Archive for Agosto, 2004

Fraga preside o xantar celebrado con motivo do IV Día da Galicia Exterior

Sábado, Agosto 21st, 2004

Manuel Fraga solicita a total implicación de todas as administracións para mellorar a situación dos emigrantes con problemas. Noticia extraída do boletín SICE de Jorge Navós.

Louvou o compromiso da Xunta cos emigrantes galegos e cualificou ó Goberno autonómico como “modelo” nesta tarefa.

Manuel Fraga solicitou a “total implicación de todas as administracións” para “mellorar a situación dos emigrantes con problemas”, no xantar que presidiu en Santiago como benvida aos participantes no IV Día da Galicia Exterior. Na xuntanza estiveron presentes os directivos de varias entidades galegas de todo o mundo, así como os directores dos grupos artísticos que paticiparon no Festival Internacional de Folclore Galego. Os casi 200 asistentes a este encontro estiveron ademais acompañados polo Conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal e mailo Director Xeral de Emigración, Xoan Castellano Herrero.

Manuel Fraga situou á Xunta como modelo a seguir por outras autonomías de España e loou o compromiso do Goberno autonómico coa atención dos emigrantes galegos, mesmo cando non forman parte da súa competencia. Segundo as súas propias verbas, “este compromiso levou ó Goberno que presido a tratar de chegar sempre antes que outros, a ser os primeiros en botar unha man alí onde fora necesaria a presencia de Galicia. E podo dicir que, nalgunha ocasión, resolvemos problemas que non era da nosa competencia”.

Na súa intervención, o xefe do Executivo autonómico tamén expresou o desexo colectivo de levar a cabo esta reunión mundial da galeguidade. Segundo o presidente da Xunta, “este IV Día da Galicia Exterior é o froito dun desexo que moitos dos que estades aquí me expresáchedes cando, a finais do ano pasado, nos vimos en Bos Aires”.

Nun emotivo discurso, o máximo mandatario galego lembrou a súa experiencia persoal como emigrante en Cuba, asegurando que “esa fonda pegada tivo moitísimo que ver con quen eu son agora, do mesmo xeito que Galicia enteira ten un carácter especial por ser terra de emigrantes”.

Ao mesmo tempo, o xefe do Goberno galego manifestoulles aos participantes da xuntaza o importante papel que cumpren para o futuro de Galicia ó afirmar “Galicia precisa de vós (…). Sodes parte indispensable do futuro deste país, igual que fúchedes columna imprescindible para o desenvolvemento desta Galicia moderna que hoxe todos disfrutamos, gracias ao voso esforzo, ao voso aforro e á vosa solidaridade”.

Manuel Fraga tamén tivo palabras para os fillos da diáspora, aos que considerou a chave do progreso de calquera sociedade. Segundo o presidente da Xunta “a xente nova da diáspora ten moito que dicir neste proceso de construcción da Galicia do século XXI”. “Queremos construir un terceiro espazo no que os vosos fillos, (…) a pesar da distancia, teñan voz e capacidade de decisión”, engadiu.

Por outra banda, o xefe do Executivo galego fixo mención aos delicados momentos polos que están a pasar algúns dos países nos que se asentan os nosos emigrantes e adicou palabras de apoio a aqueles galegos que, como tódolos membros desas sociedades, se están a ver implicados nesas difíciles situacións. O presidente autonómico asegurou que “sexa cal sexa a orixe dos problemas que acucien aos galegos do Exterior, e residan onde residan, a Xunta e Galicia enteira poderán chegar a eles”.

DÍA DA GALICIA EXTERIOR – XUNTANZA MUNDIAL DA GALEGUIDADE

Neste primeiro Xacobeu do século XXI, o IV Día da Galicia Exterior celébrouse na cidade de Santiago durante os días 12 e 13 de agosto. A primeira xuntanza de este tipo tivo lugar por primeira vez no ano 1993 con motivo do Xacobeu 93, repetíndose posteriormente nos anos 1997 e 1999.

Nesta ocasión, o IV Día da Galicia Exterior estivo especialmente dedicado á mocidade galega da diáspora. Dende a Consellería de Emigración desenvolveronse numerosos actos, tales como o Encontro da Xuventude, que tivo lugar no Monte do Gozo e ó que asistiron uns 500 mozos e mozas.

