Archive for Xullo, 2003

Eu son Galego

Martes, Xullo 29th, 2003

Enrique Rodríguez Álvarez envía desde Panamá un texto poético sobre a súa galeguidade.

Eu veño dun país onde a chúvia é eterna,

eu son da terra do fin do mundo,

onde a auga converte a vida en eternidade

e onde a nostalxia se volta en permanente morriña.

Eu veño do profundo das azuis rías,

dos altivos montes e da terra Cha.

Eu veño da mais fermosa terra que Deus pudo crear

e se a algo se lle pode chamar o Edén

esa é a miña Terra Nai.

Eu nacín nos antigos castros,

eu soñei baixo á sombra dos carballos centenarios,

Eu loitei nos vetustos castelos,

vivín nos señorais pazos,

orei nas venerabeis igrexas,

busquei refuxio nos silenciosos mosteiros

e descansarei por sempre na mansedume

da aldea dos meus devanceiros.

Levo no meu sangue o fervor das suas fontes

e na miña mente, a frialdade do vento do norte.

A miña vida inteira xira en torno

dun universo de lendas e conxuros.

Eu son dun país que unha nobre raza chamou Galiza

e da terra onde os deuses fixeron o seu panteón.

Eu son galego, non só de sangue, se non de corazón.