lei LSSICE -posta en marcha polo anterior
goberno e que o actual parece non ter intención de derogar- empece moito o contacto
proactivo por e-mail con potenciais anunciantes ou padriños.

Na súa opinión ¿como ve agora o futuro de Fillos de Galicia?

Con máis esperanza ca nunca. Despois dunha etapa na que o cansanzo me fixo
abandoar en parte a miña dedicación, e de non ver apoio oficial nin privado,
hoxe en día vexo que as empresas tanto de Galicia como dos emigrantes apostan
polo noso futuro, que os socios se implican nas comisións, e mesmo que se
recoñece que Fillos é necesario, en ámbitos mediáticos galegos, académicos,
ou como demostra o feito de ter merecido a miña obra O papel de Internet na
conservación da cultura e identidade galega entre os fillos dos emigrantes

o recoñecemento do xurado do premio de Ensaio Galeguidade 2003.

Eu creo cada día máis neste proxecto, e non estou só. Aí están os 1.800 membros
rexistrados, os case 50 socios, o máis de medio millón de visitantes anuais

Cando falamos de conservar a cultura galega entre as novas xeracións,
Fillos demostrou claramente que é o futuro.

Tradición oral: Unha loita perdida, ¿ou non?

Luns, Outubro 18th, 2004

Dende a o final da Idade Media ata mediados do século XIX, a cultura galega desapareceu cáseque por completo. O único que nos quedou foi a tradición oral das pequenas vilas e aldeas. E agora está a piques de desaparecer.

Dende que os escritores galegos do XIX comezaron a utiliza-lo seu propio idioma coa mesma naturalidade con que outros utilizaban o castelán, dende o nacemento de periódicos galeguistas (cando non marcadamente nacionalistas) como A Fouce ou A Nosa Terra, dende os anos do Rexurdimento ata agora pasou máis de século e medio.

150 anos nos que os maiores intelectuais galegos loitaron para que non se perdese a nosa língua, a nosa cultura e a nosa historia. Buscaron por tódolos xeitos chegar a un público maioritariamente analfabeto e que vivía nunha Idade Media rodeada dunha modernidade incipiente. E, estrictamente, fracasaron. Nin os poemas de Rosalía, primeiro, nin os debuxos de Castelao, máis tarde, nin os demais intentos chegaron as grandes masas rurais as que pretendían concienciar. Das cidades nin falamos, nelas era (é) “fino” falar en castelán.

Agora, no século XXI, os galegos recuperamos unha boa parte de nós (o idioma, as personalidades, o coñecemento do noso pasado…), pero estamos a piques de perder outra moi importante: a nosa riquísima tradición oral. Salvo Castelao e Ánxel Fole (e algún outro de quen me poda esquecer), ningunha das grandes mentes galegas pareceu dar importancia ás lendas e contos que, ata hai ben pouco, podían escoitarse a carón das lareiras.

Se parásemos a alguén po-la rúa para preguntarlle que é o que levan os membros da Santa Compaña (o mito vixente máis importante en Galicia), ¿cantos poderán responder correctamente que levan unha cruz, un caldeiro con auga benta e un heizope ou hisopo? É por esto que estou a recuperar as lendas de Galicia nunha páxina, para aportar o meu gran á obra de tantos e tantos séculos de tradición oral galega, a única cultura de Galicia ata o século XIX, e que os esforzos de outros (antes e mellores ca min) non se troque nunha loita perdida por todos nós.

La emigración argentina: nuestros ausentes de hoy

Venres, Outubro 15th, 2004

El exilio es uno de los mayores temores que afrontamos muchos hombres. Con el nombre de “extrañamiento” integró el repertorio de penalidades que los hombres, puestos a jueces, nos asestamos recíprocamente.

El exilio es uno de los mayores temores que afrontamos muchos hombres. Con el nombre de “extrañamiento” integró el repertorio de penalidades que los hombres, puestos a jueces, nos asestamos recíprocamente.