O venres 13 de agosto, foi o acto central da xornada, coa asistencia á Praza do Obradoiro de máis de 4.000 galegos procedentes de 142 asociacións de todo o mundo: Arxentina, Brasil, Chile, Cuba, Estados Unidos, Uruguai, Venezuela, Alemaña, Bélxica, Francia, Holanda, Portugal, Andorra, Suiza, Australia, ademais doutras Comunidades Autónomas do noso país. Tras o encontro, os participantes acudirán á Misa do Peregrino, ofrecida polo Arcebispo de Santiago, Julián Barrio. Como remate da xornada festiva celebrouse o IV Festival Internacional de Folclore Galego, na Praza da Quintana.

Dentro dos actos para conmemora-lo IV Día da Galicia Exterior

OS MOZOS DA EMIGRACIÓN DE QUINCE PAÍSES CELEBRARON EN SANTIAGO O DÍA INTERNACIONAL DA MOCIDADE

Os Directores Xerais de Emigración e de Xuventude, Juan Castellano e Loreto San Martín, explicaronlles ós mozos, procedentes de América, Europa, Australia e o resto de España, os programas da Xunta destinados ós máis novos

Preto de 600 mozos galegos da diáspora participaron no Foro da Xuventude, dentro dos actos cos que se conmemora o IV Día da Galicia Exterior, e que se fixo coincidir co Día Internacional da Mocidade, que Nacións Unidas celebrou este 12 de Agosto baixo o lema “A mocidade nunha sociedade interxeracional”.

Os rapaces, procedentes de Arxentina, Brasil, Chile, Cuba, Estados Unidos, Uruguai, Venezuela, Alemaña, Bélxica, Francia, Portugal, Andorra, Suíza e Australia, así como doutras Comunidades Autónomas do territorio Español -especialmente de Cataluña, País Vasco, Andalucía, Canarias, Baleares e Cantabria- comezaron as actividades previstas dentro do Foro ás dez e media da mañá, no compostelán Monte do Gozo.

Os Directores Xerais de Emigración, Juan Castellano Herrero, e de Xuventude, Loreto Sanmartín, recibiron ós mozos e expuxéronlles algunhas das liñas mestras das políticas que a Xunta mantén a prol da mocidade. Así, durante a súa intervención, a directora xeral de Xuventude fixo unha sinopse do Plan da Xuventude 2005-2007, actualmente en fase avanzada de estudio, que ten como eixes principais a mobilidade xuvenil, a información e as novas tecnoloxías.

RENOVACIÓN DAS DIRECTIVAS DOS CENTROS

Pola súa banda, o director xeral de Emigración incidiu nas novas iniciativas e nos programas para a xente máis nova da Galicia Exterior que se artellan desde a Consellería que encabeza Aurelio Miras Portugal, especialmente aqueles que procuran propiciar unha maior integración e participación da mocidade nas actividades dos propios centros galegos.

Neste sentido, Juan Castellano fixo fincapé na necesidade que sinte a xuventude de que se renoven as directivas destes centros e de contar con espacios propios de liberdade e de responsabilidade dentro das colectividades ás que pertencen, e felicitou a elevada formación dos mozos galegos da diáspora –que teñen taxas de estudios superiores moito máis altas que a media dos países nos que residen, e que chegan en casos coma os de Arxentina ou Suíza ata o corenta por cento–, a súa tolerancia e o enriquecemento intercultural do que dispoñen.

O Subdirector Xeral de Comunidades Galegas, Juan Porrúa, expuxo os programas que a Xunta desenvolve en exclusiva para os mozos residentes fóra de Galicia, desde os campamentos que se desenvolven baixo o nome “Rotas Coñece Galicia”, ata as bolsas de estudios coas que contan para cursar estudios no Sistema Universitario Galego, ou as actividades formativas, informativas e deportivas que se fan tanto en Galicia coma nos seus países de orixe.

Posteriormente, mozos de L’Hospitalet de Llobregat (Barcelona), Alemaña, Uruguai e Venezuela fixeron as súas propias achegas e falaron das demandas da xuventude nestes países, coincidindo todos eles na necesidade de integra-la mocidade nas tarefas directivas das entidades ás que pertencen, permitindo novos aires que empuxen estes centros a afrontar novas etapas e novos retos, afianzando así as súas raíces galegas nas novas xeracións de fillos e netos de galegos.

PEREGRINACIÓN

Finalizada esta xuntanza de traballo común, os mozos participantes recibiron material conmemorativo do IV Día da Galicia Exterior, que incluía un chuvasqueiro e máis unha mochila que precisarían de forma inmediata, ó iniciar un camiño que os levaría ata a Praza do Obradoiro. Alí teñen previsto chegar acompañados por persoal técnico da Consellería de Emigración e efectivos de Protección Civil, para desprazarse logo de visita-la basílica ata a Carballeira de Santa Susana na Alameda, onde compartirán un xantar ó redor das dúas da tarde.

