Archive for Outubro, 2002

Comeza a campaña de banners da Asoc. Fillos de Galicia para captar novos socios

Sábado, Outubro 5th, 2002

Os principais portais galegos serán o punto para contactar cos galegos máis comprometidos coa diáspora.

Hoxe comezaron a verse nos webs máis visitados polos internautas galegos os banners cos que Fillos de Galicia pretende animar a máis galegos a unirse á Asociación que fai posible o maior proxecto da diáspora galega en Internet.

Máis de 170.000 visitas no último ano…

Case 900 membros rexistrados…

…Pero soamente 25 socios que achegan o seu diñeiro e participación á Asociación que é responsable da Comunidad Virtual Fillos de Galicia.

O obxectivo con esta campaña é dar a coñecer o traballo que fai Fillos de Galicia e a necesidade de conseguir novos socios para o poder continuar.

Os banners están baseados en testemuños reais de membros da comunidade de Fillos que prestaron a súa imaxe e palabras á campaña. A continuación preséntanse algúns destes banners:

POLO FUTURO DA NOSA CULTURA NO MUNDO - Únete á Asociación Fillos de Galicia

As persoas interesadas en se uniren á Asociación Cultural Fillos de Galicia o poden facer automaticamente desde o seu web.