No por casualidad, en muchos códigos solía proponerse como una alternativa a la muerte. Dos castigos con una raíz común: la penuria de ser privado para siempre del disfrute de los afectos arraigados, de la tierra nutricia y aún de la lengua y la caricia materna.

Platón nos cuenta en la Defensa de Sócrates que, ya declarado culpable, el viejo maestro es invitado a elegir su propio castigo. Sabiendo que su exilio aliviaría a sus enemigos, absolviéndolos de matarlo pero liberándolos igualmente del asedio del “tábano”, Sócrates analiza esa posibilidad. Pero sólo para descartarla de plano.

“¿Cómo podría yo vivir en otra tierra, privado del trato de mis vecinos, entre gentes que no me conocen?”
“Y si no he podido ganarme vuestro afecto, a pesar de haber nacido y crecido entre vosotros, ¿cómo puedo aspirar siquiera al respeto de los ajenos?”

Juzga, Sócrates, el exilio peor que la muerte.

¿Cómo es posible que alguien elija por su propia voluntad, no presionado por la amenaza de un castigo irreversible, cortarse las raíces que lo atan a la sucesión de sus generaciones y a la historia familiar y sus escenarios? ¿Cómo optar por esta muerte menor, enmendable, es cierto, pero que consiente exigirse un dolor continuo? Y, sobre todo, ¿por qué hacerlo?

Me parece que los emigrantes exitosos, (pienso en nuestros padres) tienen una noción del tiempo que va a contramano de la nostalgia. En ellos, el futuro se convierte en la única dimensión “habitable”. Trazado un proyecto, toda aspiración a concretarlo es una inspiración y una motivación. Como si, realmente, desde el futuro su royecto “los aspirara”, sin permitirles ya volver la cabeza, llorar lo perdido.
El emigrante se domicilia en el futuro y desde allí ordena su vida. Una vida que comienza a ser toda “futuriza”, diría nuestro Julián Marías.

No hay, en esta elección legítima, olvido ni postergación del pasado. Se trata de adoptar el otro sentido para el tiempo que pasa y nos arrastra. Por eso la vida se jalona de metas, aún a veces sólo tretas para engañar la soledad del extrañamiento.

“Cuando ahorre lo suficiente”. “Volver triunfador, realizado.”
En el tema y en la estructura de estos anhelos hay, también, una clave que nos deja comprender por qué y quiénes eligen emigrar. Los relatos de emigrantes insisten en la pobreza de la que se viene, en la esterilidad de los sueños que se cambia por un futuro maravilloso y posible. Tanta miseria y ahogo como para que la primaria, instintiva, animal, adhesión al terruño, ceda ante la posibilidad de una vida de protagonista, de una biografía elegida.

Lo que otra vez nos lleva al tema del futuro vivido en anticipo.El exiliado político, en cambio, el amenazado por el extrañamiento, no concibe un futuro fuera de su patria, de su ideal de patria. Tiene con su espacio natal sólidos vínculos simbólicos y ha proyectado en él sus valores. Esa mayor densidad y riquezas simbólicas denuncian la presencia de lo urbano, nos indica que estamos hablando de ideales políticos y sociales, del modo de convivencia que define la vida en las ciudades.

Sócrates rechaza la salida fácil del exilio en nombre de su amor por Atenas. Porque es sin duda ateniense su ministerio de preguntar, interrogar, incomodar y él sabe que en el futuro ese acucioso oficio definirá a su ciudad y a su tiempo. La Atenas de Sócrates no es intercambiable con ningún otro horizonte y entregará mansamente la vida como prueba de esa convicción.

Pero, en la misma plaza, un campesino, un marino o un artesano, atenienses como Sócrates y como el mismísimo Pericles, al enterarse de su elección por la cicuta, no entienden que el filósofo haya elegido morir antes que afrontar un futuro desconocido en esas lejanas tierras cuya promesa llena, para ellos, el corazón de fábulas.

Ellos son emigrantes. Llevan en sus baúles la vieja cultura y la gratitud por la nueva vida que se han prometido. Ya están viviendo de futuro.

