Archive for Maio, 2001

Os oficios da emigración (I)

Xoves, Maio 17th, 2001

Inés Abeijón inicia una serie de artigos sobre os traballos que fixeron os nosos pais e avós na emigración con esta historia da súa familia nos EE.UU.

Inés, coa camiseta de Fillos de Galicia, na súa casa dos EE.UU.– Deixame ir xogar, ho..>>

– ¿Sete por oito? – preguntaba miña nai

– Deixame ir xoghar, ho… -repetía unha Inés duns 7

anos.

– Hasta que aprenda-la tabla de hoxe non sales – respondía ela.

Co tempo esta pregunta cambiou:

– Mamá ¿como se fai esto? – preguntaba unha Inés

duns 12 anos.

Non sei, miña filla, pregúntalle a teu irmán a ver se sabe..

eu nunca entendín ben os quebrados (miña nai deixou a escola con

12 anos)

– Estudiaaaaade, mirade que para fregar escaleiras xa chego eu – repetiu

miña nai moitas veces mentras nós pousabamos os codos riba dos

libros.

E é que a miña nai e mais meu pai, como tantos outros máis

querían sempre o mellor para os seus fillos, e así o deron a entender

da mellor forma que eles souberon.

Meu pai empezou a traballar a unha curta idade. Isto debíuse máis

que nada pola necesidade que obrigou a el e ós seus irmáns, xa

que o meu avó emigrara o Brasil cando el contaba con 4 anos e nunca máis

voltou. Empezou a traballar con 14 anos, según el nos contou, cargándolle

os picos ós canteiros, e máis tarde nun aserradeiro, ata que decidiu

“embarcar”. Pasou moitos anos navegando. Meu pai era o cociñeiro.

Foi nos barcos onde empezou como axudante de cociña, ata que despois

se fixo co posto. De aí que ninguén da nosa casa cociña

mellor ca el.

Miña nai despois de deixar a escola ós 12 anos foi a aprender

costura cas costureiras locales, ata que con 18 anos se foi a Santiago de Compostela

a facer un curso nunha academia de corte e confección. Ela foi a única

que tivo a oportunidade de saír da parroquia para aprender un oficio,

xa que foi a mais nova de 7 irmáns e os outros xa traballaban e axudábanlle.

Cando acabou ela mesma se dedicaría por varios anos a enseñarlle

a outras aprendices na casa dos meus avós.

Pódese dicir que meu pai era cociñeiro e miña nai costureira.

Pero todo cambiou ó chegar a Nova Iork. Meu pai emigrou no 85 cando decidiu

deixar de navegar e buscar un traballo en terra. Miña nai non creiu que

iba a emigrar ata que lle viu o billete na man. Cando chegou aquí adicouse

a construcción e así estivo 5 anos e medio, mentras miña

nai, meus irmáns e mais eu ficamos en Galicia.

A principios do 91 chegamos nos ó JFK, o aeroporto da cidade de Nova

Iork, cunha maleta para 5, sen traballo e sen un teito onde cobixarnos, xa que

meu pai deixara o apartamento onde vivía e mailo traballo cando veu a

buscarnos a nós. Os 4 primeiros días pasámolos nun motel

ata que nos instalamos nun apartamento preto doutros veciños galegos,

mercamos un coche que nos costou $300 e comenzámos a vivir o noso

soño americano
. Meu pai atopou un traballo de chófer nunha

panadería e miña nai traballaba 4 horas limpando unhas oficinas.

A primeira cousa que meus pais fixeron foi apuntarnos nas escolas. A miña

irmá pequena na escola básica, xa que so tiña 10 anos,

e a meu irmán e mais a mín no instituto High School.

Co paso do tempo as cousas melloraron, e miña nai atopou un traballo

nunha residencia da chamada terceira idade, un nursing home,

e leva traballando alí arredor de 9 anos. Traballa en mantenemento. Meu

pai traballa nun cemiterio cortando a herba no vran e sacando a neve no inverno.

Os emigrantes galegos nesta parte dos Estados Unidos concéntranse maioritariamente

na cidade de Newark (Nova Jersey), onde desenrolan os mais diversos traballos.

Moitos traballan na construcción, carpintería, ou de pintores.

Tamén se poden atopar moitos negocios galegos, principalmente restaurantes

da cociña española, onde empregan os seus paisanos traballando

de cociñeiros, camareiros, etc. O resto dos emigrantes viven espallados

na chamada gran mazá, hai moitos en Brooklyn e Queens, onde

se atopa Casa Galicia.

Nós vivimos nas aforas da gran cidade, alá arriba, como

dirían os galegos da cidade. Aquí a poboación

galega e mínima, e no noso pobo non se contan máis de 20 familias.

A maioría dos homes adícanse á construcción, á

pintura, é o landscaping cortando herba, aínda que os

hai que traballan limpando hospitais, escolas, oficinas, etc. A maioría

das mulleres traballan as casas dos ricos de Westchester.

As cousas son distintas para as posteriores xeracións. Moitos fillos

e netos destes primeiros emigrantes recibiron a súa educación

escolar nos Estados Unidos, deféndense ben falando inglés, e isto

cámbialles moito as cousas ó tentar buscar traballo. Os que despois

de acaba-los estudios no instituto deciden seguir na universidade, fanno elexindo

diversas carreiras; os que non siguen estudiando poden encontrar traballos como

dependientes en distintas tendas, recepcionistas, caixeiros en

supermercados, etc.., traballos que tamén elixen moitos estudiantes mentras

van ó instituto ou á universidade.

En xeral, os galegos que viven aquí fan o posible para que os seus fillos

reciban unha mellor preparación profesional e non se adiquen os traballos

que a eles lles tocou desenrolar a súa chegada a este país…

eu pola miña parte, entendín moi ben a súa mensaxe, e repito

a frase que empezou esta historia, cunha pequena variante.

– Déixame estudiar, ho…