IV Día da Galicia Exterior

Martes, Agosto 17th, 2004

Celebrouse na Capital de Galicia O IV Día da Galicia Exterior que xuntou en Compostela representantes das Comunidades galegas nos diversos paises nos que residen os galegos da diáspora.

Neste artigo podedes ler un resumo dos actos celebrados, e tamén ver algunhas fotos do Festival internacional de Folklore Galego co que se pechou este IV día.

IV DÍA DA GALICIA EXTERIOR en Santiago de Compostela

Os pasados días 12 e 13 de Agosto deste primeiro ano xacobeu do século XXI, celebrouse en Santiago de Compostela o IV Día da Galicia Exterior, este ano especialmente dedicado á xuventude da diáspora.
A praza da Quintana onde se celebrou o festival

A primeira vez que se realizou esta Xuntanza foi no ano 1993 e logo celebrouse unha segunda no ano 1997 e unha terceira no 1999.

Dende a Consellaría de Emigración programáronse distintos e numerosos actos, tales como o �Foro da Xuventude�, que tivo lugar o xoves , día 12, a primeira hora da mañá, no Monte do Gozo e ao que asistiron uns 500 rapaces e rapazas da emigración galega que, procedentes de paises como Arxentina, Cuba, Brasil, EEUU, Australia, Alemaña, etc… peregrinaron dende o lugar de encontro ata a o Obradoiro coa ntención de visitar a catedral.

Máis tarde os representantes de 142 centros e entidades de todo o mundo, e de 36 grupos artísticos da Galicia Exterior asistiron a un xantar de benvida co presidente da Xunta de Galicia, D. Manuel Fraga , o conselleiro de Emigración, D. Aurelio Miras Portugal, e o director de Emigración, D. Xoan Castellano Herrero.

O venres, tivo lugar o acto central da xornada, a asistencia á Praza do Obradoiro de más de 4.000 galegos procedentes das asociacións de Arxentina, Brasil, Chile, Cuba, Estados Unidos, Australia, Venezuela, Alemaña, Bélgica, Francia, Holanda, Portugal, Andorra, Suiza, Australia, ademáis de diversas comunidades autónomas de España.

Tras do encontro, os participantes acudiron á Misa do Peregrino, oficiada polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio.

Como remate de ouro do IV Día da Galicia Exterior, puidemos disfrutar do IV Festival Internacional de Folclore Galego, que deu comezo ás 17.00 horas nunha fermosa Praza da Quintana, abarrotada de xente, e que se prolongou ata as 22 horas, nun emocionado encontro de grupos folklóricos que encheu coa música das gaitas e cos bailes dos 35 grupos dos distintos paises a tarde compostelá.

Participaron neste encontro os seguintes grupos :

De Alemania:

  • Banda de gaitas de Alemania da Coordinadora Federal de Asociacións galegas en Alemania.
  • Grupo de danzas Xestas Verdes do centro galego de N�rnberg.

De Arxentina:

  • Agrupación Folklórica Miña Terra de Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano.
  • Grupo de Danzas y Gaitas do Centro Galicia de Buenos Aires.

Actuación de Miña Terra de Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano de Bos Aires

Actuación do Grupo de Danzas y Gaitas do Centro Galicia de Bos Aires

De Brasil:

  • Grupo folklórico gallego Arraial da Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
  • Grupo Caminos de España do Centro Espanhol e Repatria�ao de Santos.
  • Escola de Danza Folklórica do Centro Espanhol de Salvador.
  • Grupos Lembranzas e Agarimo da Sociedade Hispano Brasileira De Socorros Mutuos e Instru�ao de Sao Paulo.

Grupo Caminos de España de Santos ( Brasil ) do que forma parte Marcia Dieguez, a veterana membro de Fillos de Galicia (no centro da fotografía)

De Cuba:

  • Grupo Folklórico Gallego de Cuba de la Federación de Sociedades gallegas en Cuba.

De Chile:

  • Conjunto de Danzas y Gaitas do Lar gallego de Chile.

De EEUU:

  • <grupo de Baile e Música Galega do Centro Orensano Social Club de Newark
  • Grupos Lembranzas Galegas e Terra a nosa da Unidad Gallega de los EEUU (Nova Iorque)
  • Grupos Alborada e Anduriña da Peña Galega-Club de Newark.

De Portugal:

  • Grupo Anaquiños da terra da Xuventude de Galiza-Centro galego de Lisboa.