Sócrates no avizoraba lejos de Atenas sino el amargo rencor de la expulsión y los pedazos de una historia interrumpida.
Habitualmente no somos los prototipos que, en este artículo, expresa Sócrates. Tampoco somos en forma pura los simples atenienses dispuestos a la aventura, a construir sobre terreno de futuro. Lo más probables es que haya en nuestra psiquis ingredientes de ambos prototipos.

Emigrantes a ratos, exiliados a veces, desarraigados siempre, nuestros ausentes de hoy son una pregunta desesperada por el sentido mismo de la vida.

Roberto Eiriz Estévez (hoxe@terra.com)

Galicia non vai ben…Portugal, também não…

Domingo, Outubro 10th, 2004

AS ELEI��ES AUTÁRQUICAS NA GALIZA e PORTUGAL, t�o longe e …t�o perto.

� transmiss�o pela TVG da Xuntanza do PP da Galiza e dos Fraguistas renovados, asoballou-me profundamente, como diria Castelao…
E, ainda n�o recuperei do susto!

Em Portugal, a situa��o política é alarmante. A direita mais reaccionária engatou a marcha atrás acelerada e vem atropelando e destruindo conquistas elementares conseguidas através de lutas ao longo de dezenas de anos.

Paralelamente � extors�o dos direitos, aumentam-se os deveres desde o nível da classe média, até ao dos velhos e indigentes mais espoliados.

Decreta-se que o crescimento dos salários n�o pode ser superior ao da infla��o só que, o indicador que a mede é obtido pelos mixordeiros de servi�o no alambique onde destilam a zurrapa que fabricam ao gosto da tropa fandanga que detém o poder. Chegam, deste modo, a valores adulterados, bem abaixo dos realmente verificados potenciando a descida de nível de vida de quem trabalha.

Por outro lado, tudo o que é Servi�o Público, é privatizado leoninamente regressando �s m�os do grande capital.

O Sistema de Saúde, nem no tempo da ditadura fascista era t�o restritivo e mau: aos velhos, dizem que já ultrapassaram o prazo de validade e, por isso, andam cá a mais. N�o os tratam, para morrerem mais depressa reduzindo, assim, as despesas assim a despesa pública de forma desumana e macabra.
Aos novos, imp�em medicamentos n�o comparticipados e, quanto aos auxiliares de diagnóstico, é cada vez menor a lista dos subsidiados, negando qualquer hipótese � medicina preventiva e tornando a �curativa� a antec�mara da doen�a prolongada e, até quantas vezes, da morte…

O Ensino, está de rastos! Este ano, a data de abertura do ano lectivo do ensino obrigatório n�o foi cumprida: as listas de coloca��o dos professores que deveriam ter sido publicadas no m�s de Maio, ainda n�o est�o completas. O número de professores desempregados ascende �s dezenas de milhar e os que ir�o ainda ser colocados ( cerca de 60 mil ), n�o sabem, nem usando a imagina��o, se v�o ser colocados, quando, como e em que regi�o do país ou, sorte malvada, se ir�o ser atirados para as fileiras do desemprego…

De cada vez que alguém do governo se digna a “explicar”(?!) ou “esclarecer”(?!) o que quer que seja… a desvergonha toca as raias do inimaginável!!!

Quem ainda consegue ter uma atitude critica relativamente aos dislates da pandilha, fica estarrecido com esta cavalgada sem freio, rumo ao abismo!

O Património Nacional é t�o velozmente alienado que se volatiliza antes de actuar na redu��o do défice que n�o para de aumentar.

Contraem-se dívidas externas dando como garantia o ingresso de impostos a arrecadar (??!) em anos vindouros…

As fugas ao fisco, os “off-shore” s�o alvo de carinhosas benesses.

No Euro 2004, o Estado esbanjou recursos que agora fazem falta para tudo.

No noticiário nacional da televis�o, apresentaram uma reportagem acerca da situa��o actual no Vale do Ave que me chocou profundamente: as crises nos t�xteis e cal�ado encerraram unidades produtivas importantes, lan�ando no desemprego uma elevada percentagem da popula��o activa desta zona.
Agora, com a estagna��o da constru��o civil de obras públicas, as institui��es de solidariedade social do Vale do Ave, tiveram quase que duplicar o apoio alimentar e financeiro a famílias que nunca ninguém imaginaria virem a ter que pedir auxílio para sobreviver � fome e suprir necessidades mínimas…

Os meios de comunica��o, nas m�os da direita mais reaccionária, brilham pela efici�ncia na lavagem ao cérebro que invade diariamente os nossos lares.

O branqueamento do Fascismo e a destrui��o de tudo que tem a ver com as conquistas decorrentes da Revolu��o de Abril, s�o as prioridades da banditagem governante

O descaramento e o �-vontade com que dizem e fazem as barbaridades mais torpes, atingem limites só possíveis com a concentra��o do poder em for�as fascisantes que, gozando de total impunidade, actuam livremente…

O actual Governo que muitos teimam em ser o mesmo que Dur�o Barroso chefiou, é uma pústula abocanhando a Democracia Portuguesa.

A ac��o subversiva de duvidosa constitucionalidade que levou o Presidente da República a nomear um primeiro ministro n�o submetido a sufrágio popular, instalou no poder gente sem envergadura moral nem cívica e duma incompet�ncia intelectual e técnica arrepiantes…

O curriculum do chefe do Governo está em conformidade: bon vivant, estrela do jet-set saudosista, mulherengo e especialista em calotes. Depois do buraco que deixou nas contas da autarquia da Figueira da Foz, rumou � de Lisboa onde, prosseguindo a sua actividade de buraqueiro, n�o se contentando em furar o or�amento municipal, lan�ou-se � constru��o de um túnel que ninguém quis, dando � estampa o monumento turístico mas emblemático da Capital: o célebre �Buraco do Santana�!!!

De certeza que Paco Martín, quando escreveu �Das cousas de Ramón Lamote�, nunca imaginaria que aqui t�o perto, neste curruncho � beira mar plantado, também se profeririam discursos sobre entemodelfos e se chegaria ao apuro da produ��o em série de marmolubios indispensáveis no motucontinium dos actos de posse desta bandalhagem….

¿Nacións celtas? Non, ¡galegas!

Venres, Outubro 8th, 2004

Tradución de Ricardo Gonzálezado artigo We are not Celts at all but Galicians de Brian Donnelly, publicado en The Herald.