De Suíza:

  • Grupo A Nosa Galiza da Sociedade A nosa Galiza de Ginebra.

De Uruguay:

  • Ballet Folklórico Obradoiro da Casa de Galicia en Montevideo.
  • Grupo Terra Nai da Unión de Sociedades Gallegas de Montevideo.

Ballet Folklórico Obradoiro da Casa de Galicia en Montevideo

De Venezuela:

  • Grupo Maestro Cachefeiro da Hermandad Gallega de Santo Tomé de Guayana
  • Grupo de Danzas Alborada e Grupo de Gaitas Cachafeiro do Centro Gallego de Maracaibo
  • Agrupación de danzas Semente Nova da Hermandad Gallega de Venezuela.
  • Agrupación Cultural Aires da Terra e Fundación Gajillo da Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela)

Unha das actuación máis aplaudidas : A da agrupación Cultural Aires da terra e Fundación Gajillo da Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela)

Grupo Semente Nova da Hermandad Gallega de Venezuela

Doutras Comunidades Autónomas de España:

De Baleares:

  • Grupo Anaquiños do centro gallego de Mallorca

De Canarias:

  • Escola de gaitas da Casa de Galicia das Palmas.

De Castela �León:

  • Grupo Axouxere da Casa de Galicia en Valladolid.
  • Banda de Gaitas do Centro Galicia en Ponferrada
  • Grupo Sartaina do Centro Cultural Astur-Galego de Astorga
  • Grupo Anduriña do Centro Galego de Miranda de Ebro

De Cataluña:

  • Grupo da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellá.
  • Grupo Brétema da Casa Galega de L�Hospitalet.
  • Grupo Lonxe da Terra do Centro Galego de Barcelona.
  • Grupo da Irmandade Galega de Rubí

De Madrid:

  • Grupo Xuntanza Da Xuntanza de Galegos en Alcobendas.

De Navarra:

  • Grupos Os Fillos de Breogán e Lusquefusque do Lar Gallego de Pamplona.

Do País Vasco:

  • Grupo Espalladoiro Do Centro Gallego de Llodio.
  • Agrupación Folklórica Foulareda do Centro Gallego de Ermua.
  • Grupo Os Galaicos da Casa Cultural de Galicia As Burgas de Eibar.

Unha vez rematadas actuacións dos distintos grupos, o Conselleiro de Emigración, Sr. Miras Portugal, na compaña do Ex-Presidente da Xunta, Sr. Fernández Albor, e do director Xeral de Emigración, Sr. Castellano Herrero, fixeron antrega de Diplomas a tódolos grupos participantes, para proceder a continuación á clausura desta xornada con un discurso emocionado que podo resumir en algunhas das súas frases:
As autoridades clausuran a xornada

“Hai unha Galicia eterna, que sodes vós, e con esa Galicia é coa que me quedo”

“Este aplauso nón é so para os que estades aquí agora, senón tamén para todos aqueles que desexarían estar e non puideron, e que estarán seguindo estes actos a través da televisión nos distintos paises do mundo”

“Levádelles aos voso pais, avós e familiares o noso saúdo e o noso recoñecemento”.

Mª Luisa Álvarez
Socia nº 43 da A. C. Fillos de Galicia
Galicia vive en nós.

Bibliotecas públicas en Galiza

Venres, Agosto 13th, 2004

Nas estatísticas de bibliotecas públicas de España Galiza sae moi mal parada.

Hai uns días o Ministerio de Cultura colgou da súa web as estatísticas de bibliotecas públicas de España . A información abarca os anos 2000, 2001 e 2002, e permite comparar os datos das diferentes comunidades autónomas, e incluso velos por provincia.

Nunha análise sinxela destas estatísticas, Galiza sae moi mal parada. Para comezar, son moitos, e importantes, os datos que non se recollen: por exemplo, os gastos (os cartos que se invisten en bibliotecas públicas), o persoal (non podemos saber nin cantas persoas traballan nas bibliotecas, nin cantos deles son bibliotecarios ou outro tipo de persoal), número de actividades culturais organizadas nas bibliotecas, número de usuarios inscritos…

Para continuar, chama a atención que se ben a administración galega considera que o 97% da poboación ten acceso a bibliotecas públicas, só se teñan realizado, nun ano, 0,15 préstamos de libros por habitante, a segunda cifra máis baixa de todo o estado español (a primeira máis baixa corresponde a Ceuta) fronte aos 2,247 préstamos por habitante de Castilla y León. Isto indica que as bibliotecas non se usan, e as bibliotecas que non se usan é coma se non existisen. É mágoa que non teñamos datos sobre o número de persoas inscritas nas bibliotecas. Si sabemos que, do total da poboación, 2.737.370 persoas segundo estes datos, só se produciron 145.762 visitas ás bibliotecas en todo o ano 2002. É claro que as bibliotecas están infrautilizadas.