As nacións célticas como Escocia e Irlanda teñen máis en común co portugués e español que cos celtas de Europa central, segundo un novo informe académico. O historiadores creron durante moito tempo que as Illas Británicas foron mergulladas por unha invasión masiva de celtas da Idade de Ferro de Europa central ao redor do 500 AC. Sen embargo, xenetistas no Trinity College en Dublín agora proclaman que o escocés e irlandés teñen máis en común coas persoas de España nor-occidental. O Dr Daniel Bradley, disertante de xenética no Trinity College, dixo que un novo estudo sobre as orixes célticas revelou afinidades íntimas coas persoas de Galicia. Dixo: “É moi coñecido que hai relacións culturais entre as áreas pero agora isto mostra que hai moito mais. Nós pensamos que os vencellos son moito máis vellos que da Idade de Ferro porque tamén mostran afinidades coa rexión vasca que non é unha rexión céltica”. Engadiu: “As ligazóns apontan cara outras nacións célticas, en particular Escocia, pero tamén apontan a España”. Os historiadores creron que os celtas, orixinalmente indoeuropeus, invadiron as illas atlánticas hai 2500 anos nunha migración masiva. Pero usando mostras de ADN das persoas que viven nas nacións célticas e outras partes de Europa, os xenetistas na universidade debuxaron un novo modelo. O Dr Bradley dixo que era posible que os emigrantes se trasladaran da Península Ibérica a Irlanda desde hai tanto como 6000 anos até fai 3000 anos. “Eu non estou de acordo coa idea dunha invasión masiva das Illas Atlánticas na Idade de Ferro. Podemos considerar o océano, en lugar dunha barreira, como unha rota de comunicación,” dixo o Dr Bradley. Os arqueólogos tamén estiveron cuestionando as ligazóns entre os celtas da Franza oriental e Alemania do sul e as persoas das Illas Bbritánicas, e a nova investigación semella demostrar as súas teorías. O estudo de Dublín atopou que as persoas en áreas tradiciónalmente coñecidas como Célticas, como Irlanda, Gales, Escocia, Bretaña e Cornualles, tiñan fortes vencellos entre si e tiñan máis en común con persoas da Península Ibérica. Tamén atopou que a xente de Irlanda ten máis en común cos escoceses que calquera outra nación. “O que nós suxerimos é que esta comunidade da faciana Atlántica é moito máis vella, de hai 6000 anos ou antes”, engadiu o Dr Bradley. Hai tamén íntimos vencellos entre Escocia e Irlanda que datan de moito máis atrás cás plantacións dos 1600s cando moitos escoceses se trasladaron á Irlanda do Norte en busca de terras de cultivo fértiles, tal como desmotrou a investigación. Sen embargo, os investigadores non poderían determinar se a pele clara, as pecas, o pelo vermello e temperamento fero son de verdade riscos Célticos. Stephen Oppenheimer, profesor de ciencias socio-médicas clínicas en Oxford, dixo que os celtas de Escocia ocidental, Gales, Irlanda e Cornualles descenden de antigos habitantes da costa Atlántica cando Bretaña aínda estaba conectada co continente europeu, mentres que o inglés estaba máis estreitamente relacionado coas xentes xermánicas do interior. Dixo: “Os ingleses son os diferentes porque eles eran os máis vencellados á Europa continental. O escocés, o irlandés, o galés e o cornish son todos moi similares no seu modelo xenético ao vasco”. O estudo encabezado polo Dr Bradley publicouse no American Journal of Human Genetics.

O sr. Fraga, a Língua das Borboletas e Un País con Futuro…

Xoves, Outubro 7th, 2004

As Próximas Eleições Autárquicas na Galiza: remando contra a maré, o Sr. Fraga candidata-se a mais 4 anos como Dono do Futuro da Galiza…

Mais de um terço da minha vida, em Portugal, foi vivido sob a ditadura fascista.

A realidade dos operários têxteis do Vale do Ave cresceu comigo, edificando-me a personalidade e moldando depois, com duros golpes, este meu modo de estar na Vida e no Mundo.

Como poderia eu apagar da memória a miséria, a fome, a tuberculose e a insalubridade em que viviam e morriam famílias inteiras?! A sua luta, as perseguições da polícia política – a PIDE -, as masmorras, a tortura até ao assassinato???

Soube o que era Caxias pelo pai do Manuel quando ele, em voz baixa, ao fundo do quintal, agradecia à minha Mãe a ajuda solidária, de mais um prato na mesa e o Manuel como se fosse nosso irmão…

Por isso, Sr. Fraga, a sua aparição pertinaz no pequeno ecrã
– tão solícita, a TVG… – causou-me calafrios e uma repulsa irreprimível.

Bem depressa a aparição virou assombração: a sua pindérica figura, os lacaios do séquito desrenovado, a apropriação rapinosa de valores democráticos “Galicia, un País con Futuro” – desencadeou-me o tropel das mais tenebrosas recordações…

O seu ar seráfico, prometendo Futuro para a Galiza, toca as raias do obsceno!

Sr. Fraga, você é o monstro decadente e curvado, carregando, através dos tempos, o fardo da Culpa!

Como pode um ajudante de campo do fascista Franco falar de Futuro???
Você é o AntiFuturo e a corja de novatas e novatos que lhe dão colinho valem pelo que são: sátrapas, como o Sr..

Sr. Fraga, você, com o seu despudor, amplia e projecta bem alto a admiração e carinho que “A língua das Borboletas” nos faz sentir pelas vítimas do Fascismo. Enquanto enaltece, em nós, a certeza inabalável de que o Futuro é com os que lutam para que, na Terra Mãe da Galiza,
FASCISMO, NUNCA MAIS!