Outro dato que chama a atención é o número de adquisicións das bibliotecas públicas galegas. Enténdese por adquisición o número de libros (tamén cds, vídeos, etc.) que entraron a formar parte das coleccións de bibliotecas, ben fose por compra, ben por donacións. A cifra para toda Galiza é de 107.801 unidades, ridícula ante as 861.539 de Catalunya, pero o máis triste é deterse no reparto provincial: en Ourense, en todo o ano 2004, só ingresaron nas bibliotecas públicas 4.122 libros. Só Melilla está por debaixo desa cifra, pero é que en Melilla hai só 1 biblioteca pública que atende a 69.184 habitantes, mentres que Ourense ten 343.768 habitantes, e 78 puntos de servizo.

Ben, sen liarnos moito máis con datos, que é o que todo isto quere dicir? Os que tratamos de usar bibliotecas públicas en Galiza ben o sabemos: son ben poucas as bibliotecas públicas que merezan tal nome. Na maioría dos casos, considérase un punto de servizo un cuarto con libros que chegaron como lote fundacional enviado pola Xunta de Galiza, pero sen persoal cualificado nin orzamentos para manter en condicións as instalacións e os fondos. O funcionamento das bibliotecas depende exclusivamente do interese dos concellos por dotalas de persoal e material, e así, destacan positivamente os casos da Coruña e de Oleiros, fronte á maioría dos concellos pequenos, e outros non tanto, como Vigo, que só conta cunha biblioteca pública sen catálogo automatizado e con persoal escaso, ou Santiago de Compostela, que tamén só ten unha biblioteca pública, que dista moito de prestar un bo servizo á poboación. A Xunta, hoxe, non aporta ás bibliotecas públicas nada máis que o lote fundacional (e, segundo as estatísticas que temos diante, non se creou ningunha nova en todo o ano 2002), e, por mor de certos convenios recientes, as conexións a internet e equipos informáticos, e o apoio informático para a catalogación dos fondos. Pero non hai cartos para compras, para actividades culturais, para fomento da lectura, para formación da poboación no uso de internet, para tantas cousas que as bibliotecas públicas deberían ofrecernos.

Na maioría dos casos non hai persoal cualificado; con sorte, un bolseiro ou un contrato Labora (=lixo), diplomados en Biblioteconomía e Documentación (temos a titulación na Universidade da Coruña!!!), ou formados a base de cursos, e que fan un verdadeiro esforzo para facer deses �cuartos� auténticas bibliotecas. Pero iso no mellor dos casos; noutros moitos, calquera persoa que sobra noutras áreas pasa a �atender� a biblioteca (atender significa vixiar que os nenos non rouben nada nin berren moito…).

E todo isto sen compararnos coas bibliotecas públicas europeas, ou por non falar de casos máis escandalosos coma o das bibliotecas de centros de ensino non universitario…

Liberada a emigrante galega secuestrada onte no País Vasco

Xoves, Agosto 12th, 2004

Olga Novo Villar, esposa do empresario galego Pexerto Blanco López foi ao parecer víctima dun secuestro lóstrego.

O secuestro produciuse o mércores 11 na localidade biscaína de Getxo onde reside o matrimonio. Olga Novo foi liberada esta mañá despois de 20 horas de secuestro na localidade burgalesa de Oña, onde un veciño a atopou esposada ao volante dunha furgoneta abandonada nun camiño.

Pexerto Blanco procede da localidade luguesa de Palas de Rei e rexenta no País Vasco varios negocios, entre os cais hai un lavadoiro e taller de coches, e empresas da construcción e inmobiliarias.

Descoñécese se o empresario pagou os 150 mil euros esixidos polos captores, que finxiron ser gardias civís. Nas súas primeiras declaracións tras ser liberada, Olga Novo declarou que non lles atopou acento alleo ás persoas que a mantiveron secuestrada, o cal parece descartar a autoría dunha banda de criminais estranxeiros.

A Ertzaintza (policía autónoma vasca) manifestou a súa molestia por non lles ter permitido a Garda Civil asistir aos interrogatorios feitos á muller liberada, segundo informou ETB (Euskal Telebista).

En ningún momento se considerou probable a autoría da banda terrorista ETA neste secuestro.

Galiza arde

Luns, Agosto 9th, 2004

Lembrades aquela canción de Os Resentidos: “Arde Galicia, con lume forestal…”? Por desgraza, esa é a nosa canción do verán, de todos os veráns.

Un ano máis vemos como arde o noso monte: o 3 de agosto a Consellería de Medio Ambiente recoñecía que no que vai de ano superouse nun 34% a cantidade de hectáreas queimadas en todo o ano pasado (levamos unhas 26.900 ha este ano, segundo os datos oficiais), cifras que, segundo sindicatos (CIG e CCOO, cando menos) e organizacións ecoloxistas, quedan curtas. Hectáreas arriba ou abaixo, o que está claro é que o que un ano arde, non está recuperado no seguinte (nin no outro, nin en moitos máis), polo que temos que ir sumando as hectáreas que ano tras ano se queiman. Non é de estrañar que se fale xa de “desertización” de Galiza.

Grupos ecoloxistas como Adega, e o Sindicato Labrego Galego, reiteran que Galiza arde porque o monte non se usa, porque non existe unha política forestal axeitada: “Reducir o problema dos incendios fundamentalmente a un mero asunto de delincuencia e ignorar totalmente a relación entre a política forestal e os lumes pode ser útil politicamente para o goberno mais non nos vai axudar a resolver un problema certamente complexo e difícil que demanda análises rigorosas, unha visión a longo prazo e o recurso a un amplo abano de accións. Desde as organizacións ecoloxistas entendemos que hai causas estruturais dos lumes que a Xunta non trata de corrixir adecuadamente: reforestacións monótonas con especies altamente combustibles, escaseza de labores de prevención, ausencia de ordenamento de montes que compatibilice e planifique usos, etc. Da mesma forma que para reducir accidentes se modifican tramos de estradas, tamén se debe actuar nos montes para diminuír a probabilidade de incendios” (Castro Baleato, Xosé Luís, e outros, “O problema dos incendios e as súas causas”, La Voz de Galicia, 8 de xullo de 2004). Así se posiciona tamén a Federación Ecoloxista Galega, ao dicir que “A inmensa maioría dos nosos bosques de maior interese ecolóxico carece da protección especial necesaria e áchanse seriamente ameazados. Só unha parte ínfima está situada dentro de espacios naturais protexidos (Parques ou Monumentos Naturais) ou é de propiedade pública” (extraído de http://web.jet.es/feg/ o 5 de agosto de 2004).
O rural galego esta a se despoboar, porque o desmantelamento do sector primario (agricultura e gandeiría, neste caso, aínda que tamén a pesca) é progresivo e nunca se detén. Fronte ás declaracións propagandísticas do goberno galego alegando que a súa xestión do lume é impecable, podemos, e debemos, escoitar outras voces en desacordo, que inciden precisamente no problema estrutural de Galiza como a causa última dos incencios forestais (como non, tamén da emigración galega, lembremos que cada ano uns 16.000 mozos e mozas emigran na procura dun traballo fóra da terra).
Di o Sindicato Labrego Galego que “As actividades agrícolas e gandeiras de tipo familiar e labrego sempre foron a base fundamental do equilibrio medioambiental do noso rural. Dende logo, o lume non proliferaría en agros con praderías e leiras en activo, cos camiños ben coidados, cunha poboación que mantivese os terreos e montes limpos de maleza con rozas regulares e pastoreo, cunha silvicultura baseada no sentido común e non no beneficio especulativo, ou co simple mantemento dos cortalumes. Pola contra, temos un agro desértico e despoboado –sobre todo na provincia de Ourense e no sur de Lugo- sumido no total abandono que favoreceron as políticas agrarias do PP e do PSOE…” (recollido de www.vieiros.com o 4 de agosto de 2004).
Non podemos deixar de relacionar todos os males que azotan Galiza: os lumes, a emigración, a precariedade laboral, o desmantelamento do sector pesqueiro, o desmantelamento do sector naval, a cota láctea, as subvencións para o abandono de explotacións agrícolas e gandeiras…; non son problemas diferentes con orixes diferentes, todos teñen un punto en común: as políticas tendentes ao abandono dos nosos sectores económicos tradicionais en beneficio do sector industrial (pricipalmente das grandes empresas, case ningunha de capital galego) e, sobre todo, dos servizos, o que provoca a despoboación do rural e a emigración dos nosos xoves na procura do traballo e a estabilidade que Galiza non lles proporciona.
E é tal porque a política que rexe a nosa economía non é galega e para os galegos, senón que está feita dende fóra (Madrid, Bruxelas, Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional, Organización Mundial do Comercio…), e para beneficio das grandes (grandes, grandes…) empresas.
E o noso goberno (ter, témolo propio) “dándolle ao sarillo, facendo como que fan…”.
PD. (O Conselleiro de Política Territorial quixo deixar claro que non se poden relacionar os lumes con intereses urbanísticos, aínda que algunhas das zonas queimadas sexan atractivas para determinadas construtoras; neste caso, é casualidade; pero se os veciños prantan viñedos ou aproveitan para a agricultura o monte queimado, aí si que pode haber “escuros” intereses económicos…)(Por que non estudan seriamente o tema, e conclúen o que teñan que concluír, en lugar de lanzar mensaxes aquí e acolá sen fundamento?)
PD. (Noticia de última hora: onte, 8 de agosto, choveu a mares; hoxe non hai ningún lume activo; como fai Fraga tan a miúdo, daremos as grazas ao Apóstolo por solucionar os nosos problemas, porque está claro que a outros non lles temos moito que agradecer…).

Declaraciones de Pérez Touriño para la prensa del exterior

Luns, Agosto 2nd, 2004

El Secretario General del PSOE-PSdeG Emilio Perez Touriño, acompañado de la Diputada Marisol Soneira, encargada de temas de Emigración, realizó una evaluación del reciente Congreso del PSdeG, ante la prensa del exterior. Por Juan Carlos Iniesta.

SOMOS EL PARTIDO DE LA ALTERNATIVA EN GALICIA.

Según Perez Touriño, el partido sale reforzado, cohesionado y preparado para gobernar, señalando especialmente el porcentaje elevadísimo, que rayó el 100% con que la nueva ejecutiva fue elegida. “La lectura que podemos realizar, es el sueño unánime que tomamos de la sociedad progresista gallega, expresando la voluntad de un cambio en Galicia”. Dentro del análisis, también repasó la crisis actual que enfrenta el BNG: “Se encuentra en una redefinición de estrategia y posicionamiento, pues existe un sector de la ciudadanía gallega, que se expresa libremente a través del nacionalismo democrático”, recordando que también al PSOE, la pasó unos 6 años atrás, “y hoy una vez resuelta, aquí estamos con toda nuestra fuerza y capacidad”. Sobre la realidad actual del PP de Galicia, Touriño cree que se encuentra ante el final de un ciclo. “La ciudadanía gallega, percibe que tras décadas de liderazgo, Manuel Fraga, llega al final de una época, anunciándose incluso desde el mismo Partido Popular, pues ya desde la pasada legislatura no logran resolver la sucesión de su líder”. Este análisis lleva a la gente del PS de Galicia a dos cambios cualitativos: Uno, la alternativa de la oposición será el Partido Socialista: “Hoy nadie piensa que el cambio no venga de nuestra mano”. Dos, la ciudadanía gallega ve al PS de Galicia, como el cambio posible de gobierno, “donde ningún sector social quede atrás, donde Galicia tenga un papel influyente en España y Europa”, agregando: “Nada habrá esta vez que lo impida, somos el partido de la alternativa en Galicia”.

La confianza está basada, en que para Touriño, el PP de Galicia está falto de un proyecto y un cambio de liderazgo incapaz de resolver. “Vuelve la teoría que deberán sujetar allí a Fraga, en una situación prácticamente imposible”.

El cambio que proyecta el PS de Galicia, abarca un abanico profundo: La Galicia social, solidaria, la de la emigración… “Que nadie quede atrás en este país, que se está dualizando, tenemos provincias enteras, tal es el caso de Ourense o Lugo, que cada vez quedan más lejos en relación al desarrollo de la Galicia costera, carentes del dinamismo de Vigo y La Coruña”.

LA GALICIA DEL EXTERIOR, LOS RETORNADOS Y LOS NIETOS

Después de largos años, el voto de la emigración le dio el triunfo en las últimas generales al PSOE, razón por la cual Touriño expresa puntualmente el reconocimiento del partido. “Hay allí un depósito de confianza,y responsabilidad, que apuesta por la opción del cambio, a través de un resultado claro, rotundo e inequívoco, lo cual provoca en mí, si cabe, la exigencia de trabajar con más empeño y compromiso por esa Galicia del Exterior, que también nos está pidiendo que asumamos el cambio en nuestra tierra”. Si bien todo voto tiene el mismo valor, aclaró Touriño, señaló la posibilidad de que el voto del exterior, termine de volcar el cambio de gobierno dentro de Galicia, de continuar el camino de las generales de España. Touriño también se detuvo a analizar la creciente importancia de los denominados retornados. “Es altamente razonable que quienes ya están aquí buscando su futuro en términos laborales, sociales y de integración en la vida del país, el futuro político los afecta muy directamente y es de esperar que participen masivamente. Allí saben que el PSOE, tiene el compromiso de crear la ventanilla única del retornado, para que exista una administración que de respuesta inmediata y clara a sus demandas en todo tipo de situación”.

Un capitulo especial de gran impacto, es el referido a la solución de la ciudadanía española con los nietos de españoles, a través de la implantación en breve tiempo de una especie de visa (visado), la cual les permitiría conseguir empleo o cursar estudios en forma legal, por un año, sirviendo además ese lapso de tiempo como antecedente para lograr finalmente la inserción en la sociedad española con la otorgación de la ciudadanía española, “Además esta visa, no requerirá tener que viajar a sus países de origen en el caso de aquellos que ya están residiendo en España”. Cálculos estimativos citan en cercano al medio millón de personas, que podrían estar en situación de acogerse a esta resolución.

LA NUEVA EJECUTIVA

Sobre la conformación de la Nueva Ejecutiva del Partido Socialista de Galicia, queda la sensación de una gran confianza en los nombres que la integran, desde José Orozco, alcalde de Lugo en mayoría, pasando por Paco Vázquez, regidor de La Coruña, hasta la inclusión de un hombre fuerte en Ourense como es el inamovible (según definición de Touriño) alcalde de Carballiño: el médico Pachi Vázquez. Pasando por el reconocimiento de la Primera Teniente de Alcalde de Pontevedra, Teresa Casal, hasta la presencia por vez primera de una ministra nacional, la del area de Agricultura.

ARGENTINA Y VENEZUELA

Argentina es el colectivo de la emigración más numeroso, que requiere una continuada asistencia socio-sanitaria, pero además se ha incorporado el colectivo gallego de Venezuela. “En los últimos tiempos Venezuela se agregó a nuestras preocupaciones; ya desde el gobierno de Zapatero se preve un aumento del presupuesto del año 2005 destinado a sostener y mejorar su situación. Un primer y gran paso se dio al modificar el sistema de conversión de las ayudas, lo cual representa en Argentina una mejora notable en el monto de las pensiones que reciben nuestros emigrantes”. También es deseo del PSdeG el terminar con el estado de caridad que según Touriño ha desembocado, tras tantos años de clientelismo ejercido por el gobierno de la derecha. “Quedan fuera del sistema un numero mayor de ciudadanos que los que logran beneficios”. Otro tema muy delicado es el concerniente al Hospital del Centro Gallego de Buenos Aires, el cual evitó la posibilidad de una quiebra recientemente, al recibir una nueva ayuda económica desde la Xunta de Galicia. “Se nos dice que habrá que girar unos 5 millones de euros más, los cuales se agregan a los anteriores 4 millones que se malgastaron con la fracasada intervención médico-administrativa a cargo del Dr. Burgueño. El tema nos preocupa y tenemos previsto la comparencia del Conselleiro de Emigración en el Parlamento para que nos informe, pues no se puede seguir poniendo dineros a pérdidas sin un plan razonable”. Según Touriño, la única salida coherente es lograr que el gobierno de Argentina se involucre. “Es necesaria la presencia del PAMI”, dejando aclarado que el PS de Galicia no abandonará al Centro Gallego a su suerte: “Trabajaremos en positivo, sin pasar facturas, aplicando planes de fondo”.

PLANES PARA LA COLONIA GALLEGA DEL EXTERIOR

Finalmente Emilio Perez Touriño, informó que se está trabajando en un denominado Estatuto para los Gallegos Residentes en el Exterior, quienes serán los principales beneficiarios de una acción Social, Cultural y Económica. “Hay que articular en sus países este accionar aprovechando el dinamismo de nuestras gentes: es una oportunidad histórica para Galicia, y habrá que saber potenciarla y aprovecharla, pero sin institucionalizarla, como ya se intentó”. Por último queda la gran esperanza de modificar el sistema de voto: “Deseamos concretar un viejo anhelo: que finalmente se pueda votar en el exterior en una urna, con todas las garantías, alejando definitivamente la sospecha de la manipulación; ojalá ya en las próximas autonómicas de Galicia en el 2005 comencemos”.


Juan Carlos Iniesta dirige el programa Galicia Hoxe que se emite todos los lunes de 11 a 13hs de Argentina, Radio del Pueblo am750.

También en Internet en www.750am.com.ar , de 15 a 17hs de España.